"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Tomou contacto coas vangardas expresionistas durante a súa estancia en Zaragoza (1926-1934), onde traballou con García Conoy e compartiu estudo con Díaz Caneja e González Bernal. En 1934 acadou o posto de profesor de debuxo de ensino medio. Destinado a Larache (Marrocos), pasou alí a Guerra Civil, feito que influíu na evolución da súa pintura cara a solucións máis naturalistas. Colaborou nas revistas Cierzo e Noroeste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tira ou banda de coiro ou doutro material flexible que se emprega para diferentes usos, especialmente para suxeitar ou atar.

      1. Tira de coiro, caucho ou outro material que se une polos seus extremos e xira ao redor de diversas poleas para transmitir un movemento ou transportar materiais.

      2. correa de transmisión

        Órgano de transmisión da potencia entre dous eixes afastados que proporciona unha unión flexible e económica. Consiste nunha fita continua de sección rectangular, trapecial ou redonda que rodea dúas poleas. As correas de sección rectangular, denominadas planas, poden ser lisas, estriadas ou dentadas, segundo conveña polo nivel de adherencia requirido. Antigamente facíanse de coiro, cos extremos cosidos ou remachados, pero, con posterioridade, comezaron a facerse a partir de elastómeros, dunha soa peza. As correas trapeciais, feitas de caucho, levan un reforzo interior de tecido de algodón e fíos de nailon ou de aceiro.

    2. correola.

    3. igueta colocada horizontalmente e apoiada sobre dúas estadas ou trabes, que serve ao mesmo tempo de soporte para os cangos e coa que se pode formar a cuberta ou o faiado.

    4. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cinto’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que tivo a súa orixe nun alcume que se aplicou, como representativo do oficio, a individuos que traballaban o coiro e mesmo aos peleteiros. Documéntase no s XIV: “Marty Correa de Pascoal” (doc ano 1373 en Mª C. Barreiro Fernández, A documentación notarial do Concello de Noia (séculos XIV-XVI): lectura, edición e léxico, 1995, p 23).

