"ues" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 481.

  • zimbabwés -sa

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade nacida en Vigo en 1965 da fusión de dúas entidades recreativas, unha delas formada por médicos e a outra por emigrantes de orixe ourensá procedentes de México. O seu primeiro presidente foi o doutor Pardo Fabeiro. Entre 1975 e 1993 ocupou a presidencia Bieito Ledo Cabido. Neste período, o Círculo converteuse nun lugar de dinamización cultural na cidade viguesa, onde se daban conferencias e impartían cursos de galego, xunto con representacións teatrais e reunións sindicais. A súa sede era o lugar de encontro, entre outros, das Xuventudes Musicais e do grupo de teatro Artello. En 1978 naceron no seu seo os Premios da Crítica que organizou ata 1992. Ademais desenvolvéronse actividades relacionadas co Día das Letras Galegas como a Romaría de Castrelos, co apoio das asociacións de veciños. Durante este período participaron na súa xunta directiva, entre outros, Francisco Carballo Carballo, Xurxo Torres, Víctor F. Freixanes, Xosé A. Perozo, Mª Xosé Porteiro, Xesús Franco, Francisco Matecón,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e xeógrafo. Ingresou na Academia militar de Guadalajara, onde obtivo o grao de tenente de enxeñeiros en 1839. Serviu ás ordes do xeneral Espartero na guerra contra os carlistas; ao seu remate recibiu a cruz da orde de San Fernando e o ascenso a capitán. En 1844 destinárono como agregado ao exército francés que desenvolvía a campaña de conquista de Alxeria. En 1846 incorporouse á dirección xeral de Enxeñeiros, dende a que comezou os traballos do Atlas de España a escala 1:200.000 (46 follas publicadas a partir de 1847). En 1866, un ano despois de acadar o ascenso a coronel, pediu o retiro do exército para dedicarse á investigación. Entre as súas obras destaca Reseña Geográfica de España y de sus provincias de Ultramar (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mercador francés. Mestre das moedas (1435), ministro de Finanzas (1440) e conselleiro (1442) de Carlos VII. En 1432 iniciou o comercio con Oriente desde Montpellier e Marseille. Dispuxo dunha flota e alternou o valioso intercambio con Oriente, sobre todo de especias, con outras actividades comerciais. Acredor do rei e dos cortesáns, e envexado polas súas riquezas, foi acusado de diversos delitos que levaron á súa detención en 1451. En 1453 foi condenado ao pagamento dunha gran cantidade de diñeiro e confiscáronlle os seus bens; por esta razón, fuxiu de Francia e refuxiouse preto do papa, que lle confiou o mando dunha escuadra contra os turcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional fundada en 1996 e integrada por Portugal, Angola, Guiné-Bissau, Cabo Verde, Moçambique, São Tomé e Príncipe e Brasil. Os seus fins son a promoción da lingua portuguesa e a cooperación cultural, social, científica e xurídico-institucional entre os países membros. Pretende tamén a constitución dunha plataforma común internacional nos organismos aos que pertencen os seus membros. Os seus órganos de goberno son a Conferência de Chefes de Estado e de Governo, o Conselho de Ministros, o Comité de Concertação Permanente e o Secretariado Executivo. A presidencia rota cada doce meses, mentres que o secretario executivo e o secretario executivo adxunto se renovan cada dous anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello do departamento de Aveyron, situado na rexión dos Midi-Pyrénées, Francia, nun dos camiños de peregrinación a Santiago de Compostela (314 h [1999]). No ano 877 fundouse alí o mosteiro beneditino de Sainte Foy, núcleo arredor do que nacería a vila. O apoxeo da peregrinación xacobea ao redor do ano 1000 converteuna nun importante núcleo urbano; así, un reconto de 1341 cifraba a súa poboación por riba dos 3.000 h. As guerras de relixión dos ss XVI e XVII tiveron unha incidencia moi negativa no seu desenvolvemento, pois, á parte da mortaldade causada polas epidemias e a fame, o seu mercado agrícola e a peregrinación a Santiago de Compostela entraron nunha etapa de decadencia. A finais do s XVIII, a supresión do monacato decretada no transcurso da Revolución Francesa asestoulle o golpe definitivo ao antigo esplendor de Conques, pois as rendas que percibía o mosteiro lle permitían sufragar a escola e o hospital. A administración municipal, que asumiu esas rendas, non conseguiu xestionar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, historiador