Correa Corredoira, Xulio
Fotógrafo. Membro do consello asesor do Centro Galego de Artes e Imaxe (CGAI), coordinou a área de fotografía do Proxecto Galicia. Director da produtora XCA-Xulio Correa Asociados, membro do consello asesor de Hércules de Ediciones e profesor de fotografía na Escola de Imaxe e Son de Vigo (1998). Publicou algunhas das súas obras nas revistas Galicia Moda, Vogue, Photovisión, Lápiz, Foto Profesional, El Temps, Cambio 16, El País, Divos e Luzes de Galicia. Entre outras exposicións colectivas, participou en Sete plantexamentos na fotografía galega de hoxe, no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela; Arco 85, na Galería Finisterrae de Madrid; Echos d’Espagne-Quinzaine Internationale de la Photographie, en Bordeos; Création Photographique en Espagne, no Museo Cantini de Marsella; e na IV e V Fotobienal de Vigo (1990 e 1992). Individualmente, organizou diversas mostras na Galería Spectrum (Zaragoza, 1987), na Galería Portokalenia (València, 1988) e na Sala Os Peiraos (Vigo, 1989). A súa obra aparece reflitida nos libros Cuatro direcciones de la fotografía española, do Centro de Arte Reina Sofía, Galicia; Tradición e Deseño, da consellería de Cultura; Fotografía española (1984-1994), da Generalitat de Catalunya; Galicia Terra Nai, do Consello da Cultura Galega e Galicia; e Espacio e Imaxe, da Xunta de Galicia. Parte das súas creacións fotográficas están presentes no museo Santa Mónica, de Barcelona; no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela; e no museo C. Conde Duque, de Madrid.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña