Suzuki Motor Corporation
Suzuki Motor Corporation
Empresa xaponesa de vehículos motorizados fundada en 1909 por Michio Suzuki, con sede en Hamamatsu (Shizuoka). Orixinalmente creada co nome de Suzuki Loom Works, en 1954 modificouno polo de Suzuki Motor Co., Ltd. e en 1990 polo de Suzuki Motor Corporation. Especializouse na fabricación de motocicletas e automóbiles, aínda que expandiu a súa actividade cara á fabricación de motores foraborda, xeradores eléctricos, cadeiras de rodas motorizadas e a construción de casas prefabricadas.