Tallo, pazo das torres de
Tallo, pazo das torres de
Construción situada en Tallo. Realizada en cantaría e cachotaría durante os ss XVI e XVII, orixinariamente foi un conxunto de dúas torres. Máis tarde remodelouse e ambas as dúas foron unidas cun corpo rectangular. Destaca a fachada, cun soportal apoiado sobre tres piares de cantaría sobre o que se abre unha solaina.