"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • GALICIA

    Aparellador e arqueólogo, fillo de Ramón Sobrino Buhigas. Como aparellador do concello de Santiago de Compostela, dirixiu a restauración da fachada e da escalinata de Praterías da catedral e de San Martiño Pinario. Foi profesor de debuxo na Escola de Artes e Oficios compostelá, comisario local de escavacións arqueolóxicas, secretario do Seminario Gallego de Historia Primitiva da universidade e colaborador do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Colaborou co seu pai no estudo e catalogación dos gravados rupestres. Foi correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica dos resultados obtidos en sociometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar. Formouse na Academia de Ingenieros de Guadalajara (1836-1841). Destinado a Filipinas, foi alcalde de Ilocos Norte e gobernador militar e político de Cebú. Moderado, foi redactor do xornal La Constancia. En 1868 sumouse ao carlismo. Foi deputado polas provincias de Lugo (1841-1843) e Pontevedra (1854-1856) e polas seccións de Lugo (1867-1868) e Sarria (1871-1872). O seu irmán Bieito Saavedra Somoza foi deputado polo distrito de Sarria (1854-1856, 1859-1861 e 1863-1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar tailandés. Oficial do exército, participou no golpe de estado conservador de 1932. En 1938 asumiu o poder e implantou unha ditadura dereitista e nacionalista. Destituído (1945), volveu ao poder mediante un golpe de forza (1948-1957), apoiou aos franceses durante a guerra de Indochina, e desde 1955 intentou liberalizar o seu réxime. Derrotado por un golpe de estado (1957), retirouse a Xapón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en 1894 por Ramón Sopena que se especializou en dicionarios bilingües en castelán e nunha vintena de linguas. Publicou unha extensa enciclopedia, Historia del mundo moderno, en quince volumes, e obras literarias, infantís e de historia natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Doutor en Arquitectura e catedrático de Composición Arquitectónica na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, codirixiu diversos inventarios e catalogacións do patrimonio arquitectónico e etnográfico da provincia da Coruña. Das súas obras, algunhas en colaboración, destacan O castelo de San Antón (1984), Castillos y fortificaciones de Galicia: La arquitectura militar en los siglos XVI-XVIII (1985), Arquitectura gótica en Galicia (1986), La Real Colegiata de Santa María del Campo de La Coruña (1989), Arquitecturas da provincia da Coruña (1995-2001, 15 volumes) e Arquitectura de la casa urbana (2001). Académico da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi, é membro do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de soterrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abraham Stoker.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Futbolista e adestrador. Debutou como profesional no R. C. Deportivo de la Coruña en 1953 e ese mesmo ano fichou polo F. C. Barcelona, co que conseguiu dúas ligas (1958-1959 e 1959-1960). En 1961 fichou polo Internazionale de Milán ata 1971, co que conseguiu tres ligas, a Copa de Europa e a Copa Intercontinental (1964-1965). En 1971 retirouse no Sampdoria. Debutou na selección española en 1957, xogou 32 partidos como internacional e participou nos mundiais de Chile (1962) e Inglaterra (1966). Adestrou, entre outros equipos, ao Inter de Milán e á selección española (1988-1991). Recibiu o Balón de Ouro en 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, irmán de Xosé A. Suárez Picallo. Emigrou a Arxentina en 1912 onde traballou en diversos oficios e comezou a súa actividade política no movemento socialista e nos sindicatos obreiros. Foi membro do Consejo Federal de la Marítima e do Comité Central da Unión Sindical Argentina. Colaborou en diversas publicacións como La Argentina ou La República e escribiu o folleto “Cartas a un obrero”, que acadou unha ampla difusión, e a peza teatral Marola (1925). Vinculado á Federación de Sociedades Gallegas, foi un dos directores da revista Céltiga e secretario de redacción do semanario Correo de Galicia (1926-1931). En 1926 participou en Xenebra no congreso da Organización Internacional do Traballo e visitou Galicia, onde trabou amizade con Antón Vilar Ponte. En 1930 participou na fundación da ORGA en Bos Aires. Volveu a Galicia en 1931 e participou na VI Asemblea Nacionalista na Coruña. Foi elixido deputado pola Federación Republicana Gallega pola...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anarcosindicalista. Carpinteiro de profesión, foi deportado a Baltanás (Palencia) despois da folga dos estibadores de 1919. Directivo da Federación Local Obrera da Coruña (1920-1930), foi secretario da CRG (1930-1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a América do Sur ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid situado na conca do Jarama (1.658 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político. Catedrático de Estrutura Económica nas universidades de Málaga (1968-1971) e Autónoma de Madrid (desde 1971). Membro do Partido Comunista de España desde 1956, foi elixido deputado por Madrid nas eleccións de 1977 e de 1979 e concelleiro en Madrid (1979). En 1981 abandonou o PCE e en 1985 promoveu a Federación Progresista que, en 1986, se integrou na coalición Izquierda Unida, que lle proporcionou un escano no Congreso de los Diputados en 1986. En 1989 ingresou no Centro Democrático e Social e posteriormente abandonou a política activa. Escribiu Estrutura Económica de España (1960), La República. La era de Franco (1974), A donde vas, España? (1976), La oligarquía financiera en España (1977), El futuro y la nación (1981), España 1931-1975. Una antología histórica (1980), La reconquista del paraíso. Más allá de la utopía (1993) e La construción y las infraestruturas en el escenario de desaceleración...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é pouco formal e ten pouco siso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pau que se prende no colar ou no pé dos animais, especialmente dos cans para que non poidan saltar ou fuxir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema feito con palabras que comezan coa mesma letra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diagrama meteorolóxico en que se representa en abscisas as temperaturas absolutas e en ordenadas os logaritmos neperianos das temperaturas potenciais. Ten a propiedade de que a área comprendida dentro de calquera curva que represente unha evolución termodinámica reversible é igual á calor absorbida ou ao traballo efectuado por cada unidade de masa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mensaxe ou noticia transmitida por telégrafo.

    2. Impreso que leva escrita unha mensaxe ou noticia telegráfica.

    VER O DETALLE DO TERMO