tallo

tallo

(< tallar)

  1. s m

    Corte feito co gume dun instrumento cortante.

    Sinónimos: talladura.
  2. s m

    Banco baixo e sen respaldo, polo xeral para unha soa persoa, formado por un toro tallado dunha árbore ou o feito en carpintaría con tres ou catro patas.

  3. s m

    Toro tallado dunha árbore que se utiliza para distintas finalidades como cortar carne ou picar leña.

  4. s m

    Banco alongado de madeira sobre o que se deita o porco para matalo.

  5. s m

    tallón.