"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Firmin Tonnerre.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, que forma parte da aglomeración do Gran Bos Aires (646.891 h [1991]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación da Irmandade dos Prerrafaelistas. Publicáronse catro números entre xaneiro e abril de 1850, os dous primeiros co subtitulo de “Pensamentos sobre a natureza en poesía, literatura e arte” e os dous últimos “Arte e poesía, pensamentos sobre a natureza”. Dirixida por William M. Rosseti, entre os seus colaboradores destacou Dante Gabriel Rosseti.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico italiano. Estudiou interpretación e dirección no Centro Sperimentale di Cinematografia de Roma. Traballou como axudante de dirección e guionista, ata que debutou como realizador en 1946 co filme Il testimone. Outras películas que dirixiu foron Gioventù perduta (1948), La città si difende (1951), Gelosia (1953), Il ferroviere (1956), Divorzio all’italiana (1961), Signore e signori (1966) ou Alfredo, Alfredo (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro de Estudios Sociales Germinal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico bimensual, defensor do ideario libertario entre os traballadores, publicado na Coruña como voceiro do Centro de Estudios Germinal entre 1904 e 1905. Confeccionado na imprenta do xornal Tierra Gallega, entre os seus colaboradores figuraban coñecidos militantes anarquistas da capital herculina, como José Sanjurjo, Marcial Lores, Ricardo Cotelo, José Suárez Duque, Manuel Martínez Pérez ou o autor teatral Miguel Martínez. Tivo unha ampla distribución no resto de España, Arxentina, Cuba e México.
-
SEMANARIOS
Semanario ácrata editado en Sabadell a partir de 1904 que se autodenominaba como socialista. Posteriormente, co mesmo nome, apareceu como voceiro da Federación de Sociedades Obreiras, adscrita á CNT. En 1925 cambiou a súa cabeceira pola de Frutidor, e finalmente (1932-1934, 1937-1938), pola de Vertical.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario de carácter anticlerical e de ideario socialista, aparecido en Viveiro o 15 de setembro de 1906. A publicación, que contou entre os seus colaboradores con Antón Vilar Ponte, xunto con outros correlixionarios da agrupación socialista viveirense, levaba impresa na cabeceira o lema de “Ni Dios ni Amo”, repartíase de balde e declaraba o seu compromiso a prol dos intereses obreiros. No ano aproximado de existencia do periódico, sufriu nalgunha ocasión a censura eclesiástica polo seu contido crítico coa relixión católica.
-
SEMANARIOS
Semanario anarquista editado en Vigo entre 1909 e 1910. Foi dirixido por M. Hidalgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada na Coruña na imprenta Moret. Subtitulábase “Revista de Orientación agropecuaria y sociológica”. Con periodicidade mensual só saíu o primeiro número o 15 de xuño de 1936. Dirixida por Vicente Díaz Veiga tentaba encher o baleiro da prensa anarcosindicalista dedicada en exclusiva ao agro.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Transvaal, en Sudáfrica (134.005 [1991]). Está situada a 12 km do L de Johannesburg, na rexión aurífera de Witwatersrand.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor e político, irmán de Francisco Giner de los Ríos. Baixo a influencia krausista, colaborou coa Institución Libre de Enseñanza, onde deu clases de retórica. Militou no partido republicano e no radical, e en máis dunha ocasión foi elixido deputado a Cortes e tenente de alcalde de Barcelona. A súa actuación na comisión de cultura de Barcelona caracterizouse polo impulso da infraestrutura escolar, das colonias escolares, das bibliotecas e das campañas para impulsar o laicismo, onde sempre defendeu o criterio de neutralidade relixiosa. Escribiu sobre arte e pedagoxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de landra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Semellante a unha glándula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hermann Wilhelm Göring.
-
GALICIA
Política. Foi concelleira de Vigo polo terzo familiar en 1971 e alcaldesa a mediados de 1978. Ingresou na UCD en 1979 e foi elixida deputada do Parlamento de Galicia na I lexislatura (1981-1985) e na II (1985-1989) por Coalición Popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre, escritor e político. Na segunda década do s XX trasladouse a Santiago de Compostela, onde alternou o traballo de canteiro cos estudios de maxisterio. Fundou o semanario El País Gallego (1927), publicou unha peza de teatro, poesías, ensaios e varias novelas curtas, e fixo a carreira de Dereito. Na Segunda República creou a Agrupación Nacionalista Independente en compañía de Luís Seoane, R. Carballo Calero e S. González García-Paz, e iniciou a súa militancia no PSOE local, que abandonou para formar en 1931 a Unión Socialista Gallega, coa intención de conciliar agrarismo, marxismo e galeguismo; nesta época escribiu Regionalismo, Nacionalismo y Separatismo e a novela A modelo de Paco Asorey, editada por Nós en 1933. Fracasada a experiencia logo das eleccións de novembro de 1933, achegouse a posturas da esquerda republicana e autonomista, exerceu a avogacía e rexentou a librería Niké, que compartiu con Arturo Cuadrado. Ao producirse o golpe militar de xullo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida co pseudónimo de Carmen Monteferro, emigrou a Arxentina e colaborou en El Espectador de Ecuador, Lonxe da Terriña de Ponteareas e Valle Miñor. Publicou Al borde la sombra (1972) e Tránsito de Alas (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e fotógrafo. En 1901 emigrou a La Habana e foi profesor de pintura no Centro Gallego. A comezos da década de 1920 instalouse en Madrid e comezou a traballar co nome de Lander, e en 1930 trasladouse a Viveiro, onde foi profesor de debuxo e secretario do PSOE local. Compaxinou a pintura coa fotografía e publicou o álbum Vivero (1934). Cultivou a paisaxe baseada no debuxo, na paleta de verdes, carmíns e ocres, na composición horizontal e nos efectos da luz. Realizou tamén retratos. Participou na Exposición Nacional de Bellas Artes (1922) co óleo Rosaura e recibiu a Cruz de Alfonso XII. Concorreu á exposición de arte galega celebrada na Coruña e Santiago de Compostela (1923) con Sabel, Xardín tropical e Quinta dos muíños e á mostra de Bos Aires (1929) con Nabais en flor e Piñeiros fraternos. Participou na Bienal Hispanoamericana de La Habana (1954) e ata 1971 non expuxo en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e debuxante. Destacou principalmente como paisaxista, xénero no que amosou un gusto pola cor que o situou dentro dos modos fauvistas. Deformaba a cor, xunto co debuxo, ata uns extremos case expresionistas para obter unhas imaxes irreais. Como debuxante realizou obras de pequeno formato, cun gusto caracterizado polo decorativismo e o detalle preciosista. Recibiu a Mención Honorífica e Premio na Exposición Nacional de Bellas Artes (1933), a Medalla do Ouro na Primeira Exposición Provincial de Belas Artes (1943) e o Premio Especial da IV Exposición Provincial de Artes (1944).
VER O DETALLE DO TERMO