"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Asociación socialista británica constituída en Londres en 1883, inspirada nos métodos de conciliación do cónsul romano Quinto Fabio Máximo Verrugoso. Dirixida por Edward Pease, o núcleo inicial compoñíase de escritores (Bernard Shaw, H.G. Wells) e economistas (Sidney e Beatrice Webb). Os fabianos contribuíron á creación do comité para a representación do traballo, integrado no Labour Party desde 1906. Ocupouse da difusión do socialismo, defendeu a nacionalización da industria e tivo influencia sobre os políticos laboristas e os dirixentes das trade unions.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (236-250). Organizou Roma e dividiuna en sete rexións ou diaconías administradas por diáconos. Morreu martirizado en Roma durante a persecución de Decio. Na iconografía viste capa e tiara pontificais, e leva como atributos un bordón con cruz de dous traveseiros e a palma do martirio, amais dun angazo con dentes de ferro (símbolo do seu martirio). A súa festividade celébrase o 20 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do xentilicio latino Fabianus ‘da familia de Fabio’. A forma feminina correspondente é Fabiana. San Fabián (?-250), papa e mártir, celébrase o 20 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista esloveno. Estudiou en Ljubljana e en Viena na Spezialschule de O. Wagner, do que foi asistente (1894-1896) e co que colaborou no libro Moderne Architektur (Arquitectura moderna, 1895). Das súas obras sobresaen as casas Ries (1898), Portos & Fix (1899) e Artaria (1900) en Viena. Reconstruíu Ljubljana tralo terremoto de 1895 e participou no plano regulador de Venecia (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento socialista creado ao redor da Fabian Society.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao fabianismo.

    2. Membro ou partidario do fabianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político. Foi redactor do diario conservador El Contemporáneo (1861), membro con cargos do partido moderado e correspondente do Diario de Barcelona (1865-1890). Escribiu obras filosófico-históricas e Mi gestión ministerial respecto a Cuba (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano, fillo de Fabio Máximo Verrugoso. Participou na Batalla de Cannas como tribuno. Elixido cónsul no 213 a C, recuperou Arpi das mans de Aníbal. No 203 a C foi nomeado augur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xeneral romano. Foi cónsul no 322 a C durante a Guerra Samnita, na que conseguiu unha importante vitoria. Ditador no 315 a C, durante o seu segundo consulado (310 a C) derrotou os tarquinios e os etruscos co apoio dos umbros. Exerceu de novo o consulado (308 a C) e preocupouse pola restauración das tradicións sociais da antiga Roma (304 a C). No seu derradeiro consulado (295 a C) derrotou en Sentinum os samnitas, os etruscos e os galos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral e político romano. Cónsul no 142 a C, enfrontouse con Viriato durante o seu proconsulado e foi derrotado na Lusitania (140 a C). Tivo que aceptar as condicións de paz impostas por Viriato e recoñeceu a súa independencia e os límites do seu territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patricia cristiá pertencente á gens Fabia. Para expiar o divorcio do seu primeiro esposo fixo pública penitencia. Aconsellada por san Xerome viaxou a Palestina e, á súa volta, realizou diversas obras de caridade, como a fundación dun hospital en Ostia (380 a C). A súa festividade celébrase o 21 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente socialista. Residiu en Alemaña e París (1907), onde colaborou no xornal L’Humanité, dirixido por Jean Jaurès. Regresou a Barcelona (1908), desde onde reorganizou a Federació Socialista Catalana e fundou o semanario La Internacional. Durante a República foi embaixador español en Suíza e trala Guerra Civil exiliouse en América Latina. Regresou a España en 1950 e redactou unhas memorias sobre a Semana Tráxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor francés. En 1787 chegou a París procedente de Tolosa. Autor de numerosas comedias, da súa produción destaca Le Philinte de Molière ou La suite du Misanthrope (1790) e Les précepteurs (1794). Foi guillotinado xunto cos partidarios de Danton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Discípulo de J. L. David, cultivou un neoclasicismo caracterizado pola severidade. En 1787 acadou o Prix de Rome e trasladouse a Italia. En 1825 fundou un museo en Montpellier ao que lle legou a súa obra. Foi conservador do museo e director da École des Beaux-Arts. Destacan os seus retratos Luís XVIII, A condesa de Albany e Casanova. Cultivou tamén a pintura relixiosa e histórica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, coreógrafo e director de escena belga. A súa traxectoria artística comezou nas artes plásticas e os seus primeiros traballos escénicos hai que situalos no terreo da performance. A súa evolución está marcada pola experimentación formalista, pola teima no mundo dos insectos, herdada do seu tataravó Jean Henri Casimir Fabre, e pola mestura de moi diversas linguaxes expresivas. Na súa obra influíron artistas como Salvador Dalí, Magritte, Philippine Bausch e Bob Wilson, polo que nos seus espectáculos se mestura danza, iluminación, deseño gráfico, pintura, música, atmosferas oníricas e poética minimalista. Contou coa colaboración de compositores musicais como Win Mertens, autor da partitura musical do espectáculo The Power of Theatrical Madness, presentado na Bienal de Venecia (1984). Os seus traballos tamén se presentaron na Documenta de Kassel, en 1984, con Dance Sections e, en 1992, con Silent Screams, presentou Difficult Dreams.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entomólogo francés. Considerado un dos fundadores da entomoloxía, retirouse a Serignan, onde se dedicou ao estudo dos insectos. Realizou un gran número de investigacións que recolleu na súa obra máis importante Souvenirs entomologiques (1870-1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, fillo de L. Fábrega Coello. Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1926). Dirixente desde 1932 das xuventudes do Partido Radical, Vanguardia Republicana Federal, foi elixido deputado en 1933. Durante a Guerra Civil estivo preso nos campos de concentración de Rianxo e La Santa Espina (Valladolid) ata 1938. Retornou a Ourense e presidiu o colexio de farmaceúticos da provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Formouse na Escola da Llotja e en 1875 coa escultura Abel muerto gañou unha bolsa para estudar en Roma, onde adquiriu un gran prestixio como acuarelista e entrou na órbita do marchante Goupil. En 1903 estableceuse en México, chamado por Porfirio Díaz, como inspector xeral de belas artes ata que regresou a Roma. No eido da pintura, destacan as súas composicións anecdóticas. Das súas obras destacan La favorita, La puerta de la cárcel de Granada e Los borrachos y la esclava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Ancona, Italia, situada nos Apeninos Centrais (28.364 h [1991]). Considérase o centro da industria papeleira e metalúrxica máis antiga de Italia. De orixe prehistórica, foi municipio romano antes de ser ocupada polos visigodos no 410 e polos longobardos no 574. Durante os ss XII e XIII, baixo o dominio dos Chiavelli, alcanzou unha gran prosperidade. Converteuse no centro da industria papeleira italiana e tivo unha destacada escola pitórica. Entre 1610 e 1808 dependeu do poder pontificio e desde 1849 integrouse na República Romana. Do seu patrimonio cultural destacan o palacio da Podestà (s XIII) e o Duomo (s XIV).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen fabrica ou posúe unha fábrica.

    2. Aplícase á empresa dedicada a producir mercadorías ou a transformar unha fonte de enerxía en grandes cantidades para a súa posterior venda a distribuidores, a almacenistas ou directamente aos consumidores.

    VER O DETALLE DO TERMO