permetrín

permetrín
Nome científico: [(1RS) cis, trans 3-(2,2-dicloroetenil)2,2-dimetilciclopropano carboxilato de 3-fenoxibencilo]
s m [QUÍM]

Composto químico que actúa como insecticida de aplicación foliar activo por inxestión e contacto sobre pragas resistentes a outros insecticidas, pero sen actividade acaricida. Está autorizado en cultivos de algodón, cítricos, sorgo, plantas de horta e ornamentais. O seu termo de seguridade varía entre 7 e 21 días, segundo o cultivo de que se trate.

Palabras veciñas

permease | Permeke, Constant | Përmet | permetrín | Permiano | permiano -na | pérmico -ca