Fabian Society
Fabian Society
Asociación socialista británica constituída en Londres en 1883, inspirada nos métodos de conciliación do cónsul romano Quinto Fabio Máximo Verrugoso. Dirixida por Edward Pease, o núcleo inicial compoñíase de escritores (Bernard Shaw, H.G. Wells) e economistas (Sidney e Beatrice Webb). Os fabianos contribuíron á creación do comité para a representación do traballo, integrado no Labour Party desde 1906. Ocupouse da difusión do socialismo, defendeu a nacionalización da industria e tivo influencia sobre os políticos laboristas e os dirixentes das trade unions.