"Nan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1411.

  • Ferdinand Raimund.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor, director e actor teatral. Coñecido tamén co nome de Ferdinand Raimann, está considerado o autor clásico do teatro popular vienés. As súas obras máis destacadas son Der Alpenkönig und der Menschenfeind (O rei dos Alpes e o misántropo, 1828) e Der Diamant des Geisterkönigs (O diamante do rei dos espíritos, 1824).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Catedrático de Xeografía da Escola Superior de Comerç de Barcelona, participou nas actividades do Ateneo de Madrid e exiliouse en Reino Unido ao remate da Guerra Civil Española. Xefe de programación da sección española da BBC, coa colaboración de Plácido Castro creou o Galician Programme (1947-1956). Ademais, colaborou en diversas publicacións galegas en América. Foi membro non numerario da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sociolingüista. Profesor asociado de lingüística xeral na Universidade de Vigo, os seus traballos diríxense cara á dimensión social da linguaxe, o estudo crítico do discurso, a pragmática e os métodos de investigación social. Formou parte do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1990-1997), participando nas investigacións e publicacións que levaron á elaboración do Mapa Sociolingüístico de Galicia. Desde 2000 é un dos editores da revista Estudios de Sociolingüística e colaborou na redacción de obras como Vender en galego (1997), Manual de Ciencias da Linguaxe (2000) e Pensando na linguaxe (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso hindú. Fundador dos rāmānandīs, seita relixiosa de India, que adora a Rāma como deus supremo. O novo ensino, case idéntico ao de Rāmānuja, caracterízase, sobre todo, pola apertura a todo o mundo, sen distinción de castes, incluso de non hindús.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense, en 1956 converteuse en conselleiro delegado da empresa familiar Ramilo SA. Foi presidente do Sindicato Provincial de la Construción, Vidrio y Cerámica (1966-1970) e da xunta local de Vigo de Acción Social (1969-1970). Alcalde de Vigo (1970-1974), emprendeu o primeiro Plan de Ordenación Urbana da cidade e foi procurador en Cortes en representación dos concellos de Pontevedra (1971-1974). Presidiu a Caixa de Aforros Municipal de Vigo e foi senador por Coalición Popular (1986-1989). Presidente do Consejo Provincial de Empresarios (1974-1976), participou na fundación da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (1976), a Confederación de Empresarios de Pontevedra (1977) e a Confederación de Empresarios de Galicia (1981), da que foi presidente (1991-2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e escritor. Coñecido como Ben-Cho-Shey, foi un creador e investigador multidisciplinar que se ocupou tanto do estudo de temas históricos, sociolingüísticos, etnográficos e arqueolóxicos, como da creación literaria nos xéneros narrativos, lírico e dramático. O seu primeiro escrito foi o conto “Deliraba”, publicado co pseudónimo de Xan Fouciño en O Tío Marcos d’a Portela (1918). En 1921 foi chamado a filas e enviado á Guerra de África, onde se converteu en correspondente de La Zarpa, comezando a empregar o pseudónimo de Ben-Cho-Shey. Estes artigos recolleunos anos despois en Crónicas de Marruecos (1985). En 1923 obtivo o título de mestre nacional na Escuela Superior de Magisterio de Madrid e dous anos despois comezou a súa actividade como docente, primeiro en Cariño e logo en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Traballou en Radio Popular de Ourense e Radio Popular de Vigo e en diversos xornais, como Faro de Vigo, La Voz de Galicia e Diario 16 de Galicia. Ademais foi correspondente de El Ideal Gallego e La Región e colaborou con diferentes medios de comunicación en Madrid, como Interviú, Sábado Gráfico e Ya. Foi delegado de El Correo Gallego en Vigo, colaborador de El Progreso, correspondente da axencia Europa Press e presidente da Asociación da Prensa de Vigo. Publicou Las segundas elecciones autonómicas gallegas (1985), en colaboración con Rodrigo Varela, La ética de los periodistas: la elaboración del código deontológico: influencias y desarrollo histórico (1996) e Manual de Derecho de la información y la publicidad (2000). Recibiu o Premio de Xornalismo Luís Taboada (1983 e 1984) e o Premio de Xornalismo sobre Patrimonio Histórico-artístico (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Madrid pola Real Cédula de Filipe V o 13 de xullo de 1744, para promover o estudo e cultivo da pintura, escultura e arquitectura. En 1747 someteuse ao patrocinio de san Fernando e coa celebración da súa apertura oficial en 1752 na Casa de la Panadería, erixiuse como a primeira academia oficial de España, instituída por Fernando VI como Real Academia de las Tres Nobles Artes de San Fernando. En 1773 Carlos III trasladouna a un palacio barroco, propiedade de Juan de Goyneche, que foi posteriormente reformado en estilo neoclásico por Diego de Villanueva. A súa actividade centrouse no ensino das artes e en 1845 naceu, baixo o seu amparo, a Escuela Superior de Bellas Artes. Organízase nas seccións de Pintura, Arquitectura, Música e Escultura y Artes de la Imagen. Dela depende a Calcografía Nacional, creada en 1789. Desde 1996 está composta por 54 membros numerarios, ademais dos académicos correspondentes e honorarios. Está integrada no Instituto de España e conta co Museo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xardineiro. Introduciu e aclimatou, no terreo do marqués de Santa Cruz, sementes, flores e froiteiras que procedían de Francia. Contou cun establecemento de plantas en Santiago de Compostela. Recibiu o título de cabaleiro da Orde Civil del Mérito Agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Goiriz, Vilalba 07/07/1958. Filólogo.
    Licenciado en Filoloxía Románica pola USC (1982), en 1983 entregou a memoria de licenciatura titulada O exordio estacional na lírica galorrománica medieval. Foi lector de castelán e galego na Universidade de Colonia (1985-1987). Regresou en 1987 á Universidade de Santiago de Compostela como axudante e en 1989 obtivo o título de Doutor en Filoloxía Románica coa tese titulada A fala do Norte da Terra Chá: estudio descritivo, dirixida por Antón Santamarina. En 1994 obtivo a praza de profesor titular e en 2008 a de catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, onde continúa exercendo. Foi director do Departamento de Filoloxía Galega de 2005 a 2009. 
    É tamén investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG) desde 1981 do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no L da parroquia de Outeiro (Quiroga). O seu cumio acada os 1.239 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cartógrafo. Foi piloto mercante e auxiliar facultativo e minas. Colaborou con G. Schulz na realización do mapa petrográfico e mineiro de Galicia e nos mapas xeográfico, mineralóxico e orográfico de Asturias. Fixo o mapa topográfico e mineiro do Barranco del Rey de Sierra Albanilla (Almería). Foi vicepresidente do Comité Rexionalista de Lugo e representou a Ribadeo na deputación provincial. Escribiu Ferrocarril de Lugo a Ribadeo y puente de Ribadeo a Castropol (1878) e El puente de Ribadeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, fillo de Manuel Remuñán García. Doutor en Dereito pola Universidad de Madrid, foi profesor de dereito internacional público e relacións internacionais na Universidade de Santiago de Compostela. Destacou o seu labor na conservación do patrimonio histórico da cidade compostelá. Membro do Seminario Estudos Galegos, da Asociación Española de Derecho Internacional e académico correspondente da Real Academia Galega, escribiu diversos estudos sobre dereito internacional e relacionados con Santiago de Compostela. Recibiu a Medalla Castelao (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e crítico literario. Profesor de literatura española na Universidade de Santiago de Compostela e fundador da primeira Sociedad Filarmónica Compostelana, participou en diversos parladoiros literarios, como o do Café Español. Influído polo modernismo e polas lecturas de Góngora, Lope de Vega, Garcilaso de la Vega e Quevedo, foi autor de numerosas poesías e artigos de crítica musical e teatral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, crítico das relixións e filósofo francés. De convicción positivista, profesou unha fe utópico-idealista na ciencia, como substituta da relixión, e no progreso da humanidade, froito da libre actuación dos individuos. Escribiu Essais de morale et de critique (1859), Histoire des Origines du Christianisme, en sete volumes (1863-1881), Dialogues et fragments philosophiques (1876) e L’avenir de la science (publicada en 1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica de Alemaña que comprende as terras sucadas polo curso medio do Rin. Habitada por pobos célticos e xermánicos, foi conquistada por César (57 a C) e parcialmente romanizada, e despois das migracións xermánicas dos ss III e IV establecéronse nela os francos e os alemáns. Formou parte do Reino de Austrasia, e Carlomagno fixou a capital do seu imperio en Aquisgrán. O feudalismo supuxo a constitución de numerosos principados. O Tratado de Xanten (1614) puxo as bases para a futura expansión de Prusia por terras renanas. O Rei Luís XIV de Francia tratou de situar no Rin o límite oriental do seu reino alternando a guerra coas anexións pacíficas de cidades de Alsacia e Lorena. O Congreso de Viena (1815) atribuíu a Prusia case toda a Renania alemá, que durante o s XIX tivo un extraordinario desenvolvemento industrial. A Guerra Franco-prusiana (1870-1871) deu Alsacia e o norleste de Lorena ao Segundo Reich, e a derrota deste durante a Primeira Guerra Mundial fixo que se restituíuse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Alemaña que se estende desde a conca do Münster ao N ata a vertente setentrional do macizo xistoso Renano ao S, e desde o Weser ao L ata a fronteira belga-holandesa ao O (34.081 km2; 18.080.000 h [2003]). A súa capital é Düsseldorf. O eixo aglutinador que conforma todo o land é o val do Rin, arteria vital da rexión. É o land máis poboado de Alemaña e a súa poboación duplicouse desde comezos do s XX, grazas á inmigración atraída pola grande expansión industrial. A súa agricultura é moi importante e produce rendementos elevados. A extracción de ferro no s XIX creou unha siderurxia que, grazas á abundancia de carbón, deu lugar á maior concentración industrial europea, que tamén se viu favorecida pola presenza da vía navegable do Rin.

    VER O DETALLE DO TERMO