"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

  • PERSOEIRO

    Sacerdote. Profesor no Seminario Conciliar de Tui, escribiu a obra inédita Anales Tudenses, sobre o cerco de Tui polos franceses. Xunto co catedrático Juan José Domínguez escribiu o primeiro libro de texto latino do seminario: Gramática Latina (1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Maxistrado do Tribunal Supremo, realizou traballos literarios, como os poemarios Los de abajo (1958), Con as rosas ao peito (1964) ou El principio y las zarzas (1972), e estudos xurídicos, como Demarcación judicial de Galicia (1969?) ou El delito ecológico (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Despois dunha primeira etapa caracterizada pola súa ruptura cos mallorquinistas, ao comezo da Guerra Civil iniciou unha etapa de reflexión e silencio. Da súa obra destacan Mort de dama (1931),   Fedra (1932), Bearn o La sala de las muñecas (1956), a súa obra máis importante; La novel.la de Palmira (1952), El misantrop (1972) e Un estiu a Mallorca (1975)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Foi nomeado director en xefe de camiños veciñais da Deputación Provincial (1870). Influído polo eclecticismo francés, reinterpretou a galería introducindo, entre outros, elementos neogóticos. Realizou edificios de vivendas na Coruña e o Obelisco (1895), na honra de Aureliano Linares Rivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito unitario de Escocia, Reino Unido (162 km2; 50.7222 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de EE UU, afluente do Mississippi pola esquerda (692 km). Atravesa o estado de Wisconsin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU situado entre os lagos Michigan e Superior (145.436 km2; 5.363.675 h [2000]). A súa capital é Madison. Limita ao N co estado de Michigan e co lago Superior, ao S co estado de Illinois, ao L co lago Michigan e ao O con Minnesota e Iowa. Predomininan as terras baixas (Rib Hill 582 m). As augas do sector SO van cara ao Mississippi, mentres que o resto son tributarias dos lagos Superior e Michigan. Entre os seus recursos minerais destacan o zinc e o ferro. Forma parte do Dairy Belt, zona de produción leiteira do N e o NL estadounidense. Ten industrias de construción mecánica e naval e refinarías de petróleo. A súa aglomeración principal é Milwaukee. Explorado e colonizado polos franceses (s XVII), pasou a poder de Inglaterra (1763) e formou parte da Unión; constituíuse como estado en 1848.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Kangwŏn, República Democrática de Corea (300.148 [1993]). É un porto e un centro industrial na costa da badía de Yonghŭng.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo. Realizou estudos sobre os tests de personalidade e polas súas investigacións sobre o pensamento e a aprendizaxe, escribiu Psychology (1921) e Dynamic of Behavoir (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático polaco. Estudou as ecuacións e o desenvolvemento en serie de funcións. Estableceu a matriz wronskiana. Estudou tamén a física e a mecánica celestes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á matriz que, dadas n funcións dunha variable real, f1,...,fn, ten na primeira fila as funcións dadas, e nas (n-1) filas restantes as (n-1) primeiras derivadas:


    FORMULA



    f1(x) f2(x) ... f1(x)
       W(x) = (f’
    1(x) f’2(x) ... f’n(x)       )
    f
    1 (n-1) f2(n-1)... fn(n-1)(x)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Constantinopla (458-471), escritor e teólogo. Tratou de reconciliar as tradicións grega e exipcia. A súa festividade celébrase o 25 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordos internacionais asinados en Xenebra co fin de establecer uns criterios de protección para as vítimas de guerra. A primeira convención (1864) acordou a protección en tempos de guerra dos soldados enfermos e feridos. A segunda (1906) ampliou os acordos anteriores aos combates navais. A terceira (1929) elaborou un estatuto relativo ao tratamento aos prisioneiros de guerra. A última (1949) acordou a protección xurídica á poboación civil. Estes acordos sempre estiveron vinculados á Cruz Vermella Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Illotes situados na Ría de Arousa, pertencentes ao concello da Illa de Arousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Intérprete do dereito civil, no dereito romano.

    2. xurista.

    3. Persoa coñecedora do dereito, aínda que non exerza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pantalóns de coiro ou de pano, coas perneiras abertas por detrás e atadas ás coxas, que usaban os cazadores ou os gandeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Catedrático das universidades de Santiago de Compostela, Salamanca e Complutense de Madrid, fundou a revista Filología (1949). Da súa produción destacan Las sonatas de Ramón del Valle Inclán (1951), Dialectología española (1960), Camilo José Cela. Acercamiento a un escritor (1962), La realidad esperpéntica (1969), Dicionario manual e ilustrado de la lengua española (1983, coordinador) e Historia de la Real Academia Española (1999). Foi nomeado doutor honoris causa polas universidades de Salamanca (1989), Extremadura (1990), Coimbra (1992) e Santiago de Compostela (1994). Membro da Real Academia Española (1966) e correspondente da Real Academia Galega, recibiu o Premio Nacional de Ensayo Miguel de Unamuno (1969) e o Premio Nacional de Literatura (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ruso. Foi xefe do estado maior, viceministro de Defensa e membro suplente do comité central do PCUS (1941). Comandante en xefe da fronte do O durante a Segunda Guerra Mundial, mariscal da URSS (1943) e vicecomandante en xefe, dirixiu a grande ofensiva da fronte do O e ocupou Berlín (1945). Foi nomeado comandante en xefe do exército soviético e viceministro de Defensa, pero a causa da súa popularidade, foi relegado por Stalin a cargos menores. Despois da morte de Stalin aliouse con Kruščov e foi nomeado ministro de Defensa (1955) e membro do presídium do PCUS (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Notario. Converteuse en presidente do Consello da Cultura Galega en 2002 tras a morte de Carlos Casares. Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, é membro do Consello de Administración de Caixanova, fundador e presidente da Fundación Tutelar Galega para Minusválidos Psíquicos Sálvora, presidente da editorial SEPT, vicepresidente da Fundación Penzol e conselleiro da Editorial Galaxia. Foi fundador e presidente do Partido Galego Social Demócrata (1974-1978) e membro do Partido Galeguista. Académico de honra da Academia de Lexislación e Xurisprudencia de Galicia, recibiu a cruz distinguida de primeira clase da Orden de San Raimundo de Peñafort e a Medalla Castelao (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO