"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • supercondutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á zona faunística litoral que, aínda que normalmente se atopa sobre o nivel da auga, queda mergullada durante as mareas excepcionalmente altas e polas grandes vagas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escisión ou extirpación dunha glándula suprarrenal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Avia en Amiudal (Avión). Trátase dunha ponte de cantaría do s XIX cun só van lixeiramente apuntado. Atópase no camiño vello de Surribas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no L da parroquia da Ponte (A Veiga), no límite con Zamora. O seu cumio acada os 2.053 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que foi mencionado anteriormente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de sustentar ou sustentarse.

    2. Aquilo que serve para sustentar ou sustentarse, especialmente a comida.

    3. Aquilo que serve de protección ou amparo a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impresión súbita de medo producida por algunha situación imprevista ou repentina que causa unha sensación de ameaza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sutorios.

    2. Protozoo da subclase dos sutorios.

    3. Subclase de protozoos cilióforos incoloros, de tamaño inferior a 100 ì, que se reproducen sexualmente ou por xemación, en cuxo caso se forma unha xema con dúas bandas ciliares que se desprende, nada libremente e que máis tarde vai para o fondo para dar lugar ao individuo adulto. Son organismos que viven en auga doce ou mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Inglaterra que forma parte da aglomeración de Londres (179.768 h [2001]). Situada ao S da capital, está integrada polas antigas poboacións de Sutton e Cheam, Carshalton e Beddington e Wallington, do condado de Surrey.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado metropolitano de West Midlands, Inglaterra, Reino Unido (103.097 h [1981]), situada ao NL de Birmingham, que forma parte da súa aglomeración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático. Coñecido como lord Lexington, foi segundo barón de Lexington. Foi embaixador inglés en Turquía (1701) e en España (1712).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de suxeitar ou suxeitarse.

    2. Que está collido ou agarrado con forza a algo ou alguén.

    3. Que está sometido á autoridade de algo ou alguén.

      1. Persoa á que se fai referencia dunha maneira imprecisa.

      2. Ente, tradicionalmente concibido como substancia, consciente e principio de acción que se contrapón ao obxecto e que se identifica eminentemente co home. Ten sido interpretado de diversas maneiras, desde o denominado suxeito empírico, ao que se refiren as sensacións e impresións cognoscitivas, ata o kantiano suxeito transcendental.

      1. Función sintáctica que desempeña un substantivo, pronome ou sintagma nominal en concordancia co verbo, que indica quen realiza ou que cousa orixina a acción do verbo. Nas oracións modotemporais o verbo varía en persoa e número debido á concordancia co suxeito (Aquí o mellor resultado obtéñeno, xeralmente, as mulleres). Nas amodotemporais pódense dar situacións diversas: nas de infinitivo hai acordo en número e persoa se o infinitivo está flexionado (Gastastes moito diñeiro por non pintardes vós mesmos o corredor), pero sempre existe a posibilidade de non o flexionar (Gastastes moito diñeiro por non pintar vós mesmos o corredor), nas de participio o suxeito concorda en xénero e número, non en persoa (Resolto o problema e feitas as paces, fomos cear todos xuntos) e nas de xerundio non se establece ningún acordo (Chegando os convidados, sentámonos á mesa).

      2. Elemento ou conxunto de elementos lingüísticos que nunha oración desempeñan a función de suxeito.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa xaponesa de vehículos motorizados fundada en 1909 por Michio Suzuki, con sede en Hamamatsu (Shizuoka). Orixinalmente creada co nome de Suzuki Loom Works, en 1954 modificouno polo de Suzuki Motor Co., Ltd. e en 1990 polo de Suzuki Motor Corporation. Especializouse na fabricación de motocicletas e automóbiles, aínda que expandiu a súa actividade cara á fabricación de motores foraborda, xeradores eléctricos, cadeiras de rodas motorizadas e a construción de casas prefabricadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei da Gran Moravia (870-894). Foi recoñecido polos bohemios, o que comportou a implantación do cristianismo en Bohemia. Durante o seu reinado, Moravia chegou ao seu poder máximo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Explorador noruegués. Realizou expedicións a Groenlandia con F. Nansen (1888) e á Terra de Francisco Xosé (1894-1896), como capitán do buque Fram. Descubriu e cartografou numerosas illas, entre elas as que se inclúen no arquipélago Sverdrup. Explorou o mar de Kara e os esteiros do Obi (1914) e do Ienisei (1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran príncipe de Kiev (945-972), fillo de Ígor de Kiev. Derrotou os kházaros no baixo Don e os circasianos ao N do Cáucaso (963-965). Foi derrocado polo Emperador Xoán I Tzimisces de Bizancio (971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oivodato de Polonia (11.672 km2; 1.322.879 h [estim 2000]). A súa capital é Kielce (210.956 h [estim 2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo irlandés. Debutou con In the Shadow of the Glen (1903), creou unha linguaxe adaptada á escena de temática e tradición irlandesas, e enriqueceu o teatro inglés. Da súa produción destacan Riders to the Sea (1904), The Playboy of the Western World (1907) e Deirdre of the Sorrows (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico inglés. En 1944, con Archer John Porter Martin, ideou a análise cromatográfica sobre papel e aplicouna á separación e análise das proteínas da materia viva. En 1952 recibiu, xunto con A.J.P. Martin o Premio Nobel de Química, pola súa participación no desenvolvemento da cromatografía.

    VER O DETALLE DO TERMO