"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Subdivisión dun sector principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen substitúe a outra persoa nun cargo ou fai as veces doutra nunha determinada situación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo que constitúe a parte esencial do ser.

      1. Aquilo que está baixo unha cousa e constitúe o seu soporte.

      2. Calquera material sólido diferente do solo que se emprega como soporte dunha planta. Distínguense dos solos naturais porque están separados do lugar orixinal onde se forman e porque se producen por mesturas de materiais naturais ou artificiais. Clasifícanse en: substratos orgánicos, dos que destacan as turbas e os materiais que se obteñen por procesos de fermentación e descomposición da materia orgánica, os substratos artificiais, como os plásticos, e os substratos inorgánicos como a perlita, vermiculita e os novos compostos formados a partir dos residuos orgánicos urbanos e lodos de depuradoras. As propiedades físicas e químicas destes substratos varían amplamente, así, as mesturas son moi comúns para obter un substrato mixto relacionado coas demandas de cada cultivo.

      3. Terreo ou lugar que serve de soporte a unha planta ou animal fixo.

    2. Capa ou estrato inferior.

    3. Lingua que, a consecuencia dunha invasión de calquera tipo, queda somerxida ou substituída por outra en que deixa pegadas. Os trazos máis estables do substrato pertencen sobre todo á fonética, ao léxico non fundamental e á toponimia. A morfoloxía e o léxico básico, en cambio, raramente sobreviven na lingua de importación. Un dos primeiros que falou da influencia do substrato foi o romanés Kopitar (1829), pero foi sobre todo G. I. Ascoli, creador do termo, quen desenvolveu o seu estudo, continuado por outros como Merlo, J. Hubschmid, Jud, Wartburg, Menéndez Pidal ou Corominas.

    4. Substancia sobre a que actúa un enzima.

    5. Soporte de material semicondutor que se dopa para obter zonas p e n e constituír así un circuíto integrado. As súas funcións son a de servir de soporte mecánico e a de disipar calor.

    6. Substancia de partida que se desexa transformar mediante unha reacción química.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido sucínico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se expresa con poucas palabras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Líder da independencia suramericana, foi xeneral e lugartenente de Simón Bolívar (1818) e encomendóuselle a liberación de Ecuador. Vencedor en Junín e Ayacucho (1824), Bolívar encomendoulle a organización do Alto Perú e ambos os dous redactaron unha constitución. En 1826 foi elixido presidente da República Bolívar, seguindo os desexos dos crioulos de Charcas e Potosí. Dimitiu en 1828 despois de asinar o Tratado de Piquiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é moi saboroso.

    2. Aplícase ás follas, talos e plantas que son moi carnosas, grosas e substanciosas, como as das cactáceas e as das crasuláceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Departamento quente das termas romanas onde se provocaba a exsudación previa ao baño.

    2. sudorífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo sudeto.

    2. Individuo do pobo sudeto.

    3. Pobo de fala alemá que habita nas terras de Bohemia fronteirizas con Alemaña. Descendentes de colonos xermánicos chegados a partir do s XIII, unha parte deles demandou en 1919 a incorporación do seu territorio á República Alemá, pero o Tratado de Saint--Germain adscribiuno a Checoslovaquia. Esta reivindicación reavivouse en 1933 cando, co apoio de Hitler, Konrad Henlein fundou a Fronte Patriótica dos Alemáns Sudetos, transformado en 1935 en Partido Alemán dos Sudetos, que triunfou nas eleccións lexislativas de 1935 e nas municipais de 1938. A Conferencia de Múnic (29-30 de setembro) acordou a anexión da rexión do Sudety por Alemaña, se era ratificada por un plebiscito. Pero o plebiscito non se chegou a realizar, pois o 1 de outubro de 1938 o exército alemán ocupou o territorio, do que, ao volver a Checoslovaquia en 1945, foron expulsados case tres millóns de sudetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Foi redactor de El Ideal Gallego e Faro de Vigo, subdirector de La Voz de Asturias e colaborador de La Voz de Galicia. En 1967 incorporouse a RTVE. Destacan as obras Comer en Galicia (1981), Cocina y vinos de Galicia (1982), Galicia: las mil y una fiestas (1983), Galicia: romería interminable (1983), en colaboración con A. Nieto, e El libro del marisco (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e escritor. Protexido de Plinio o Mozo, foi secretario do Emperador Adriano. Escribiu De viris illustribus, biografías de homes de letras latinos e, cando redactaba De vita Caesorum, as biografías dos césares desde Xulio César ata Domiciano, caeu en desgraza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao cónsul romano que se designaba en substitución dun cónsul ordinario que morrera ou abdicara antes de rematar o seu mandato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de sufrir.

