"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
GALICIA
Comarca do extremo occidental da Comunidade Autónoma de Galicia, no sector meridional da denominada Costa da Morte. Limita ao N coa comarca da Terra de Soneira (concellos de Camariñas e Vimianzo) e o Océano Atlántico, ao S coa comarca de Muros (concello de Carnota) e o océano, ao O co Atlántico, e, ao L coas comarcas da Terra de Soneira (Vimianzo) e Xallas (Mazaricos). Abrangue unha superficie de 339,5 km2nos que acolle unha poboación de 24.562 h (2001), distribuídos entre os concellos de Cee (57,5 km2; 7.164 h), Corcubión (6,5 km2; 1.966 h), Dumbría (124,7 km2; 4.260 h), Fisterra (29,4 km2; 5.132 h) e Muxía (121,3 km2; 6.040 h). A comarca posúe unha dobre cabeceira funcional, conformada pola vilas de Cee, centro económico e administrativo, e Corcubión, cabeza do partido xudicial. Ambos os centros urbanos están practicamente unidos no espazo e atraen a gran maioría dos fluxos comarcais. Non obstante , os concellos de Muxía...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de arquitectos norteamericanos caracterizados pola recuperación do vocabulario formal da vangarda europea da década dos vinte. Estaba formado por Peter Eisenman (1932), Michael Graves (1934), Charles Gwathmey (1938), John Hejduk (1929) e Richard Meier (1934).
-
PERSOEIRO
Humanista e poeta italiano. Participou no Concilio de Trento e propugnou unha reforma eclesiástica dentro da liña ortodoxa. Publicou poesía amorosa como Lusus pastorales (Xogos pastorais), publicados en Carmina quinque illustrium poetarum (1552), de inspiración bíblica, como Paraphrasis in triginta Psalmos (1546), e relixiosa, como De rebus divinis carmina (1551).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal e político francés. Capelán da Raíña María Tareixa de Austria (1679-1683) e bispo de Frejús (1698-1714), foi nomeado en 1714 preceptor do futuro Luís XV e desde 1726 ministro de Estado. Opúxose aos xansenistas e practicou unha política exterior pacifista, malia intervir activamente nas guerras de sucesión de Polonia e Austria.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Reposteiro. Foi o creador da Casa Rei das Tartas de Mondoñedo, de gran sona pola calidade dos seus produtos. Obtivo numerosas distincións e condecoracións, entre as que cómpre destacar a Medalla al Mérito Turístico (1977), o premio Monsieur Maitre Rotisseur (1981), Gallego Ilustre (1986) e Fillo Predilecto de Mondoñedo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Comarca do extremo oriental da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa comarca da Mariña Oriental e o Principado de Asturias, ao S coa comarca dos Ancares, ao L co Principado de Asturias e ao O coas comarcas de Meira e Lugo. Abrangue unha superficie de 679,5 km2nos que acolle unha poboación de 7.175 h (2001), distribuídos nos concellos de Baleira (168,8 km2; 1.834 h), A Fonsagrada (438,4 km2; 5.082 h) e Negueira de Muñiz (72,3 km2; 259 h). O núcleo reitor indiscutible é a vila de A Fonsagrada, importante centro comercial e de servicios xa dende o s XVII, que ademais é cabeza de partido xudicial, do que dependen xunto cos tres concellos que forman a comarca, os de Ribeira de Piquín e Meira. A Fonsagrada e Negueira de Muñiz presenta unha cohesión moi forte e un total grao de integración funcional. En cambio, Baleira, malia que mantén vinculacións administrativas e comerciais coa cabeceira comarcal, depende funcionalmente en boa medida de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Santa María de Arnego (Vila de Cruces). Ten planta en forma de U con baixo e piso. A cuberta é a catro augas. Nunha das ás laterais engadiuse un corpo a xeito de galería pechada. O escudo alude aos Mella, Silva, Viveiro e Castro. Conserva unha capela exenta de planta rectangular en estado ruinoso.
-
-
-
Instrumento usado para aplicar a pena de morte. Xeralmente é de madeira e está composto por dous paos cravados no chan ou sobre unha tarima, con outro pau a xeito de traveseiro na parte superior; ou ben dous paos en forma de 7 ou de T, dos que pendura unha corda cun lazo, coa que se aforca ao reo. Empregouse como sistema de execución en toda Europa durante a Idade Media. Persistiu no Reino Unido durante o s XX, ata a abolición da pena de morte. En España usouse ata 1832, ano no que se substituíu polo garrote vil. Na tradición oral recóllense ditos como: “Para os desgraciados fíxose a forca. Non lembres a forca na casa do aforcado. Non lle quero ben nin mal, mais folgaríame velo na forca espernexar.”
-
Pao con dúas puntas e un traveseiro que se axustaba ao pescozo do reo ao que se lle quería causar afrenta. O verdugo paseaba así o reo a través das rúas.
-
-
forcanza.
-
Paso estreito entre montes.
-
Aparello onde se poñían a secar as redes.
-
-
-
forcanza.
-
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que designa o aparello para botar leña á caldeira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, unha faixa de azul.
-
PUNTA
Punta do litoral oriental da parroquia e concello do Vicedo, situada ao N da punta da Ventosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chandrexa de Queixa baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que serve de límite á parroquia de Santa Comba de Carnota (concello de Carnota) coas de Serres e Sestaio (concello de Muros). O seu cumio acada os 474 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río da vertente atlántica, que desemboca na beira meridional da ría de Cedeira. Nace na parroquia de Labacengos (Moeche). O seu curso adopta unha dirección SL-NO coa que penetra nas parroquias de Abade e San Xoán de Moeche, para penetrar despois no concello de San Sadurniño pola parroquia de Bardaos e, despois de virar cara ao N, no concello de Valdoviño pola parroquia de Vilaboa. Encorado pola presa augas abaixo, o encoro das Forcadas serve de límite ás parroquias de Vilaboa e Loira. Superada a presa, o seu curso baixo discorre entre Pantín e Vilarrube, onde desemboca despois dun percorrido duns 20 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cadela de frade.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Barco de Valdeorras baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel Santiago Fernández Álvarez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pao que serve para remover as comidas, sobre todo se son líquidas e maiormente se se trata de papas.