"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. En 1942 trasladouse á Coruña como arquitecto do Patrimonio Artístico Nacional. Colaborou con Santiago Rey Pedreira e especializouse na construción de vivendas sociais. Colaborou na creación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), que presidiu entre 1979 e 1981, e da Escola Superior de Arquitectura da Coruña. Presidiu a Asociación de Artistas da Coruña (1947-1949), o Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España e a Hermandad Nacional de Arquitectos. Dirixiu a Revista Nacional de Arquitectura e colaborou como ilustrador en ABC e Blanco y Negro. Pertenceu á Real Academia Galega, á Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura por Arquitectura del jardín español.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Estudiou dereito na Universidad de Salamanca e xornalismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid. Comezou a súa andaina profesional como redactor de El Pueblo Gallego. A partir de 1965 trasladouse a Madrid á redacción de Blanco y Negro e, posteriormente, ao equipo do diario Madrid e Cambio 16. Desde ese momento iniciou a súa etapa como reporteiro en países do Terceiro Mundo. Especializado na problemática dos países do Terceiro Mundo, escribiu as biografías de Ernesto Che Guevara e Patricio Lumumba, e traduciu o libro do Rei Hussein de Xordania Mi guerra con Israel. En 1983 a Asociación de Periodistas Europeos constituíu un premio co seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Deportista. Participou nos Xogos Olímpicos de México 1968, Múnic 1972, Montreal 1976 e Moscova 1980 na disciplina de tiro olímpico.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e galerista. Destacado acuarelista, cultivou a paisaxe campesiña e mariñeira. En 1942 realizou a súa primeira exposición de acuarelas no Casino Ferrolano e desde 1972 realizou exposicións individuais e participou en mostras colectivas por toda Galicia e España. Recibiu o Primeiro Premio de Óleo e Acuarela (A Coruña, 1943 e 1956) e o Primeiro Premio de Óleo da V Exposición de Arte Seu (A Coruña, 1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz. Participou en espectáculos do Centro Dramático Galego como A noite vai coma un río (1986), con dirección de Xulio Lago, ou A pousadeira (1987), con dirección de Xan Cejudo. Tamén traballou en Da Vinci levaba razón (1987), producido por O Moucho Clerc. Como integrante do Teatro Nacional de España participou na montaxe de Fuenteovejuna. Ademais, rodou dúas curtametraxes que tiveron unha ampla difusión.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Concheiro, formouse con Fernando Álvarez de Sotomayor. Colaborou con Felipe Bello Piñeiro no grupo Altamira e participou nos círculos artísticos locais. Asistiu en Madrid a cursos no Círculo de Bellas Artes e realizou exposicións en Ferrol, A Coruña, Tánxer e Arxel.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e político. Foi fiscal interino en Santiago de Compostela (1835-1841) ata ser nomeado fiscal da Audiencia de Valladolid (1841). Elixido deputado a Cortes (1841), foi ministro da Audiencia e da Chancelería de Valladolid (1854) e rexente das audiencias de Puerto Rico (1856) e La Habana (1858). De volta a España, foi conselleiro de Estado (1861-1865). Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista. Acudiu coa selección española ao Campionato Mundial para menores de 20 anos que se disputou en Nixeria en 1999 e no que se proclamou campión e máximo goleador. Co Celta debutou na Primeira División da liga española e nas competicións europeas de clubs na tempada 2000-2001, e proclamouse campión da Copa Intertoto de 2000 e subcampión da Copa do Rei. Na tempada 2001-2002 fichou polo Ipswich Town, co que participou na Premier League inglesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Alexandro, a súa obra caracterízase polo tratamento xestual propio do informalismo, valorando a mestura de materiais diversos. Realizou exposicións en distintas cidades europeas e a súa obra está presente, entre outras coleccións, no Museo de Ourense, na Deputación da Coruña e na Universidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e fotógrafo. Coñecido como Xavier Galiza, os seus inicios profesionais foron no mundo da fotografía. Colaborou en diversos xornais galegos e deste período destaca a exposición monográfica El arte prerrománico en Galicia, presentada no Museo de Ourense en 1973. Ese mesmo ano realizou a súa primeira exposición de acuarelas e debuxos en Ourense. As súas acuarelas, conseguidas a base de sucesivos lavados, caracterízanse pola luminosidade e por unha pincelada fina e rica en matices coa que representa paisaxes verídicas con cores, maioritariamente, complementarias. As masas de cor mestúranse e difumínanse de xeito que forman novos tons. Realizou e participou en exposicións en diversas cidades galegas e en Madrid, Valladolid, Oviedo, Berna, París, Laussane e Porto, entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Sacerdote dominicano, foi nomeado cronista de Filipe III en 1612. Das súas obras destacan Historia de la vida y hechos del rey don Enrique III de Castilla (1638), Teatro de las Iglesias de España (1643-1650) e Historia de Felipe III (1777).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas escudo cuarteado: primeiro, en campo de sinople, unha cruz de ouro, baleira e floreteada; segundo, en campo de goles, un castelo de ouro, sumado dun brazo armado, de prata, cunha espada na man, do mesmo metal; terceiro, en campo de azul, cinco flores de lis de ouro, postas en aspa; cuarto, en campo de azul, un león rampante de ouro; bordo de goles, con oito armiños de prata e oito aspas de ouro, alternando.
