teito
(< lat tectu)
-
s
m
Parte superior que cobre unha construción, especialmente desde o punto de vista da cara interna.
-
[CONSTR]
-
s
m
Cuberta superior dunha casa ou dun edificio, que está formada por unha estrutura de trabes en pendente, recuberta de tellas, lousas ou doutros materiais.
-
s
m
Parte interior dunha casa, dun cuarto ou de calquera construción, que a limita por riba, en oposición ao chan ou pavimento que o fai por baixo. Cando separa dous cuartos superpostos, serve de teito aos de abaixo e de pavimento aos de arriba.
-
falso teito
Teito sen función construtiva que se separa da estrutura da cuberta por unha cámara de aire.
-
falso teito colgante
Falso teito que se constrúe independentemente do entramado do chan que serve para atenuar os ruídos.
-
s
m
-
s
m
-
Altura máxima que acada algo ou alguén.
-
[AERON]
Altura máxima que pode acadar unha liña aérea, en función da carga das súas ás e da potencia dos seus motores.
-
-
s
m
[METEOR]
Situación atmosférica en que as nubes están por debaixo dos 3.000 m e cobren máis da metade do ceo.