Permiano
Permiano
s
m
[ESTRATIG]
Último período ou sistema do Paleozoico ou era Primaria, situado por riba do Carbonífero. Comprende desde os 286 ata os 248 millóns de anos. Marca un dos cambios máis importantes da historia xeolóxica, o paso da era Primaria á Secundaria. Neste período extinguíronse case a metade das familias de animais e plantas, e ao inicio da era Secundaria subseguinte produciuse unha intensa renovación biolóxica. Posiblemente, o final do Permiano coincidiu co cambio da velocidade da rotación terrestre, que orixinou, ao mesmo tempo un cambio climático e fortes tensións tectónicas. As áreas continentais, xa importantes no Carbonífero, estendéronse máis e aumentou a aridez.