e novelista inglés. Influído por Auden e Robert Graves, a súa primeira recolleita poética, Poems (Poemas, 1955), inclúese dentro do chamado The Movement. Da súa produción destacan, ademais, The Egyptologists (Os exiptólogos, 1965), Forays (Incursións, 1979) e We and They (Nós e mais eles, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, dramaturgo, ensaísta e director de escena. En 1913 creou o Théâtre du Vieux-Colombier, espazo teatral que permaneceu pechado ata 1920 por mor do inicio da Primeira Guerra Mundial. Nese tempo, continuou as súas reflexións sobre a arte teatral ao abeiro dos seus encontros con Adolhe Appia, Gordon Craig e Emile-Jacques Dalcroze, ao mesmo tempo que seguía o seu labor como director, realizando varios espectáculos en Nova York. De volta en París, en 1920 reabriu as portas do Vieux-Colombier, e tamén retomou un dos seus proxectos máis queridos, a escola profesional para a formación de actores, xa que un dos trazos distintivos do seu traballo foi a combinación de formación e realización. A súa proposta artística parte da importancia do texto e do actor, os dous elementos fundamentais da creación teatral, renunciando así á estética naturalista e asumindo certas ideas básicas da commedia dell’arte italiana, como o uso de panos de fondo en lugar de decorados ou a importancia da improvisación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Coñecido como O pequeno Van Dyck, foi discípulo de Pieter Bruegel o Novo. Acadou moita sona como retratista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Ingresou no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e na Unión General de Trabajadores (UGT) en 1973 da man de Nicolás Redondo. Polo seu contacto cos Altos Fornos de Bizkaia, foi o organizador do sector do metal do sindicato, e secretario de Organización da Federación Sindical Socialista ata 1985. Foi deputado por Bizkaia en 1982 e por Burgos en 1993. No XXXI Congreso socialista (1988) conseguiu a secretaría de Política Institucional e, no mesmo ano, foi ministro de Interior como substituto de José Barrionuevo. Desde este posto propuxo unha nova Lei de Seguridade Cidadá (Lei Corcuera), que foi rexeitada polo Tribunal Constitucional en 1993 por excederse nos límites constitucionais referentes á privacidade legal. Neste ano dimitiu no seu posto pero continuou co seu labor dentro do partido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Coristanco ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Coristanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Charles Mann.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. Coñecido polo pseudónimo de Violante de Cisneyros, foi un dos animadores da revista Orpheu, introdutora do modernismo en Portugal. A recompilación Antologia de Poemas (1956) recolle gran parte da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Oceanógrafo e naturalista francés. En 1930 ingresou na Academia Naval Francesa e foi oficial da Mariña ata 1956. En 1943 inventou e patentou, xunto co enxeñeiro Émile Gagnan, o escafandro autónomo denominado Aqualung. Ideou tamén un somerxible bipraza e un dispositivo para filmar baixo a auga. Trala Segunda Guerra Mundial creou, xunto co comandante Philippe Tailliez e Frédéric Dumas, unha unidade de investigación subacuática. A bordo da nave oceanográfica Calypso, explorou dende 1950 os océanos e dirixiu numerosas campañas científicas, tecnolóxicas e cinematográficas. Fundou o Groupe d’Études et de Recherches Sous-marines (Toulon, 1946) e a Office Française de Recherches Sous-marines (Marsella, 1952), chamada dende 1968 Centre d’Études Marins Avancés. En 1973 fundou a Cousteau Society, que dirixiu ata a súa morte. Entre 1957 e 1988 dirixiu o Museo Oceanográfico de Mónaco. Realizou máis dun centenar de documentais cinematográficos submarinos. Coa súa primeira longametraxe,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado en Cangas de Onís (Asturias) nun val da serra de Covadonga. Está nunha cova onde, segundo a tradición, tivo lugar a Batalla de Covadonga, considerada tradicionalmente como o punto inicial da Reconquista da Península Ibérica. Paio acadou a vitoria, no 722, contra un destacamento sarraceno ás ordes de Alquama. As crónicas cristiás do s IX (a Alberdense e a de Afonso III) esaxeraron a importancia da batalla, mentres que os cronistas árabes non a mencionan. Posteriormente, concedéuselle á batalla un valor relativo, resultado