"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
SEMANARIOS
Semanario aparecido entre os anos 1907 e 1906 na Coruña, e que tivo moi poucos números.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás bombacáceas.
-
Árbore da familia das bombacáceas.
-
Familia de árbores da orde das malvais integrada por arredor de 200 especies reunidas nuns 20 ou 30 xéneros, principalmente de zonas tropicais e subtropicais. Algunhas especies proporcionan unha madeira lixeira como a balsa. Entre as especies africanas destaca o baobab e das americanas cómpre salientar o capoc.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pantalón frouxo con perneiras normalmente abertas por un costado e axustables á perna por baixo do xeonllo mediante gomas, botóns, fibelas, etc. OBS: Pode empregarse en plural referíndose aos propios pantalóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido de algodón branco listado que imita o veludo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capital do estado de Mahārā ṣ th ṭ ra, no litoral occidental da India (9.925.891 h [1991]). A cidade é o resultado da conurbación de diferentes núcleos urbanos edificados sobre pequenas illas unidas por pontes e recheos que as converteron na illa de Bombai, cunha superficie de 58 km2. Actualmente a Gran Bombai se estende tamén á illa veciña de Salsette, ao N, unida á cidade por unha serie de istmos artificiais, abranguendo unha extensión total de 452,4 km2. Situada en latitudes tropicais (19°N), atópase nunha área baixo unhas condicións climáticas calorosas e húmidas, rexistrando unha temperatura media anual de 27,1°C (a media de xaneiro é de 23,8°C e a de xullo de 27,2°C) e unha precipitación media de 1.805 mm anuais, distribuída unicamente na estación monzónica de xuño a setembro (só hai 72 días de chuvia ao ano). A súa localización insular permite a Bombai constituírse como un excelente porto, o primeiro en tránsito da India....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo estado da India, creado en 1947, que correspondía ao territorio da presidencia de Bombai. En 1960 foi dividido nos actuais estados de Gujarat e Mahārā ṣ th ṭ ra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
División administrativa da India británica. Tivo o seu inicio no establecemento da Compañía das Indias Orientais na illa de Bombai (1672), e chegou a abranguer un vasto territorio que se estendía desde o Sindh e o Gujarat, ao N, ata preto de Mysore e Madras, ao S, e mesmo a cidade árabe de Aden. A circunscrición converteuse en 1947 no estado de Bombai.
-
PERSOEIRO
Escritora chilena. Escribiu as novelas La última niebla (1935) e La amortajada (1938) e, entre outros contos, Las islas nuevas (1939) e La maja y el ruiseñor (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Arma de fogo, de ferro ou de bronce, de pouca lonxitude e xeralmente de gran calibre que se utilizou durante a segunda metade do s XIV e todo o s XV. Constaba de dúas partes, a posterior (o macho), que constituía a recámara e que se encaixaba á anterior (a trompa), onde se aloxaba o proxectil de pedra.
-
Barco de guerra de desprazamento moi variable, armado cun ou dous morteiros de gran calibre. A súa finalidade táctica era o bombardeo de obxectivos situados detrás das murallas de cidades marítimas ou de portos onde había importantes concentracións de barcos inimigos.
-
Embarcación mediterránea de vela, de dous paos dunha soa peza, ademais do bauprés.
-
Instrumento de vento, feito en madeira, de lingüeta dobre e tubo sempre recto, cunha perforación cónica, antecesor do óboe e do fagot. Utilizouse moito en Europa desde o s XVI ao XVII. Tiña dimensións diversas e constituía unha familia de sete instrumentos.
-
Rexistro de lingüeta do órgano, de 16 (ou 32) pés e tubos de perforación cónica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de bombardear.
-
-
Atacar con bombas un obxectivo.
-
Lanzar moitos obxectos contra alguén.
-
Agoniar a alguén con repetidas preguntas, insultos ou outra cousa que molesta.
-
Dirixir un feixe de partículas ou de radiación sobre un branco material para inducir unha reacción nuclear ou estudar a difusión das partículas que resultan da colisión.
-
-
-
Avión militar destinado ao bombardeo, que ten como carga principal bombas e mísiles; adoita estar provisto de aparellos electrónicos para confundir os dispositivos de detección inimigos. Ten que poder voar a unha gran velocidade sobre o obxectivo e lanzar as bombas con precisión; ademais o radio de acción, capacidade de carga, autonomía e teito de voo teñen que ser o máis elevados posible. Clasifícanse en medios e estratéxicos, dependendo de que o seu radio de acción non chegue aos 5.000 km ou sobrepase esta cifra; aínda que ata a Segunda Guerra Mundial se clasificaban como bombardeiros lixeiros, medios e pesados, segundo a capacidade de bombas. O bombardeiro lixeiro evolucionou e converteuse no cazabombardeiro, de gran capacidade de manobra e de alta velocidade; unha vez lanzada a carga ofensiva, o avión actúa como un caza.
-
Soldado encargado de lanzar bombas.
-
Fundidor de bombardas.
-
Artilleiro que servía as bombardas.
-
Navío armado con bombardas.
-
-
-
Acción e efecto de bombardear.
-
Ataque con bombas efectuado pola aviación. O primeiro bombardeo tivo lugar en outubro de 1912 durante a Guerra dos Balcáns. Durante a Primeira Guerra Mundial aumentou a importancia dos bombardeos aéreos. Tanto os alemáns como os franceses comezaron a construír avións de bombardeo, que coas súas incursións sobre os principais centros industriais orixinaron o nacemento dos avións de caza. Estes últimos comezaron a transportar bombas, nacendo deste xeito os cazabombardeiros. Tamén se utilizaban os dirixibles como bombardeiros diúrnos. Non obstante , o bombardeo estratéxico perdeu importancia polo posible uso dos grandes mísiles terra-terra e dos submarinos nucleares cos seus mísiles balísticos.
-
Bombardeo levado a cabo polos grandes avións en voo horizontal.
-
Fluxo de electróns que inciden sobre o anticátodo dun tubo electrónico.
-
Bombardeo efectuado pola aviación en traxectoria ascendente.
-
Bombardeo levado a cabo polos cazabombardeiros que se lanzan desde unha determinada altura contra o obxectivo.
-
Acción de disparar a artillería dun barco contra a costa. A súa finalidade pode ser reforzar misións terrestres ou anfibias ou destruír instalacións costeiras ou cidades.
-
Acción de inundar unha conta de correo electrónico con informacións inútiles para quen as recibe.
-
Bombardeo aéreo efectuado voando a pouca altura -e xeralmente despois dunha aproximación feita tamén en voo rasante- contra obxectivos difíciles de atacar desde máis altura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de vento, de metal, o barítono da familia das tubas. Designacións como barítono, eufonio ou euphonium fan referencia ao mesmo instrumento. É un instrumento típico de banda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal que se definiu como “festivo, galante con las damas bellas” aparecido en Betanzos no ano 1903. Trátase dunha publicación humorística coa que se pretendía escoller a muller máis fermosa desa vila coruñesa.
-
-
Lanzar ou disparar bombas.
-
Lanzar algo por alto de forma que siga un traxecto parabólico, á maneira de bomba. OBS: Xeralmente se aplica aos deportes que utilizan o balón ou a pelota.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extraer, transportar ou elevar auga ou calquera outro fluído utilizando unha bomba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que forma parte dun corpo organizado para extinguir incendios. Entre as súas tarefas está tamén o salvamento de persoas en perigo ou accidentadas, o desafogo de vías públicas, o socorro en caso de grandes derrubamentos, terremotos ou inundacións, etc. Os primeiros corpos de bombeiros apareceron en Francia (1722), Gran Bretaña (1824) e Alemaña (1846) e, a finais do século, nos EE UU, algúns deles militarizados, como os corpos de zapadores-bombeiros, de orixe francesa. Á hora de actuar, a súa rapidez é un factor fundamental. Traballan axudados dunha escaleira automatizada que levan no coche de bombeiros e cun equipo formado por traxes ignífugos, casco, machete, equipos auxiliares de osíxeno para a respiración e mangueiras que se conectan ao propio vehículo ou ás bocas de rega.
-
PERSOEIRO
Matemático e enxeñeiro italiano. Profundamente influído por Diofante, escribiu Algebra, parte maggiore dell’aritmetica, divisa in tre libri (Álxebra, a parte maior da Aritmética, dividida en tres libros, 1572). A segunda parte sobre Xeometría consérvase pero inacabada. Utilizou os números imaxinarios e introduciu anotacións, como as parénteses. Traballou no secado das terras pantanosas de Val di Chiara (Toscana).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acto e efecto de bombear líquidos.