"uru" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 194.
-
CIDADES
Cidade do ken de Fukuoka, situada na illa de Honshū, Xapón (235.611 h [1997]). Ademais da tradicional confección téxtil iniciada en 1700, a súa economía baséase na fabricación de pneumáticos e calzado de goma.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Sri Lanka (4.816 km2; 1.452.369 h [2001]). A capital é Kurunegala (28.000 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero da réptiles fósiles, da familia dos captorrínidos, que presentan a cabeza triangular (ó igual que os dentes), estruturas posiblemente defensivas óseas nas órbitas e de 70-75 cm de lonxitude. Viviron en América do Norte e atopáronse fósiles en Texas a principios do Pérmico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas anuais, da familia das poáceas, que presenta follas planas e flores dispostas nunha inflorescencia en panícula. Pertence a este xénero a especie L. ovatus (rabo de lebre), que se atopa en areas de praia e piñeirais de beiramar.
-
PERSOEIRO
Escritor e mestre. Membro do consello editorial da Revista Galega de Educación, foi coordinador, xunto con Gonzalo Navaza, do Dicionario Xerais da Lingua (1986) e director dos libros O libro de Merlín (1985), O noso galego (1985), Nobelos de papel (1988), Ámote, mundo! (1988) e Canles (1989). É coautor do libro Animación á lectura (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas arbóreas ou arbustivas, perennes, da familia das lauráceas, que presenta follas alternas, enteiras, flores dioicas de cor verdosa e froito en baga. En Galicia esta presente a especie L. nobilis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dicinodontos, da familia dos hadrosáuridos, de ata 1 m de lonxitude e orificios nasais próximos aos ollos. De hábitos semellantes aos do hipopótamo, alimentábase de plantas acuáticas que arrancaba co seu único par de cabeiros. Propio de principios do Triásico, os principais xacementos atópanse en Sudáfrica, China, India e Rusia.
-
PERSOEIRO
Escritor. Foi xesuíta e escribiu obras relixiosas como Jesusen bihotzaren devocioa (Reflexións sobre a devoción a Xesús, 1782) e Jesusen Amore-Negueei dagotzen cembait otoitz-gai (Algunhas meditacións sobre o amor e o sufrimento de Xesús, 1759-1760).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de ofidios, da familia dos elápidos, que acadan como máximo 150 cm de lonxitude, caracterizados polo feito de ter a cola moi curta, a cabeza pequena e non diferenciable do colo, o tronco case cilíndrico e unha coloración moi fermosa cun debuxo formado por aneis de cor diferente, que se alternan cunha frecuencia característica, onde predominan o negro, o amarelo, o vermello e o branco. Viven baixo o chan, pedras e masas de vexetais en descomposición, en América do Norte e Central, Bolivia e Perú, e o seu veleno é moi activo.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Taboada baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Moi influído pola música ska e o reggae, formou, xunto co seu irmán Iñigo, o grupo Kortatu en 1985. Coa disolución do grupo, na década de 1990 volveu á escena cunha nova formación chamada Negu Gorriak, que fusiona o hip hop, o hardcore e o trash metal. Ademais da súa contribución aos discos de Kortatu e Negu Gorriak, publicou en solitario Brigadistak Sound System (1999), FM 99.00 Dub Manifest (2000) e In-komunikazioa (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor e escritor. Formou o grupo Les Mecaniciens en 1990 e posteriormente iniciou unha carreira en solitario con cancións en que introduce poemas de coñecidos autores vascos. Da súa discografía cómpre salientar Boza barruan (1994), Fiordoan (1999) e Enegarren postala (2003). No apartado literario, foi un dos fundadores do club literario Emak Bakia e é autor dos libros infantís Sei lagun, sei sekretu (1994) e Asteburu bat tren zaharrean (2004), e dos relatos Bizitza pusketak (1996) e Laura Kanpoan da (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo mundurucú ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo mundurucú.
-
Pobo de Amazonia brasileira, establecido entre Madeira e Tapajoz. Vivían da caza e da pesca.
-
Lingua tupí-guaraní do phylum amerindio que fala o pobo mundurucú.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou telleiros que corresponde á voz ‘fronte’.
-
MONTES
Monte situado no L da parroquia de Caraño (Pol). O seu cumio acada os 777 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Colaborador dos periódicos El Deber, La Paz ou El Lérez, fundou en Pontevedra o semanario El Independiente (1881-1882) e foi un dos impulsores da prensa diaria en Galicia. Caracterizado polo seu costumismo e imaxinación, da súa composición poética destacan Cantos inarmónicos (1874) e diversos poemas en galego, como “Unha de paus”, “O bautizo”, “O enterro” e “Cousas de mozos”. Cultivou tamén o teatro co drama La hija del timonel (1878) e a zarzuela con Percances de un viejo verde. O himno A Galicia foi premiado en Pontevedra (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e escritor. Colaborou en diversos xornais, como La Ilustración Gallega e El Heraldo Gallego (1874-1880). Destacou tamén polo seu labor de crítico literario, sobre todo por una tensa polémica que mantivo con Clarín. Das súas obras destacan Cuentos soporíferos (1874), Semblanzas galicianas (1876) e Semblanzas (2ª edición, 1884).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos múrut.
-
Individuo da tribo dos múrut.
-
Tribo que habita na zona sur do N da illa de Borneo e que está conformada por uns 60.000 individuos. Cultivan arroz, patacas doces, mandioca e millo, e viven tamén dos froitos da selva, da pesca e da caza de porcos e outros animais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea anual, de pequeno tamaño, de talos cilíndricos, que presenta as follas inferiores ovadas e con pecíolo e as superiores sésiles, as flores pentámeras de cor branca de sépalos bífidos, e o froito en cápsula. Trátase dunha planta propia de marxes de camiños. Florece durante case todo o ano en toda Galicia. Emprégase como planta medicinal.
-
CIDADES
Cidade do estado de Karnātaka, India, que está situada á beira do río Cauvery (480.006 h [1991]). É, principalmente, un centro téxtil da seda, con industrias téxtiles de algodón, de aceite de sándalo, de xabón, de tabaco, mecánicas, de fertilizantes e fariñeiras.
VER O DETALLE DO TERMO