      1. Padecemento, físico ou psíquico, máis ou menos prolongado.

      2. sufrimento fetal

        Estado patolóxico do feto que deriva dun deficiente abastecemento de osíxeno aos tecidos. Pode orixinar lesións irreversibles no sistema nervioso e outros órganos, que poden comportar a morte do feto ou secuelas definitivas. Pódese producir a consecuencia dunha alteración no organismo materno, de complicacións do embarazo, de alteracións do parto ou de anomalías do feto mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político indonesio. En 1940 ingresou no exército neerlandés das Indias Orientais, pero durante a Guerra do Pacífico (1943) pasou ás forzas xaponesas por motivos nacionalistas. Rematada a guerra, participou na loita contra o dominio neerlandés (1945-1949). Xeneral de brigada (1962), en 1965 dominou un intento revolucionario comunista e a seguir asumiu o poder efectivo. Xefe de estado maior e ministro de Defensa, en 1967 fixo dimitir o presidente Ahmet Sukarno, e substituíuno (1968). Desde entón encabezou un réxime autoritario que perseguiu os comunistas e a oposición en xeral; anexou pola forza Nova Guinea Occidental (1969) e o antigo Timor portugués (1976). Abandonou o cargo en 1998.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfamida de excreción lenta que se administra nunha única dose diaria, das que a primeira é o dobre das seguintes. Emprégase no tratamento de diversas infeccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfamida que actúa impedindo a transformación do ácido p-aminobenzoico (PABA) en ácido fólico. A súa absorción por vía oral é rápida e a súa eliminación non é total ata despois de 72 horas. A importancia do sulfametoxazol está na combinación que forma co trimetoprim, que ten actividade contra bacterias Gram-positivas e Gram-negativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfamida de rápida absorción e lenta eliminación, cunha semivida de 24-60 horas. Elimínase principalmente polos ouriños, parte sen metabolizar e parte en forma de conxugados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sal ou éster do ácido sulfúrico, que se forma por substitución dos dous átomos de hidróxeno. Coñécense sulfatos de case todos os metais e é común a formación de sulfatos dobres, especialmente entre un metal trivalente e un monovalente. Son solubles en auga, agás os alcalinotérreos, o de calcio, o de bario, o de estroncio e os de chumbo e prata. Os sulfatos neutros obtéñense, en xeral, por reacción do ácido sulfúrico cun metal, un hidróxido, un óxido ou un sal doutro ácido, ou por oxidación de sulfuros e sulfitos. Un gran número de sulfatos atopan unha importante aplicación industrial, como os de sodio, potasio, calcio, amonio e cobre (II).

    2. Dianión de fórmula SO 4 2- , que deriva formalmente do ácido sulfúrico por perda dos dous átomos de hidróxeno da súa molécula. 

    3. Calquera tipo de substancia usada para combater as pragas das plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal ou éster dun ácido sulfénico, de fórmula xeral R1-S-OR2, onde R2 é un metal, un alquilo ou un arilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal ou éster dun ácido sulfínico, de fórmula xeral R1-SO-OR2, onde R2 é un metal, un alquilo ou un arilo.

    VER O DETALLE DO TERMO