"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

  • Sensación de calor moi intensa e dolorosa, especialmente a que se ten no estómago que é provocada polo exceso de ácidos. OBS: Emprégase sobre todo en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. febre.

    2. Bocha que se forma nos labios a causa dun aumento da febre.

    3. Calor suave e agradable.

    4. Calor forte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista. Foi membro fundadora e concertina da Orquesta de Santiago de Compostela, membro do grupo Milladoiro e primeiro violín da Orquestra Sinfónica de Siegerland e da Orquestra de Cámara Ars Musicae Ensemble.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo quraxita.

    2. Individuo do pobo quraxita.

    3. Pobo árabe da tribo de Qurayš, que se estableceu na Meca a finais do s V e que acadou gran poder económico e político. A el pertencía Mahoma. A ortodoxia sunnita esixía esta condición para ocupar o califato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de rock-pop creado en 1978 que se disolveu en 1992. Formado por Santiago Auserón, Luis Auserón e Enrique Sierra da súa discografía destacan Música moderna (1980), De un país en llamas (1985), Escuela de calor. El directo de Radio Futura (1989), Veneno en la piel (1990) e Tierra para bailar (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenda estreita e longa practicada nunha peza ou nun obxecto de materia dura.

    2. Abertura longa e estreita ao longo da envergadura dunha á, normalmente preto do seu ángulo de ataque, que serve para mellorar as condicións do fluxo de aire a grandes ángulos de ataque. Durante as operacións de aterraxe e no momento de deixar terra, unha parte da á situada preto do ángulo de ataque sepárase do resto e constitúe unha rañura. O fluxo de aire acelerado ao pasar por esta abertura incrementa a enerxía da capa límite da parte superior da á e evita a perda de sustentación. En certas aeronaves militares, a formación da rañura é automática.

    3. Canle estreita e longa que se practica nunha peza metálica para aloxar alí os condutores dun bobinado, normalmente nas máquinas eléctricas.

  • Acción e efecto de rapar ou raparse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de rascar ou rascarse.

    2. rascadela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de raspar.

    2. Partícula que se desprende dunha cousa ao raspala.

    3. Sinal que queda ao raspar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cortar con navalla ou máquina o pelo da cara ou doutra parte do corpo.

    2. Cortar a barba a alguén.

    3. Cortar con navalla ou máquina o pelo da cara ou doutra parte do corpo.

    4. Cortar a barba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do distrito homónimo, Sri Lanka (46.000 h [2001]). É o centro dunha rexión produtora de caucho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Sri Lanka (3.275 km2; 1.008.164 h [2001]). A súa capital é Ratnapura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substrato en desuso do Lusitaniano (Xurásico Superior).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Rauraciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto de Arabia Saudí situado no Golfo Pérsico. É o porto exportador máis importante do país e a terminal de oleodutos que proceden do interior de Arabia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Madrid por Real Decreto de 25 de febreiro de 1847 que ten como obxectivo promover o estudo e o progreso das ciencias, así como normalizar e establecer os criterios a seguir en investigación científica, coa creación de dicionarios técnicos, diversas publicacións e cursos. Ten a súa orixe na Academia Naturae Curiosorum (1657) de Madrid, que foi substituída en 1834 pola Academia de Ciencias Naturales, que se suprimiu coa creación desta real academia. Desde 2001 está composta por 54 membros numerarios, 90 correspondentes nacionais e académicos supernumerarios e correspondentes estranxeiros. Organízase nas seccións de Exactas, Físicas y Químicas e Naturales. Está incorporada ao Instituto de España. Publica a Revista de la Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, creada en 1850 co título Revista de los progresos de las Ciencias Exactas, Físicas y Naturales, e, desde 2001 a Serie A Matemáticas de la RACSAM, que recolle as contribucións...

    VER O DETALLE DO TERMO