-
FAMILIAS
Familia de mestres de obras que traballaron en Santiago de Compostela ao longo dos ss XVI e XVII. Bieto González de Araújo (?-1620?) trasladouse desde Pontevedra a Santiago de Compostela cara a 1590, onde traballou como aparellador en San Martiño Pinario, do que foi mestre maior en 1606. Proxectou a antiga capela de Nosa Señora da Cerca (1595) e realizou, para o concello, a fonte do Camiño e os canos de pedra desde a fonte da praza de San Xoán ata a Acibechería (1597). En 1599 realizou, por encargo da universidade, as columnas para o encadeado da portada do colexio de Fonseca. En 1602 reedificou a capela maior e a sancristía da igrexa de Santa Susana, segundo o proxecto de Xoán de Vila, e en 1608 realizou un lenzo do claustro do colexio da Compañía de Xesús, segundo o seu propio proxecto. Reedificou parte do palacio arcebispal que dá á praza do Obradoiro (1611) e construíu o lenzo da botica do Hospital Real (1619). Francisco González Araújo (?-Santiago...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Continuador do pensamento económico da Escola de Salamanca, baseou a esencia da riqueza na produción. Das súas obras destacan Memorial de la política necesaria y útil restauración a la república de España y estados de ella y desempeño universal de estos reinos (1600).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, dez roeis de goles, postos de tres en tres e un de non-bordo, de azul.
-
PERSOEIRO
Xornalista e economista. Director xeral do grupo Radio Vigo (Cadena SER), realizou estudios de publicidade e graduouse en dirección de empresas polo ICADE.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor e pintor. Coñecido como Álvaro de la Vega, realizou a súa primeira mostra pictórica en 1974 no pazo da Deputación de Lugo. En 1976 trasladouse a Barcelona, onde estudiou na Escola de Belles Arts, realizou diversas exposicións e participou en mostras e concursos, entre outros, na III Bienal d’Art Contemporani, na que obtivo unha mención de honor. Estas primeiras obras estiveron influenciadas pola fotografía e o cómic. Realizou traballos de deseño gráfico e ilustración en diversas publicacións e, en 1985, ingresou na Escola de Belles Arts de Barcelona, onde se licenciou en 1990. Na década de 1980 comezou a esculpir e abandonou a pintura, e traballou principalmente a madeira. As súas primeiras pezas realizounas a partir dun esqueleto sobre o que insería elementos de diferentes materiais. Nos seus comezos realizou figuras solitarias e individualizadas para despois elaborar imaxes seriadas, caracterizadas pola fragmentación da figura. Realizou numerosas mostras individuais...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal e político, fillo de Íñigo López de Mendoza. Formado en leis nas universidades de Toledo e Salamanca (1446-1452), foi bispo de Calahorra (1454), Sigüenza (1467) e Sevilla (1473). Conselleiro de Enrique IV de Castela, procurou o achegamento con Portugal, a alianza cos ingleses fronte a Francia e o recoñecemento da lexitimidade de Xoana a Beltranexa como herdeira fronte á princesa Isabel. Tralo casamento de Fernando e Isabel (1469) e a obtención do capelo cardenalicio (1472) abandonou o partido da Beltranexa. Nomeado chanceler maior do selo (1473-1495), iniciou o saneamento da facenda real, apoiou as propostas de C. Colón e negociou o Tratado de Tordesillas (1494). Arcebispo de Toledo desde 1492, fundou en Valladolid o colexio de Santa Cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Desenvolveu o seu labor en Santiago de Compostela ao redor de 1670. Nos seus obradoiros tipográficos tirou do prelo Oración panegírica, de P. Xosé Valdés, Definiciones morales, do licenciado Manero, e Descripción de los funerales de Doña Mª Luisa de Borbón, de Xosé Rubio, entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor, organista e director de orquestra e coral. Estudiou no Conservatorio de Madrid e, entre outras agrupacións, dirixiu as corais polifónicas El Eco e Follas Novas. Da súa produción destacan as cancións “Alborada Galega”, “Maio longo” e “Tan soio”. Así mesmo, compuxo motetes, pezas para órgano e misas.
VER O DETALLE DO TERMO