"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Acordo asinado en 1998 no castelo de Stormont, nas proximidades de Belfast, entre o goberno británico, o Sinn Féin e os protestantes moderados. Permitiu unha nova tregua e abriu o camiño para a autoderterminación do Ulster e a paz, o que implicaba a disolución do IRA. Pero, o atentado cometido ese mesmo ano polo IRA Auténtico en Omagh, desmantelou o proceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. A súa familia emigrou a Arxentina en 1896. Mestra e xornalista, a súa poesía evolucionou desde o posromanticismo a unha posición moi singular dentro das correntes de vangarda. Destacan La inquietud del rosal (1916), El dulce daño (1918), Ocre (1925), Mundo de siete pozos (1934) e Mascarilla y trébol (1938). En 1920 obtivo o Premio Nacional de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amt de Dinamarca (1.603 km2 ; 145.199 h [estim 2001]). A súa capital é Nykøbing Falster (25.498 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parlamento noruegués. Está dividido na Lagting ou cámara alta, formada por 1/4 dos membros, e a Odelsting ou cámara baixa, formada por 3/4 dos membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guión gráfico que contén deseños en secuencia cronolóxica mostrando as escenas e accións máis importantes no desenvolvemento dun filme de animación e que pode ir acompañado dun pequeno texto explicativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. En 1477 estableceuse en Cracovia. No estilo cracoviano, unha variante do gótico báltico, fixo o Retablo da Virxe na Kósciól Mariack (1489) e a Tumba de Casimiro IV de Polonia na catedral do castelo de Wawel (1492). Volveu a Nuremberg (1496-1525), onde fixo obras de marcadas formas expresionistas, das que destacan A salutación anxélica, para a igrexa de Sankt Lorenz, e a súa colaboración na Tumba de Maximiliano I, en Innsbruck (1514).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Coñecido como Fritz Hundertwasser, a súa pintura, de cores vivas delimitadas por un debuxo de trazo groso e liñas sinuosas, está influenciada polo Jugendstil austríaco, especialmente por G. Klimt e P. Klee. Interesouse tamén pola arquitectura desde unha perspectiva ecoloxista e participou en diversos proxectos, entre outros, a casa Hundertwasser en Viena (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora estadounidense. Partidaria do abolicionismo, escribiu Uncle Tom’s Cabin or Life Among the Lowly (1851), sobre as tensións que levaron á Guerra de Secesión en EE UU, e Old Town Folks (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Construtor de instrumentos de corda. Coñecido tamén co nome latinizado de Stradivarius, foi discípulo de Nicolò Amati ata 1680. Axudado polos seus fillos Francesco Stradivari (1671-1743) e Omobono Stradivari (1679-1742), puido ser autor de máis de 500 exemplares de violín, dunha sonoridade excepcional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo e guionista checo. Coñecido como Tom Stoppard, naturalizouse inglés. Das súas obras, caracterizadas por tratar temas filosóficos cun humor enxeñoso, destacan Walk on the Water (1960), Rosencratz and Guildestern Are Dead (1966), Travesties (1974), The Real Thing (1982), Hapgood (1988), Arcadia (1993) ou The Coast of Utopia (2002), ademais dos guións de Brazil (1985) e Shakespeare in Love (1998, Oscar ao mellor guión). En 1997 recibiu o título de sir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias cocoides, inmóbiles, Gram-positivas e a maioría anaerobias facultativas, que se presentan caracteristicamente en cadeas ou parellas irregulares, ovais ou lanceoladas. Son bacterias moi estendidas na natureza, e pódense atopar no chan, en ambientes acuáticos e formando parte da microbiota normal do home e animais. Dentro deste xénero destacan os estreptococos lácticos (St. lactis e St. cremoris) que producen a acidificación do leite e teñen importancia na fermentación natural de moitos lácteos; os estreptococos da boca e do tracto respiratorio, que inclúen especies patóxenas, como o pneumococo (St. pneumoniae), que é o axente causante da pneumonía; os estreptococos hemolíticos, como St. pyogenes, que é o causante de infeccións da pel e respiratorias, como a anxina estreptocócica e a febre puerperal ou dos eritemas da escarlatina; St. viridans, que se atopan na boca do home e de certos animais, que causan a caries e a endocardite...