"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Wily, recibiu en 1989 a bolsa Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1989). A súa obra amosa a influencia das tendencias máis vangardistas da escultura, entre outros a de F. Leiro. Talla directamente na mateira e consegue figuras expresionistas e sinópticas en que reelabora a estética surrealista. Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio do Certame de Artes Plásticas Xuventude 90 e o primeiro premio Trienal Latina (Viana do Castelo, 1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Quedou cego moi novo e estudou piano, frauta, composición e harmonía. Foi concertista, mestre de capela en Pontevedra, director de grupos orquestrais de música clásica e desenvolveu un sistema mixto de escritura para cegos en colaboración co doutor Mascaró. Como compositor destaca a súa zarzuela Los hijos de Minerva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico e historiador. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1919), realizou investigacións históricas e heráldicas. En 1926 ingresou no Seminario de Estudos Galegos onde promoveu Terra de Melide (1933). Colaborou en diversas publicacións como Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Nós, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudos Galegos ou o Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Lugo. Das súas obras destacan Cotos e xurisdicións de Galicia: pazo de Santa Mariña de Castro de Amarante (1929) e Don Juan Vázquez de Mella y Galicia (1963). Foi académico correspondente da Real Academia Galega e membro de diversas asociacións de estudos xenealóxicos e heráldicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Profesor de literatura portuguesa e tradutor de F. Pessoa ao italiano, na súa obra, de grande orixinalidade, percíbense mundos únicos rodeados de soños. Gran parte dos seus escritos teñen como escenario Portugal, un país reinventado á súa maneira. Publicou relatos, como Il gioco del rovescio (1982) e diversas novelas, como Notturno indiano (1984, Premio Medicis 1987), Il filo dell’orizonte (1986), Sostiene Pereira. Una testimonianza (1994), coa que obtivo un enorme éxito; A cabeza perdida de Damasteno Monteiro (1997) e A gastrite de Platón (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se deixa adiviñar sen ser expresado formalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador latino. De orixe ecuestre, seguiu a carreira política despois dos estudos obrigados de oratoria e leis. Foi senador, rodeado xa dunha notable sona de orador en 78. Foi pretor (88), cónsul (97) e procónsul en Asia Menor (112-113). A súa obra mostra o paso da elocuencia á historia. Escribiu De oratibus (80?); Historias, unha crónica sen título, en 12 ou 14 libros, que abarca desde a morte de Nerón ata a de Domiciano (69-96) e da que se conservan os catro libros primeiros e unha parte do quinto; e Anais (115?), outra crónica, en 16 ou 18 libros, que abarca desde a morte de Augusto ata a de Nerón (14-68), da que se conservaron os primeiros libros e algúns fragmentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (275-276). Elixido polo Senado para suceder a Aureliano, aniquilou aos hérulos e aos godos en Pont. Morreu asasinado, traicionado polas súas propias tropas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sentido mediante o que son percibidas as calidades palpables dos obxectos.

    2. Acción de tocar.

    3. Calidade da superficie de algo que se percibe ao apalpala.

    4. Habilidade para obrar segundo a oportunidade, as circunstancias ou as conveniencias sociais.

    5. Exploración, por palpación cun ou máis dedos, do interior dunha cavidade.

    6. Antiga unidade de duración baseada no ritmo cardíaco que regulaba o tempo de execución musical. Independente da acentuación métrica, comportaba divisións das que as máis habituais eran o tempo binario e o ternario. Foi substituído no s XVII polo compás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • estesiómetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Seguidor de A. Lorenzetti, divulgou o seu estilo máis alá dos límites de Siena e da mesma Toscana. Ten obras nas catedrais de San Gimignano e de Montepulciano e no Palazzo Pubblico de Siena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Relacionado con diferentes escritores e políticos galeguistas, a súa obra poética inscríbese dentro das liñas modernistas de Ramón Cabanillas e Gonzalo López Abente, aínda que con algúns dos trazos vangardistas da obra de Manoel Antonio. Colaborou coas Irmandades da Fala e con diferentes publicacións, como Nós, A Nosa Terra e O Tío Marcos da Portela. Das súas obras destacan os poemarios Abrente (1922), onde se localizan algunhas características da estética de Cabanillas, Curros ou Pondal; e Da vella roseira (1925), en que mestura composicións de tradición popular con outras máis cultas; e o libro Da agra aberta (1956), en que inclúe contos e lendas populares. Foi membro do Instituto de Estudios Históricos do Miño e da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capacidade intelectual e creativa dunha persoa.

    2. Habilidade ou capacidade natural que ten alguén para desempeñar con acerto unha actividade.

    3. Persoa que ten esta capacidade ou aptitude.

    4. Unidade de peso e monetaria de orixe probablemente babilonia, que se empregaba na Antigüidade como unidade de peso. En Grecia equivalía a seis minas e en Roma a cen ases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten talento ou capacidade intelectual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador grego. Foi o primeiro representante da escola naturalista de Mileto e considerouse tradicionalmente como un dos sete sabios de Grecia. Orientouse cara ao estudo dos fenómenos naturais e atribuíronselle diversas proposicións de xeometría elemental, como o teorema que leva o seu nome. Rexeitou as explicacións míticas da orixe do mundo e atribuíu unha orixe natural a todo, co convencemento de que detrás dos fenómenos cambiantes hai un principio común e esencialmente invariable. Considerou a auga como principio de todas as cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Tallo. Realizada en cantaría e cachotaría durante os ss XVI e XVII, orixinariamente foi un conxunto de dúas torres. Máis tarde remodelouse e ambas as dúas foron unidas cun corpo rectangular. Destaca a fachada, cun soportal apoiado sobre tres piares de cantaría sobre o que se abre unha solaina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten talo.

      1. Grupo de vexetais cunha organización histolóxica de tipo talo. Neste inclúense os fungos, liques e algas.

      2. Relativo ou pertencente ás talófitas.

      3. Vexetal do grupo das talófitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en 1980 en Santiago de Compostela e pertencente ao grupo Edelvives. Dirixida por Antonio Martínez Fernández, José Luis Llana Gutiérrez e Isabelino Reine Carrasco, ten máis de douscentos libros publicados. Céntrase fundamentalmente na edición de literatura infantil e xuvenil, libros e manuais de texto para primaria, secundaria e bacharelato, e produtos multimedia. Divide a súa produción editorial nas coleccións: “Ala Delta”, “Catavento”, “Álbum de cores”, “Podo ler... inglés”, “A Casiña”, “Os libros grandes da ratiña pequena”, “Cadernos”, “Ler e colorear” e “Coloreo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estoniano. A súa obra retrata a vida nacional de ambiente campestre, con agudas anotacións psicolóxicas. Destacan Kōrboja peremees (Campesiños de Korboja, 1922) e Tode ja Ogus (Verdade e xustiza, 1962-1963), un ciclo de cinco novelas sobre as vicisitudes do pobo estoniano ao longo de tres xeracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • herba lombrigueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se utiliza na formación de palabras co significado de ‘morte’.

    VER O DETALLE DO TERMO