"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Emperatriz romana, filla do Emperador Antonino Pío e de Annia Galeria Faustina. Casou co Emperador Marco Aurelio (145) a quen acompañou en diversas viaxes e nas campañas en Xermania.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Brescia, Lombardia? - Brescia 15.2.122) Mártir, irmán de san Xovita. O bispo Apolonio converteuno ao cristianismo e ordenouno sacerdote. Detido polas autoridades romanas, morreu martirizado xunto co seu irmán. Na iconografía represéntanse xuntos, vestidos de segrar ou co grao da orde eclesiástica, e levan como atributos unha espada ou unha cruz. A súa festividade celébrase o 15 de febreiro.
-
PERSOEIRO
Historiador armenio. Foi autor dunha historia de Armenia escrita en grego (344-392), da que só se conserva a copia armenia co título Patmut‘iwn Hayoc‘.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Riez. Ingresou como monxe na abadía de Lerins ao redor do 426 e chegou a abade no 433. Nomeado bispo cara ao 452, enfrontouse aos arrianos e asistiu aos sínodos de Arles e Lyon. Desterrado polo rei visigodo Eurico (477- 484), volveu á súa diocese trala morte do rei. Foi un dos principais defensores da doutrina semipelaxiana. Das súas obras destaca De gratia Dei et humanae mentis arbitrio. A súa festividade celébrase o 28 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mártir en Córdoba, baixo Diocleciano, con Xenaro e Marcial. O seu culto é dos máis antigos de Hispania (s V). Na iconografía viste unha túnica e leva como atributo persoal un forno aceso (símbolo do seu martirio). A súa festividade celébrase o 13 de outubro.
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Durante a súa estadía en Londres (1909-1917) formouse na Royal Academy e na Slade School of Fine Art. Está considerado como o iniciador da pintura matérica e o antecedente do informalismo. Das súas obras destaca a serie Les Otages (1943-1945) e Têtes de partisans (1956-1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse en París con R. A. Houasse e en 1695 obtivo o Prix de Rome que lle permitiu residir en Italia durante cinco anos. Viviu en España, onde copiou as obras das coleccións reais. En 1704 ingresou na Académie Royale de Peinture et de Sculpture coa obra España ofrecéndolle a coroa ao duque de Anjou.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Profesor de Economía Medieval na Université de la Sorbonne (1969-1997), foi director xeral dos Archives de France (1975-1994), presidente da Bibliothèque Nationale de France (1994-1997) e, desde 1997, presidente da comisión francesa da UNESCO. Especializado en historia da Alta Idade Media, a maior parte dos seus traballos centráronse no ámbito da diplomática e da arquivística francesa. Das súas obras destacan Les Finances pontificales à l’époque du grand schisme d’Occident 1378-1409 (1966), La Guerre de Cent ans (1982) e La France médiévale, les Grandes Découvertes, Philippe le Bel et Chronique de la Révolution (1988). Foi galardoado, entre outros, cos títulos de Oficial da Légion d’Honneur e da Ordre National du Mérite e co de Commandeur da Ordre des Arts e Lettres.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e químico francés. Foi profesor na École de Médicine de París e na Faculté des Sciences de Marsella (1854). Membro da Académie Française des Sciences (1863), que lle outorgou o premio Jecker (1869) e Lacaze (1875). Débenselle importantes traballos científicos, entre outros, a invención, xunto con J. Th. Silbermann, do calorímetro que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Abade do mosteiro de San Paio de Antealtares. Mantivo unha disputa co bispo de Santiago, Diego Peláez, polas obras da catedral románica que invadían os terreos do mosteiro e abolía os dereitos do seu cenobio sobre algúns dos vellos altares da igrexa. Pola Concordia de Antealtares obtivo unha compensación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director de escena irlandés. Foi un dos impulsores do Movemento Dramático Angloirlandés e do Abbey Theatre, onde dirixiu espectáculos como Cathleen ni Houlihan ou Deirdre, a partir de textos de William Butler Yeats e George Russell, e participou en The Playboy of the Western World (O mozo que chegou de lonxe) ou The Well of the Saints (A fontenla dos milagres), sobre textos de John Millington Synge. En 1908 abandonou o Abbey e emigrou a EE UU, país no que continuou a súa traxectoria de actor e director, pero regresou en 1914 a Inglaterra, onde traballou en compañías de Londres e Birmingham. Finalmente, retornou a Dublín, onde volveu traballar no Abbey como profesor de elocución.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Discípulo de Arago, foi nomeado (1876) presidente do Bureau des Longitudes e director do Observatoire de París (1878). En 1843 descubriu o cometa que leva o seu nome. Publicou Sur l’origine du monde (1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Adscribiuse ao grupo Tel Quel e foi cofundador do colectivo e da revista Change (1968). Publicou, entre outras obras, Entre les rues (1958), Fleuve renversé (1959), Battement (1962), Couleurs pliées (1965), Le récit unique (1967), Les troyens (1970) e La théorie du récit (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción heroica que require de moito valor e esforzo para levala a cabo. OBS: Ás veces emprégase con sentido irónico.
-
Resolución ditada polo xuíz segundo o seu libre arbitrio que creaba xurisprudencia e se convertía nun elemento creador do dereito castelán medieval.
-
-
PERSOEIRO
Mártir cristiá na Galia. En tempos dos emperadores Diocleciano e Maximiano, o gobernador da provincia tarraconense, Daciano, mandou abrasala nunhas grellas, xunto coa súa nai Sofía e as súas irmás Esperanza e Caridade, por non renunciar á súa fe. Edificouse un santuario na súa honra en Conques (Francia), no Camiño de Santiago. Na iconografía viste túnica longa e manto coma as virxes, e leva como atributo persoal unha grella (símbolo do martirio). A súa festividade celébrase o 6 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Toén. Construída en estilo románico a finais do s XII e comezos do s XIII, ten unha soa nave e ábsida rectangular con arco triunfal apuntado apoiado en semicolumnas pegadas. A portada principal ten unha dobre arquivolta apuntada, con decoración axadrezada a exterior. No tímpano destaca a cruz de Malta. A cornixa decórase con métopas, canzorros e outros elementos decorativos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción, en estado ruinoso, situada en San Vicente de Elviña (A Coruña). Tiña planta en forma de L con patín e capela.
-
PERSOEIRO
Bispo de Agen. Enfrontouse co arianismo e participou nos concilios de Rimini (359), València (374) e Zaragoza (380). Escribiu, entre outras obras, Contra arianos. A súa festa celébrase o 26 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nadador. Criado en Vigo e fillo de galegos, foi o primeiro olímpico galego, ao competir nas probas de 400 m e 1.500 m libres dos Xogos Olímpicos de Londres 1948.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xesuíta e lingüista. Exerceu o seu labor pastoral entre os araucanos en Chile. Publicou unha gramática do araucano (Arte de la lengua general del reino de Chile, 1764). Coa a expulsión dos xesuítas dos dominios da Coroa española (1767), refuxiouse en Italia, onde publicou, en defensa da Compañía de Xesús, Memoria católica (1783).
VER O DETALLE DO TERMO