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que signica ‘en sentido estrito’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo ruso, bisneto de F. G. W. von Struve. En 1926 trasladouse a EE UU, onde se naturalizou en 1927. Foi profesor nas universidades de Chicago e Berkeley e dirixiu os observatorios de Yerkes (Chicago), Mac Donald (Texas) e o observatorio de radioastronomía de Green Bank (Virginia). Estudou as estrelas dobres espectroscópicas, mediu as velocidades radiais dos astros e ideou un dispositivo para detectar as rexións galácticas de emisión. Escribiu Stellar Evolution (1959) e The Universe (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e xeodesista, fillo de F. G. W. von Struve. Sucedeu ao seu pai como director do observatorio de Pulkovo. En 1842 determinou as coordenadas do ápice, con maior exactitude que as logradas anteriormente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e mariño, marqués de Suanzes. Pertenceu ao Corpo de Enxeñeiros da Armada desde 1917. Foi director da Sociedad Española de Construción de Cartagena (1921) e dos estaleiros de construción e da factoría de Ferrol (1927-1934). Foi ministro de Industria e Comercio (1938-1939, 1945-1951) e creou o INI en 1941, do que foi o seu primeiro director durante dúas décadas. Escribiu La Industrialización de España en 1949 (1949). Recibiu o premio de enxeñaría na modalidade de aplicacións técnicas e industriais da Fundación March (1961) e a Medalla de Oro de Madrid (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e pintor italiano. Coñecido como Bramantino, realizou os planos para a capela Gian Giacomo Trivulzio e a pintura L’Adorazione dei Magi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse na Escuela de Artes e Industrias de Madrid. Colaborou como ilustrador en diversas publicacións e libros, como Ribadeo antiguo (1931) de F. Lanza, e foi un dos creadores de Orientaciones e Ronsel. Como debuxante, as súas ilustracións caracterizáronse polo trazo fino das liñas, próximas ao expresionismo, e desde 1927 foron máis idealistas. Cultivou a paisaxe, mariñeira ou rural pero non urbana, ben de xeito illado ou formando parte dunha escena. As súas obras presentan contrastes entre zonas iluminadas e outras máis escuras. Os lenzos de comezos da década de 1930 amosan unha influencia cubista. Destacan Escena mariñeira, A renda, O crego, Caseta de tiro (1927-1930), Xogadores de xadrez (1927-1930), Tarde apracible (1954), Xogos de luz con chuvascos nas Rías Altas (1965) e Anciáns do asilo (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, xurista e militar. Membro do Partido Moderado, foi deputado pola provincia de Ourense (1839-1841 e 1844-1846), por Trives (1846-1852 e 1857-1858), polo Barco de Valdeorras (1853-1854), por Bande (1864-1865) e pola sección de Xinzo (1867-1868).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista, irmán de Ramón Suárez Picallo. Membro do Sindicato de Oficios Varios de Sada, intregrado na CNT, militou no Partido Galeguista e participou no deseño da política dos galeguistas no mundo do mar a partir de 1935. Ese mesmo ano organizou en Sada o Ateneo de Cultura Político y Social. Foi asasinado días despois da sublevación militar do 18 de xullo de 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Compaxinou a pintura co deseño publicitario e cultivou todos os xéneros. Destacan os seus retratos de nenos, caracterizados pola tenrura. Nas paisaxes representou o mundo laboral como fábricas e estaleiros, caracterizados polo emprego de tons ocres e escuros. Realizou, entre outras obras, Retrato de niña, Lavandeira, Retrato de Familia e Niños.

    VER O DETALLE DO TERMO