"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Instrumento óptico que, por medio de dúas imaxes planas dun mesmo obxecto tomadas desde puntos de vista separados, produce a sensación de relevo cando se miran ao mesmo tempo cada unha cun ollo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de estereotipar.

    2. Que se repite sen variación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Imprimir mediante estereotipo.

    2. Fixar algo como un xesto, frase ou procedemento artístico por medio da súa frecuente repetición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento para a reprodución en pranchas de metal dun gravado ou dun molde de tipos movible. As pranchas obtéñense tomando do molde orixinal un negativo cun cartón especial mediante presión cunha prensa provista de calefacción. Unha vez obtido o cartón co negativo, tamén chamado matriz, inxéctase o metal fundido (aliaxe de chumbo, estaño e antimonio) que, unha vez arrefriado, será a prancha positiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prancha de metal tipográfica obtida cun molde, que é a prancha dunha ou máis planas compostas por caracteres móbiles.

    2. Idea, modelo ou imaxe aceptada comunmente por un grupo ou sociedade con carácter fixo e inmutable e que se obtén a partir das normas ou dos patróns culturais previamente establecidos.

    3. Concepción tópica, banal ou estática dun personaxe, dun conflito ou dunha acción, que desembocan no tipismo, na trivialización ou na repetición. Hai algunhas correntes e escolas que basean a súa esencia na codificación estrita da acción, do personaxe, do vestiario, do movemento, das situacións, dos conflitos e mesmo das temáticas, como acontece coa commedia dell’arte ou con diversos xéneros propios do teatro oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de tallar as pedras, a madeira, o ferro e outros materiais que se empregan na construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • haptotropismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • isión estereoscópica, é dicir, con efecto de relevo e sensación de distancias entre as diferentes partes da imaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Músculo da rexión lateral do pescozo que empeza na clavícula e no esterno e se insire na apófise mastoidea do óso temporal e no óso occipital.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos esteroides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Semellante a unha estípula ou da súa natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás estiracáceas.

    2. Leñosa da familia das estiracáceas.

    3. Familia, da orde das ebenais, composta por árbores ou arbustos de follas alternas, enteiras ou dentadas, de flores regulares, tetrámeras ou pentámeras, e froitos en drupa, baga ou cápsula. É unha familia tipicamente tropical que ten como xénero máis característico o Styrax.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e compilador grego. Escribiu sobre filosofía natural, lóxica, moral, política e arte. Conservánse só dúas das súas obras, fundamentais para o coñecemento das obras non conservadas doutros autores: Iοαννου Στοβαιου Aντολογιων (Antoloxía de Iohannes Estobeo) e Eκλογαι ϕ ισικαι και ετικαι (Églogas físicas e éticas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porción inicial e cefálica do tracto dixestivo dos metazoos celomados, que está revestida de ectoderma pluriestratificado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao éter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo inglés. Creador da comedia de costumes na época da Restauración, da súa produción destacan The Comical Revenge e The Man of Mode or Sir Fopling Flutter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina que conxuga o estudo das culturas contemporáneas (etnográficas) coas producións materiais (arqueolóxicas), para comprender as relacións de comportamento das comunidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos eufausiáceos.

    2. Crustáceo da orde dos eufausiáceos.

    3. Orde de crustáceos mariños que engloba sobre todo animais planctónicos -que teñen entre 10 e 30 mm de lonxitude-, aínda que tamén algunhas especies epipeláxicas e batipeláxicas -que acadan ata 150 mm-. As formas planctónicas, que constitúen a base do krill, son nadadoras e gregarias e empregan patas plumosas para filtrar pequenas algas, como diatomeas. Tamén teñen capacidade luminiscente relacionada posiblemente coa reprodución. Están presentes dende a superficie ata os 2.000 m de profundidade e acadan densidades de 20 kg por metro cúbico. Constitúen un elemento importante da cadea trófica e son a base da alimentación de moitos peixes, aves e baleas. Parte da flota de barcos xaponeses e polacos capturan estes crustáceos para a alimentación humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás euforbiáceas.

    2. Planta pertencente á familia das euforbiáceas.

    3. Familia de árbores, arbustos e herbáceas, que engloba máis de 300 xéneros e 7.500 especies, as máis delas de distribución tropical, caracterizadas por presentar tubos laticíferos cun látex branco que na maior parte das especies é irritante, e noutras están cubertos de pelos estrelados e mestos. Son comúns nesta familia os mecanismos de adaptación a condicións de aridez -como presentar talos e follas suculentos ou metabolismos C4 e CAM-.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo euganeo.

    2. Individuo do pobo euganeo.

    3. Pobo umbro que habitou as costas do Mar Adriático. Durante o s VIII a C enfrontouse a vénetos e lígures nas chairas do Po. Trala conquista romana do seu territorio, os seus habitantes convertéronse en cidadáns romanos.

    VER O DETALLE DO TERMO