dun enfrontamento entre dous grupos pouco numerosos, que, sen embargo, puido ser o estímulo para a continuación da Reconquista. A colexiata, de estilo neorrománico (1877-1901), ten planta de cruz latina con tres naves e tres ábsidas. Está cuberta con bóvedas de aresta, agás no cruceiro que ten bóveda de crucería. No exterior dúas torres flanquean un pórtico de tripla arco. Na praza da basílica hai unha estatua de Paio, obra de Gerardo Zaragoza. O acceso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Trasladouse a Madrid ao estudo de Waldo Aguiar e ao Círculo de Bellas Artes. Posteriormente, marchou a Segovia, onde realizou unha serie de retratos de vellos. Ao seu regreso á Coruña investigou a obra de artistas galegos, como Sotomayor, e realizou frecuentes viaxes a Madrid. A súa obra posúe un estilo expresionista, dotado dun certo realismo interpretativo, nos retratos dos marxinados. Realizou exposicións en Vigo, Santiago de Compostela, Segovia e Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, escritor e xornalista. Estudiou dereito e diplomacia na Universidad de Madrid. A súa primeira colaboración xornalística foi no periódico La Reforma, de Madrid, e no diario El Progreso, de Pontevedra, onde publicou o artigo “Pontevedra juzgada por su naturaleza”. En 1886 foi redactor de La Patria. Ao ano seguinte fundou a revista La Ley, que se editou ata a súa morte. Foi membro correspondente da Sociedad Arqueológica de València, socio da Economía Matritense e da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela, e socio de mérito do Centro Gallego de La Habana. Escribiu Clases pasivas civiles y militares, El derecho de las clases pasivas e El procedimiento administrativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bibliotecaria. Desenvolveu as súas tarefas na biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela dende xullo de 1921 ata outubro de 1930, data na que se incorporou á Biblioteca Nacional de España. En 1924 solicitou ser profesora da facultade de Filosofía e Letras. Dedicouse á investigación histórica, preferentemente de ámbito galego. Dos seus traballos cómpre salientar: “Los orígenes de la biblioteca universitaria de Santiago” e “La universidad gallega. Su pasado, presente y su porvenir” publicados no Boletín da Universidade (1929-1931); “La imprenta en Santiago de Compostela” publicada en Gutenberg Jahrbuch (1932) e “La emigración gallega a América” publicado no Arquivo do Seminario de Estudios Gallegos (1932). En colaboración con María Otaduy Vázquez publicou Galicia en la historia de América (1929), obra que foi premiado polo Centro Gallego de Montevideo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor, avogado e político. Estudiou segundo ensino en Monforte de Lemos, dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e doutorouse en Madrid en 1846. Foi catedrático de Dereito Internacional Privado. Deputado a Cortes polo distrito de Vigo (1853), en 1857 foi nomeado fiscal da Audiencia Territorial da Coruña. Despois desempeñou a función de fiscal de Imprenta en Madrid. En 1863 foi reelixido deputado polo distrito do Carballiño. No Congreso de los Diputados presentou a súa proposición de lei sobre a abolición dos foros. Interveu no Congreso Agrícola Rexional convocado en 1864 pola Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago para estudar a cuestión foral. Continuou co seu escano entre os anos 1864 e 1865. Participou na Revolución de 1868 no bando liberal. Co triunfo da Revolución, desempeñou os cargos de asesor do ministerio de Facenda e subsecretario de Gracia e Xustiza, posto do que dimitiu ao pouco tempo. Senador por Vigo e A Coruña a partir de 1870, defendeu os intereses...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Técnico de imaxe. Os seus primeiros traballos cinematográficos en Super8 mm son de 1976. Durante un tempo colaborou, como axudante de cámara e operador, con C. A. López Piñeiro no Equipo Imaxe. Desenvolveu esta actividade frecuentemente en obras de cine e en traballos para a Televisión de Galicia, tanto en exteriores (cámara ENG) como en estudo (cámara EFP), con temáticas variadas e en documentais. Participou nos primeiros pasos de produtoras de vídeo, como Espello Vídeo Cine en 1982, na Coruña. En 1988 traballou para Televisión Española e para TVE-Balears como responsable de programas de ficción e de entretemento, e como xefe de emisións nesta última (1994-1998).

    VER O DETALLE DO TERMO