"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Sal ou éster do ácido tartárico.

    2. tártaro emético.

    3. cremor tártaro.

    4. Sal do ácido tartárico dextroxiro, que se presenta en forma de cristais incoloros, eflorescentes no aire, de gusto salino, solubles en auga e insolubles en alcohol. Obtense por precipitación con carbonato sódico dunha solución de tartarato de hidróxeno e potasio. OBS: Tamén se denomina sal de Seignette ou sal de la Rochelle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extirpación do sarro dental mediante procedementos instrumentais mecánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano, fillo de Bernardo Tasso. As súas poesías, recollidas en Rime, constitúen unha obra aberta. Aminta (1573) é un drama pastoral coñecido na Península Ibérica grazas á tradución de J. de Jáuregui (1607). A súa obra capital é La Gerusalemme liberata (1579), poema épico en 20 cantos e en oitavas, escrito entre 1570 e 1575. Máis tarde, entre 1587 e 1592, realizou unha refundición titulada La Gerusalemme conquistada (1593), que deu máis importancia á acción da conquista de Xerusalén. Das súas obras menores destacan o seu epistolario e os escritos teóricos relacionados con cuestións de poética e de estética, o poema cabaleiresco Rinaldo (1562); e 26 Dialoghi, Il re Torrismondo (1586) e Le sette giornate del mondo creato (1592-1594).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cheiro ou sabor forte e desagradable dalgúns alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo ou filla do bisneto ou da bisneta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial creada en 1954 polo libreiro Francisco Pérez González e o estudante colombiano Rafael Gutiérrez Girardot, e integrada desde 1974 no Grupo Santillana. As súas coleccións abranguen teoría crítica, pensamento, filosofía, filoloxía, literatura, historia, ciencias sociais, biografías e memorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘o mesmo’, ‘mesmo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • isocronismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Repetición dun mesmo son ou dun mesmo grupo de sons nunha palabra (tetraedro), que pode orixinar fenómenos lingüísticos como a disimilación, a metátese ou a apócope.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema feito con palabras que comezan coa mesma letra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Repetición dun mesmo pensamento expresado de maneiras distintas. De forma despectiva adopta o sentido de repetición inútil e viciosa.

    2. Proposición ou fórmula lóxica que nun sistema dado só admite o valor de verdade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á tautoloxía.

    2. Aplícase ao nome que lle dan os lóxicos á lóxica e ás matemáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de isomería en que as especies isoméricas existen en equilibrio e poden interconverterse mediante procesos reversibles. Historicamente este concepto foi introducido por C. Laar en 1885 para explicar o comportamento do acetoacetato de etilo. Os equilibrios tautoméricos foron clasificados por C. K. Ingold en anionotropías e cationotropías. Nas anionotropías o paso dunha estrutura a outra prodúcese pola migración dun anión, mentres que nas cationotropías transcorre mediante a migración dun catión. Un caso particular de cationotropía é o prototropismo, que constitúe o tipo máis común de tautomería. Ao lado destas destacan outras como a tautomería anel-cadea e a tautomería de valencia. A tautomería anel-cadea preséntase en toda unha variedade de compostos β, γ e δ difuncionais cun gran grupo saturado e un de insaturado, e consiste no equilibrio entre unha forma de cadea aberta e unha cíclica. A tautomería de valencia preséntase naqueles...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a cada unha das formas en equilibiro nun sistema tautomérico.

    2. Aplícase ao órgano que se localiza nun lado do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao grupo vocálico ou consonántico que pertence a unha mesma sílaba: ai-re, cons-tru-ción. OBS: Oponse a heterosilábico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Preito documentado en 1526 que constitúe a principal fonte de información sobre as Guerras Irmandiñas. Foi levado a cabo por iniciativa de Juan Pardo Tavera, arcebispo de Santiago de Compostela, para ponderar o dano feito nas revoltas dos irmandiños, inventariar as posesións da mitra compostelá e buscar responsabilidades sobre a desaparición dalgunhas delas ao seu antecesor, Alonso III de Fonseca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. En 1993 recibiu, xunto con R. A. Hulse, o Premio Nobel de Física polo descubrimento dun novo tipo de púlsar, o que abriu novas posibilidades no estudo da gravitación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía creada en 1996 en Santiago de Compostela por Gloria Rico, Pablo Rodríguez e Xabier Picallo. Dos seus espectáculos destacan Cachorros sen domesticar (1996) con dirección de Xabier Picallo; Interruptus   (1997), Interruptus II (1998) e Interruptus III (1999), propostas realizadas en coprodución con Pífano Teatro, e Detritus corazón (1998), con dirección de Xabier Picallo. O seu traballo busca dunha síntese entre tendencias estéticas, con especial atención ao kitscht e a presentación de temáticas relacionadas cunha sexualidade desinhibida e libre.

    VER O DETALLE DO TERMO