Fabriano

Fabriano

Cidade da provincia de Ancona, Italia, situada nos Apeninos Centrais (28.364 h [1991]). Considérase o centro da industria papeleira e metalúrxica máis antiga de Italia. De orixe prehistórica, foi municipio romano antes de ser ocupada polos visigodos no 410 e polos longobardos no 574. Durante os ss XII e XIII, baixo o dominio dos Chiavelli, alcanzou unha gran prosperidade. Converteuse no centro da industria papeleira italiana e tivo unha destacada escola pitórica. Entre 1610 e 1808 dependeu do poder pontificio e desde 1849 integrouse na República Romana. Do seu patrimonio cultural destacan o palacio da Podestà (s XIII) e o Duomo (s XIV).