    2. Liñaxe natural de Salceda de Caselas. Tivo casas en Salvaterra de Miño e na vila luguesa de Aguiar (Outeiro de Rei). Estendeuse por toda a Península e pasou a Perú, Colombia e Venezuela. Os de Galicia, Castela e Extremadura traen como armas, en campo de ouro, unha aguia de sable, cargada dun escusón de ouro, celosiado de seis pezas de goles. Algúns usan escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de ouro, con catro paos de goles e, entre eles, tres fouces; segundo cuartel, partido (a primeira partición, en campo de ouro, cunha aciñeira de sinople, sumada dunha cruz chá de goles; e a segunda partición, en campo de prata, cunha cruz de Santiago de goles); terceiro cuartel, en campo de prata, cun castelo de azul. Entre outras moitas variantes que se recollen desta estirpe cómpre destacar: en campo de ouro, tres faixas de azul; en campo de ouro, cinco correas de goles con fibelas de azul, postas en pao; en campo de goles, cinco correas de ouro e bordo de prata con oito roeis de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi lector na Universidade de Toulouse e exerceu a docencia e a crítica literaria. Colaborador en numerosas publicacións (Cuadernos de Literatura, Arte Español, Revista de Occidente), foi articulista do ABC, redactor-xefe de El Pueblo Gallego, dirixiu a revista Ronsel e codirixiu Transit. Estudiou a Baltasar Gracián e publicou as súas Obras completas en 1944. Da súa produción prosística destaca Luar (1923), que inclúe os “tres contos galaicos”: “Romaxe”, “A perdida” e “Gárgolas”, posteriormente incluídos en La noche céltica (1955); El milagro y la rosa (1924); Conceición singela do Ceo (1925); Notas para un magisterio idealista (1926); Margarida a da sorrisa de aurora (1927); Índice de utopías gallegas (1929); e Teoría de la Atlántida y otras historias fabulosas (1959)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Licenciado en Dereito, exerceu como director do xornal Vanguardia Gallega e do semanario infantil El Ideal. Publicou Treinta poemas en prosa para los treinta días del mes de abril (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, gravador e escultor. Discípulo de Mariano García Patiño, as súas primeiras composicións figurativas incluían temas dionisíacos e eróticos. Bolseiro nun curso de cerámica do Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos (1975), a partir do 1978 pertenceu ao grupo A Carón e, posteriormente, foi un dos fundadores do colectivo de comunicación obxectual A Galga, co que realizou algunhas exposicións. Como integrante do movemento Atlántica, participou en todas as súas mostras (1980-1983) e neste período realizou unha obra espacialista baixo a influencia do expresionismo abstracto e da arte pobre. Cunha bolsa do ministerio de Cultura (1979) viaxou a México, onde comezou a traballar coa técnica da augaforte e incorporou a temática precolombina nunha liña expresionista. Entre 1984 e 1986 formou o Gruporzán, co que editou a súa obra gráfica. Durante os anos noventa a súa obra evolucionou dende a figuración á paisaxe. A partir de 1998 elaborou mariñas afastadas do naturalismo, entre as que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Membro do consello asesor do Centro Galego de Artes e Imaxe (CGAI), coordinou a área de fotografía do Proxecto Galicia. Director da produtora XCA-Xulio Correa Asociados, membro do consello asesor de Hércules de Ediciones e profesor de fotografía na Escola de Imaxe e Son de Vigo (1998). Publicou algunhas das súas obras nas revistas Galicia Moda, Vogue, Photovisión, Lápiz, Foto Profesional, El Temps, Cambio 16, El País, Divos e Luzes de Galicia. Entre outras exposicións colectivas, participou en Sete plantexamentos na fotografía galega de hoxe, no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela; Arco 85, na Galería Finisterrae de Madrid; Echos d’Espagne-Quinzaine Internationale de la Photographie, en Bordeos; Création Photographique en Espagne, no Museo Cantini de Marsella; e na IV e V Fotobienal de Vigo (1990 e 1992). Individualmente, organizou diversas mostras na Galería Spectrum (Zaragoza, 1987), na Galería Portokalenia (València, 1988) e na Sala Os Peiraos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Organista e compositor. Foi organista das catedrais de Jaén (1636-1640) e Segovia (1640-1653). En 1626 publicou Libro de tientos y discursos de música práctica y teórica de órgano, volume que contén unha parte teórica que constitúe un tratado musical fundamental no Barroco español e un conxunto de 69 composicións para órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado no círculo de Juan de Borgoña, recibiu a influencia da arte italiana, especialmente do manierismo. Entre as obras que se lle atribúen destacan El tránsito de la Virgen e La Anunciación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e xornalista. Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1888 e doutorouse en Madrid ao ano seguinte. Exerceu como médico en Furís, na súa terra natal, e posteriormente en Lugo. Colaborou cos xornais El Lucense, La Idea Moderna e El Regional, e a partir de 1900 fundou e dirixiu El Monitor de Becerreá. Escribiu tamén artigos médicos para as publicacións El Siglo Médico e El Diario Médico-Farmacéutico. Publicou, entre outras obras: Los contrastes de la vida (1888), Topografía médica de la provincia de Lugo (1891), Estudio médico de los insectos nocivos al hombre (1894), Los pecados y vicios capitales en el concepto médico, social y religioso (1898), El contagio de la tisis (1899), Historia fin de siglo (1902) e La poesía popular en Galicia. Colección de cantares en variedad de metros (1906). Foi académico correspondente da Real Academia de Medicina...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Da súa produción consérvase unha composición premiada nas Festas Minervais de Santiago en 1697, publicada en Fiestas minervales y aclamación perpetua de las musas a la inmortal memoria de D. Alonso de Fonseca El Grande, Arzobispo de Toledo y de Santiago. Año de 1697.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor arxentino. Estudiou en Florencia co escultor Luchessi. De regreso ao seu país, foi profesor na Escuela de la Sociedad Estímulo de Bellas Artes e na facultade de Arquitectura. A súa obra amosa un carácter indíxena motivado polas viaxes realizadas por toda Arxentina. Entre as súas obras destacan Ondina del Plata (1880) e La cautiva (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Marqués de Mos, conde de Villanueva de San Bernardo e vizconde do Pegullal. Foi membro da orde militar de Alcántara, cabaleiro de Carlos III, mordomo maior de Carlos IV e administrador do estado de Lemos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abelardo Fernández Correa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista norteamericano. Coñecido como Chick Corea, está considerado un dos compositores de jazz máis innovadores e influentes do último terzo do s XX. Trasladouse a Nova York, onde coincidiu con figuras do mundo do jazz, como John Coltrane ou Miles Davis. En Boston formou parte da orquestra de Phil Barbozza e, posteriormente, da banda de Mongo Santamaría e do grupo de Willie Bobo. A partir de 1965, colaborou, entre outros, con Herbie Mann, Pete La Roca, Stan Getz, Sarah Vaughan e Miles Davis. Nos anos setenta, xunto con Dave Holland, Barry Altschul e Antony Braxton, creou as formacións Circle e Return to Forever, coa que elaborou unha corrente “electrificada” do jazz, mestura de rock e con raíces na música brasileira, denominada fusión. A finais dos setenta e ao longo dos oitenta compaxinou a súa experiencia en solitario con duetos na compañía de figuras do jazz, como Keith Jarrett, Herbie Hancock ou John McLaughlin; con formacións de músicos, como Joe Henderson,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pintora. Estudiou na Escola de Artes e Oficios en Santiago de Compostela e na Coruña. En 1973 recibiu unha bolsa para asistir ao Centro Internazionale di Estudi per l’Insegnamento del Mosaico de Ravenna. Participou, entre outras, na exposición da Asociación de Artistas da Coruña (1973) e na Muestra de Arte Gallego de la Ciudad Universitaria de Madrid (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor mexicano. Representante do barroco mexicano, realizou unha pintura de características tenebristas. Entre as súas obras destacan Escenas de la vida de la Virgen, realizadas para a capela do Rosario en Azcapotzalco (1681), e La Asunción de la Virgen, La entrada en Jerusalén e La Coronación de la Virgen para a catedral de México (1689-1691).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificación nobre situada en Baiona e construída en 1759. Erixiuna Lourenzo Correa de Araújo ao seu regreso de México, onde ocupara os cargos de alcalde maior de Cuernavaca e administrador xeral da Lid de Gallos. A obra estivo a cargo do mestre Xoán Portela, veciño da Guarda. Caracterízase polos balcóns voados coas varandas de ferro forxado e pola torre situada sobre a cuberta da casa e coroada por pináculos. A solidez e o grosor dos seus muros permitiu que no interior dun deles se abrise a escaleira que ascende á torre. O acceso á terraza realízase polo interior do edificio. No interior destaca o vestíbulo, abovedado e reforzado con arcos cruzados, que lles serve de soporte ás cargas da planta nobre; no centro, un oco rectangular actúa como bufarda. As plantas comunícanse por unha escalinata de pedra. As memorias do fundador mencionan as divisións da planta principal polos seus nomes orixinais: sala de estrado, sala grande, recámara, comedor, sala de labor e oratorio. No exterior destaca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado cunha correa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pel curtida de cabra.

    VER O DETALLE DO TERMO