"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Que é moi plano ou de moi pouco grosor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de extravagante.

    2. Cousa ou feito que chama a atención pola súa rareza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen resulta raro por non ser habitual ou normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de exuberante. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é moi abundante en algo ou que está moi desenvolvido. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que amosa unha alegría extrema. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Toulouse. Trouxo as reliquias de san Sadurniño á igrexa de Toulouse e rematou a súa construción. A súa festa celébrase o 28 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa sudafricana. Considerada a primeira poetisa en lingua afrikaans, da súa produción destaca Die stil avontuur (A aventura silenciosa, 1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Foi un dos fundadores da primeira escola flamenga e un dos primeiros en empregar a pintura ao óleo nunhas obras que se caracterizaron pola súa minuciosidade. Non se coñecen datos da súa formación. En 1422 trasladouse á Haia, onde foi pintor de corte e axudante de cámara de Xoán de Baviera, conde de Holanda, ata 1424. Dende 1425 e ata a súa morte foi pintor da corte de Filipe III, duque de Borgoña, e cara ao 1430 trasladouse a Bruxas. Nesta primeira época realizou miniaturas e as dúas táboas da Crucifixión e do Xuízo Universal. En 1432 pintou o políptico de A adoración do Cordeiro Místico na catedral de Sint Baafs (Gante) obra que, segundo unha inscrición, foi iniciada por Hubert van Eyck (?-1426?), o seu irmán, aínda que existen investigadores que negan a súa existencia e a dobre autoría. Os seus retratos son realistas e neles amosou unha preocupación pola representación dos rostros humanos. Da súa produción destacan, entre outras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e debuxante, fillo de Vicente Eyré Varela (1887-1968), maxistrado do Tribunal Supremo. Abandonou os estudios universitarios de enxeñería e arquitectura para dedicarse á pintura de xeito autodidacta. Dominou a técnica do pastel e, como debuxante, resaltou a beleza dos modelos mediante a utilización de tons moi suavizados e dunha iluminación clara e limpa. Realizou retratos de persoeiros relevantes non só en España, senón tamén en Francia, Italia e EE UU, entre outros países. Entre as súas obras destacan El Grito Supremo, Pilar Estrada Borrajo de Orozco de Eyré, Alfonso Fierro, Marqués de Amurrio, San Bartolomé, Torero e os retratos do Rei Xoán Carlos I. Colaborou coas súas ilustracións en El relato compostelano (2001). Foi académico de honra da Accademia Letteraria de Roma, socio de honor da Unione Artistica Paternopea de Nápoles, membro de honor de Les Violettes Picards et Normands, membro de honor da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo. En 1934 emigrou ao Reino Unido, foi profesor na Universidade de Londres (1950-1955) e, posteriormente, traballou no Maudsley Hospital de Londres. Interesado no estudo da personalidade, creou numerosos cuestionarios e tests, entre eles o Eysenck Personality Inventory (EPI, Inventario de personalidade de Eysenck, 1959), que avalía o neuroticismo e a extraversión. Interesouse tamén pola aprendizaxe e os problemas do comportamento. Fundou e editou unha revista de psicoloxía clínica dedicada á modificación da conduta (The Journal of Behavior Research and Therapy). Entre outras obras, publicou Dimension of Personality (1947), Fact and Fition in Psychology (1965), Know your own Personality (1975) e Decline and Fall of the Freudian Empire (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Túnel escavado na rocha de 500 m de lonxitude, construído en tempos do Rei Ezequías, que unía unha fonte situada fóra da cidade de Xerusalén cunha piscina no interior da mesma. Aseguraba o abastecemento de auga a Xerusalén en caso do sitio da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Conde de Ezpeleta de Beire. Gobernador en Cuba (1785-1789) e vicerrei en Nueva Granada (1789-1797), foi presidente do Consello de Castela e capitán xeneral de Catalunya en 1808. Trala Guerra da Independencia foi nomeado capitán xeneral de Navarra (1814).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor venezolano. A súa narrativa inclúese no realismo máxico. Das súas obras destacan Valle hondo (1934), A orillas del sueño (Premio Nacional de Literatura, 1960), La dolida infancia de Perucho González (1966) e La dura tierra (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e escritor. Ingresou en 1934 nas Mocedades Galeguistas. En 1950 fundou en Noia a revista Tapal, que dirixiu ata que desapareceu en 1956. Colaborou, entre outras publicacións, en Compostellanum, Lar, Poesía española, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudios Gallegos e La Noche. Da súa produción destacan os artigos “Ordenanzas de la villa de Noya de 1589”, “Os cobrados de Noya”, “Una biblioteca noyesa de finales del siglo XVIII”, “La Santa Biblia y la filatelia”, “Matasellos religiosos de Galicia”, “O correr da pluma” e “Breves notas sobre Añón”. Como poeta publicou “Cachemare da saudade”,“Muros: Poemas da terra natal” e Follas de un arbre senlleiro (1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prateiro. Entre as obras que realizou destaca unha cruz de prata encargada para a igrexa de San Tomé de Sorribas (Rois, 1588). Atribúeselle unha cruz elaborada para San Martiño de Lesende (Lousame, 1607).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Realizou, entre outras obras, a Asunción da fachada de Santa María de Viceso (Brión, 1784); o retablo maior de Santa María de Ons (Brión, 1789); os altares do Cristo e da Virxe das Dores da igrexa de San Cosme de Outeiro (Outes, 1786); un retablo para a capela de San Roque en San Pedro da Ponte do Porto (Camariñas, 1792); a imaxe da Virxe do Carme e o relevo da Apoteose de San Gregorio Magno do retablo maior do Carme de Arriba en Santiago de Compostela (1800-1802); o grupo da Trindade e o Cristo crucificado de San Martiño de Noia (1802); e a imaxe de san Francisco no convento noiés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e naturalista. Deulle nome ao microscopio cando aínda era un instrumento pouco coñecido. Foi médico do Papa Urbano VIII e un dos fundadores da Accademia de Lincei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Industrial alemán. Herdou do seu avó, Kaspar Faber, a fábrica de lapis que este fundara en Nuremberg en 1760 e estableceu sucursais en varios países europeos e en EE UU. Ao morrer, a súa viúva traspasoulle a empresa á súa neta, a condesa Otilia von Faber-Castell, da que tomou a denominación de Faber-Castell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e teólogo alemán. Frade dominicano e bispo de Viena desde 1531, enfrontouse a M. Lutero aínda que consideraba necesarias as reformas dentro da Igrexa Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO