Tallinn

Tallinn

Capital de Estonia, situada na costa meridional do golfo de Finlandia e na badía de Tallinn (399.850 h [2001]). En 1219 os daneses levantaron unha fortaleza no lugar do antigo burgo estoniano de Lindanassa. En 1284 a cidade ingresou na Liga Hanseática. Rendeuse a Pedro o Grande de Rusia en 1710. Despois da proclamación da República de Estonia en 1918, foi capital desta e da República Soviética creada en 1940. Ocupada polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial, en 1944 volveu a control soviético ata que en 1991 Letonia proclamou a súa independencia. A zona monumental da cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1997).