Fabia
Fabia
Antiga familia aristocrática romana que afirmaba descender de Hércules e que ocupou as principais maxistraturas dende o comezo da República. Segundo unha tradición, dirixiron a guerra contra Veies (479 a C-477 a C) e na Batalla de Cremena morreron todos os seus membros agás Quinto Fabio Vibulano (?-450 a C), demasiado novo para participar na guerra e continuador da familia.