Fay, Frank

Fay, Frank

Actor e director de escena irlandés. Foi un dos impulsores do Movemento Dramático Angloirlandés e do Abbey Theatre, onde dirixiu espectáculos como Cathleen ni Houlihan ou Deirdre, a partir de textos de William Butler Yeats e George Russell, e participou en The Playboy of the Western World (O mozo que chegou de lonxe) ou The Well of the Saints (A fontenla dos milagres), sobre textos de John Millington Synge. En 1908 abandonou o Abbey e emigrou a EE UU, país no que continuou a súa traxectoria de actor e director, pero regresou en 1914 a Inglaterra, onde traballou en compañías de Londres e Birmingham. Finalmente, retornou a Dublín, onde volveu traballar no Abbey como profesor de elocución.

Cronoloxía

  • Nacemento