"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • PERSOEIRO

    Nobre. Señor das Mariñas e de Mesía, defendeu a cidade da Coruña ante o conde de Benavente, R. Pimentel, e participou na Batalla de Altamira (1471) contra Alonso de Fonseca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi maxistrado na Audiencia Nacional e no gabinete técnico do Tribunal Supremo, e voceiro da asociación Jueces para la Democracia. Deputado independente polo PSOE (1993-1997), foi voceiro na comisión de Xustiza e Interior (1993-1995). Alcalde de Vigo en 2003, perdeu o cargo por unha cuestión de confianza. Escribiu as obras Justicia y delito (1981), La reforma del proceso penal (1990) e La influencia del cambio socio-político en los delitos contra la honestidad.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. Director do Museo das Peregrinacións, foi subdirector xeral do Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Xunta de Galicia e dirixiu os traballos arqueolóxicos do xacemento castrexo de San Cibrao de Las (Punxín e San Amaro). Escribiu, entre outros, De ourivesaría castrexa (1982) e Sellos de alfarero en Terra Sigillata Itálica encontrados en Mérida (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e escritor. Especializado en teoloxía dogmática pola Universidad de Salamanca, pertenceu ao consello de redacción da revista Encrucillada, foi director da asociación e da revista Irimia e membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Das súas obras destacan A Xeración Nós. Galeguismo e relixión (1988), no que investigou o pensamento relixioso dos membros da Xeración Nós; Galegos e cristiáns: deus fratesque gallaeciae (1994), Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo (1997), A romaxe de crentes galegos: de Irimia a Santa Margarida (1978-1997) (1998) e Con cordas de tenrura (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (A Coruña 8.8.1948) Político. Doutor en Ciencias Económicas e profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela. Foi Vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela, subsecretario do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións (1985-1990), e secretario xeral de Infraestruturas no Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente (1990-1994). Deputado no Parlamento galego desde 1997 e secretario xeral do PSdeG-PSOE, desde 1998 é membro da executiva federal do PSOE. Participou no Pacto do Hostal e no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia. Escribiu Agricultura y capitalismo: análisis de la pequeña produción campesina (1983), Economía campesiña e capital: A evolución da agricultura galega: 1960-1980 (1983), A Galicia emprendedora (2000) e En clave de país (2001), ademais de numerosos estudos sobre temas de desenvolvemento rexional e economía agraria no marco da UE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sociólogo. Doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía e catedrático de Socioloxía na Universidade de Santiago de Compostela. As súas investigacións centráronse na análise das organizacións complexas e a estrutura social de Galicia. Foi o primeiro presidente da Asociación Galega de Socioloxía, membro fundador e vicepresidente da Asociación Forestal de Galicia, da Unión de Silvicultores do Sur de Europa (USSE), do Instituto do Bosque Cultivado e da Conferencia Mundial de Propietarios Forestales. Autor, coordinador e editor de diversas obras como O factor relixioso na España actual: o cambio socio-relixioso como cambio político na España dos anos 70 (1974), Los periódicos ante las Autonomías (1982), Plan forestal de Galicia (1992), O Galego segundo a mocidade: unha achega ás actitudes e discursos sociais baseado en técnicas experimentais e cualitativas (2003) e Nuevos Modelos de Gestión Hospitalaria (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tirano de Corinto. Intentou manter a estabilidade política interna e ocupouse de regulamentar e humanizar o traballo dos escravos, protexeu os campesiños pobres, potenciou o comercio con Exipto, Lidia e Mileto e levou a cabo unha política de conquistas. É autor do aforismo: “Se previsor con todas as cousas”. Inclúese dentro do grupo dos Sete Sabios de Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De nome Pietro Bonaccorsi, foi discípulo de Domenico Ghirlandaio, e continuou, con Giulio Pippi e G. F. Penni, a obra de Rafael nas galerías do Vaticano. En Xénova traballou na decoración ao fresco do Palazzo Doria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten lugar inmediatamente antes ou despois do parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que estuda o embarazo, o parto e o período posnatal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é ilustre en alto grao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao perineo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación aguda ou crónica da envoltura adiposa do ril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parede músculo-membranosa, de forma romboidal, que forma o solo da gran cavidade abdominal. Está atravesado pola uretra, polos órganos xenitais e polo recto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica do perineo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sutura dun esgazamento perineal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • aíña que envolve os funículos nerviosos ou grupo de fibras nerviosas en cada nervio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea rachado que colga dunha peza de roupa.

    2. Individuo que anda sucio e mal vestido.

    3. Persoa que leva unha vida desordenada.

    4. Vergallo do porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter comarcal editada en Betanzos a partir de 1997. Estaba dirixida por Coté Abarrategui e integrada no Grupo Líder. Cunha periodicidade mensual, incluíu información municipal, deportiva, cultural e de sociedade en Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Cesuras, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Monfero, Oza dos Ríos, Paderne, Sada e Vilamaior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico que actúa como insecticida de aplicación foliar activo por inxestión e contacto sobre pragas resistentes a outros insecticidas, pero sen actividade acaricida. Está autorizado en cultivos de algodón, cítricos, sorgo, plantas de horta e ornamentais. O seu termo de seguridade varía entre 7 e 21 días, segundo o cultivo de que se trate.

    VER O DETALLE DO TERMO