Tabuchi, Antonio

Tabuchi, Antonio

Escritor. Profesor de literatura portuguesa e tradutor de F. Pessoa ao italiano, na súa obra, de grande orixinalidade, percíbense mundos únicos rodeados de soños. Gran parte dos seus escritos teñen como escenario Portugal, un país reinventado á súa maneira. Publicou relatos, como Il gioco del rovescio (1982) e diversas novelas, como Notturno indiano (1984, Premio Medicis 1987), Il filo dell’orizonte (1986), Sostiene Pereira. Una testimonianza (1994), coa que obtivo un enorme éxito; A cabeza perdida de Damasteno Monteiro (1997) e A gastrite de Platón (1999).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vechiano, Toscana