"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Tebra (Tomiño). A torre ten orixe nunha antiga fortaleza, propiedade de Alonso Gómez Churruchao. No s XV foi reformada por ; Pedro Madruga, para defenderse do arcebispo de Santiago de Compostela e da vila de Baiona. Foi destruída parcialmente en 1482 e erixida de novo en 1532 por Álvaro Suárez de Deza. Conserva o escudo de armas da familia. Xunto a ela erixiuse o pazo de planta rectangular e coa torre pegada cara á parte oriental. Na súa fachada principal atópanse dúas escaleiras de acceso. Conserva a capela. Foi declarado BIC en 1995.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo artístico formado en Londres en 1932 por Berthold Lubetkin ao que pertencen Anthony Chity, Lindsay Drake, Michael Dugdale, Val Harding, Denis Lasdun e G. Samuel. Reformaron o zoolóxico de Londres e, das súas obras, dun racionalismo ortodoxo, cómpre destacar o Centro Sanitario (1938), as vivendas Spa Green e Priory Green (1951), en Finsbury ou os bloques Flats (1954), en Paddington.
-
-
Conxunto de deformacións que afectan as rochas e que producen dobramentos, fracturas ou esquistosidade.
-
Parte da xeoloxía que estuda as deformacións tectónicas.
-
Hipótese segundo a que a litosfera está formada por placas ríxidas que flotan sobre a astenosfera, que é máis plástica. As primeiras teorías xurdiron da observación de que a forma da costa O de África correspondía bastante á do L de América do Sur, o que fixo pensar nunha remota unión entre ambos os dous continentes. En 1912 Wegener enunciou a teoría da deriva dos continentes. O avance do coñecemento do fondo oceánico deu lugar á teoría da expansión dos fondos oceánicos (Hess, 1960), que xunto coa recuperación da deriva dos continentes, fixo xurdir a teoría da tectónica de placas, cuxa principal diferenza coa de expansión dos fondos oceánicos é que supón que os continentes se desprazan xunto cos fondos.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á estrutura da superficie terrestre transformada pola tectoxénese.
-
estilo tectónico
Forma característica que adquire o relevo a causa das forzas oroxénicas, que cando actúan en rexións de gran plasticidade dan lugar ao estilo tectónico alpino, e cando o fan sobre bloques resistentes xorde o estilo tectónico xermánico. Entre estes cómpre considerar o estilo tectónico saxón, que se forma en rexións intermedias entre os maiores xeosinclinais e os bloques cristalinos, nos que o groso dos sedimentos se reduce e non permite un dobramento perfecto.
-
-
Relativo ou pertencente á cirurxía plástica ou aos transplantes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Subgrupo de minerais, do grupo dos silicatos, que se clasifican segundo a súa estrutura. Os tetraedros de SiO4 únense con eles mesmos formando unha estrutura tridimensional que pode ter, ou non, valencias libres, a diferenza dos feldespatos, que teñen cargas repartidas na súa estrutura a causa de substitucións de Si por Al nalgúns tetraedros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de fenómenos, oroxénicos ou epiroxénicos, que modifican e transforman a estrutura da superficie terrestre.
-
-
Estrutura superficial do corpo dun animal que o separa do medio externo, como a membrana celular, a pel, a cutícula, os exoesqueletos, a cuncha, as escamas, as plumas ou a pelaxe.
-
-
Órgano ou parte orgánica que envolve a outro e o protexe.
-
Envoltura que protexe o primordio seminal, xeralmente hai un tegumento externo ou primina, e un tegumento interno ou secundina.
-
-
-
PERSOEIRO
Músico. Estudou nos conservatorios de Vigo e Madrid, e formou parte da Banda da Garda Real de Alfonso XIII en Madrid, e da Banda Municipal de Vigo. Ademais dirixiu diversas bandas municipais e coros da provincia de Pontevedra. Das súas composicións destaca o pasodobre A Reconquista de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Parte superior que cobre unha construción, especialmente desde o punto de vista da cara interna.
-
-
Cuberta superior dunha casa ou dun edificio, que está formada por unha estrutura de trabes en pendente, recuberta de tellas, lousas ou doutros materiais.
-
Parte interior dunha casa, dun cuarto ou de calquera construción, que a limita por riba, en oposición ao chan ou pavimento que o fai por baixo. Cando separa dous cuartos superpostos, serve de teito aos de abaixo e de pavimento aos de arriba.
-
falso teito
Teito sen función construtiva que se separa da estrutura da cuberta por unha cámara de aire.
-
falso teito colgante
Falso teito que se constrúe independentemente do entramado do chan que serve para atenuar os ruídos.
-
-
-
Altura máxima que acada algo ou alguén.
-
Altura máxima que pode acadar unha liña aérea, en función da carga das súas ás e da potencia dos seus motores.
-
-
Situación atmosférica en que as nubes están por debaixo dos 3.000 m e cobren máis da metade do ceo.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cedeira. Construída en estilo gótico-barroco durante os ss XVI-XVIII, da anterior igrexa só conserva unha porta no muro N e as pinturas murais, que representan o martirio do santo, tapadas en parte polo retablo barroco. No exterior, destaca a torre campanario do s XVIII de base cadrada e formada por tres corpos decrecentes e cuberta cunha cúpula rematada en pináculo. Nas súas inmediacións celébrase unha romaría o 8 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenente coronel da Garda Civil. En 1978 estivo implicado no intento de golpe de estado coñecido como Operación Galaxia, polo que foi condenado a 7 meses de cárcere. O 23 de febreiro de 1981 ocupou pola forza o Congreso de los Diputados e mantivo retidos aos deputados ata a mañá seguinte. Fracasado o intento de golpe de estado, entregouse. Foi condenado a 30 anos de cárcere e en 1996 acadou a liberdade condicional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Imaxe que pode ser enviada por medio de ondas radioeléctricas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fototelegrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fototelégrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Receptor que é propio de televisión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema teleinformático en que a información se transmite simultaneamente xunto cos programas televisivos ordinarios, mediante sinais codificados. En 1973 a BBC realizou en Inglaterra as primeiras probas de emisión experimental e en 1976 as emisións xa foron regulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espora dicariótica, pedunculada e de membrana grosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partenoxénese en que só se producen femias.
-
PERSOEIRO
Militar. En 1932 secundou ao xeneral Sanjurjo e foi desterrado ao Sáhara español. Amnistiado, mandou o primeiro terzo da Legión. Ao remate da Guerra Civil foi gobernador militar de Lugo. En 1943 foi separado do exército e, acusado de empregar soldados e prisioneiros de guerra nas obras do seu pazo de Adai, foi confinado en Albacete e Palencia.
VER O DETALLE DO TERMO