"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica mexicana. Estudiou arte dramática na Escuela de Teatro de Guadalajara. Debutou como actriz de cine a principios da década dos corenta, pero non se deu a coñecer ata 1943, cando protagonizou Doña Bárbara. A partir dese momento iniciou unha intensa actividade cinematográfica que a levou a protagonizar numerosas películas, entre as que destacan La devoradora (1946), Río Escondido (1947), Maclovia (Beleza maldita, 1948), La noche del sábado (1950), Messalina (1951), La belle Otero (A bela Otero, 1954), Miércoles de ceniza (1958), La fièvre monte à El Pao (Os ambiciosos, 1959) e La generala (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Educador suízo. En 1799 fundou en Hofwyl, cerca de Berna, unha institución agrónomo-educativa e favoreceu o ensino das diversas clases sociais. Á súa escola, orientada baixo postulados pestalozzianos, acudiron estudiantes de toda Europa e tivo unha grande influencia no desenvolvemento das teorías educativas, especialmente na educación baseada no traballo directo no campo. Foi un dos máximos difusores e continuadores da obra da educación popular que trazara Johann Heinrich Pestalozzi

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo aromático sólido, isómero do antraceno, que se obtén por destilación seca da antracita. O esqueleto do fenantreno, diversamente substituído, preséntase na estrutura de numerosas substancias naturais, como nos esteroides, os ácidos biliares e tamén en substancias canceríxenas. Emprégase na fabricación de colorantes e medicamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, escritor e educador francés. Ordenado sacerdote cara ao 1675, en 1678 foi nomeado superior da institución educativa Nouvelles Catholiques. En 1694 pasou a ser bispo de Cambrai, e ademais encargouse da educación do duque de Borgoña. Defendeu a educación das mulleres, aínda que esta debera ir en consonancia co papel que cada unha delas ía desempeñar ao longo da súa vida. Escribiu Traité de l’éducation des filles (1687), Les aventures de Télémaque (1699), obra, moi difundida como libro de lectura, que estaba enchoupada de intencións morais e que criticaba as formas de goberno autocráticas, e Dialogues des morts (1712). Postumamente, publicáronse Lettre á l’Académie. Réflexions sur la grammaire, la rhétorique, la poétique (1716) e Dialogues sur l’éloquence (1718).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do hsien de Kaohsiung, Taiwán (290.777 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do Hsien de Taichung, Taiwán, na marxe dereita do río Tachia (151.642 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia revolucionaria creada entre os inmigrantes irlandeses de Chicago en 1858. Liderada por John O’Mahony, loitaba por liberar Irlanda do dominio inglés e proclamar a república independente irlandesa. Este movemento, que tomou o nome do heroe lendario Finn Mac-Cumhail, estendeuse por Canadá e outros centros de inmigración irlandesa. En Irlanda o movemento foi dirixido por James Stephens, arredor do diario The Irish People, e continuou ata finais da Primeira Guerra Mundial; posteriormente, integráronse en diversos partidos políticos, sobre todo no Sinn Féin.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao fenianismo.

    2. Membro do fenianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aminoácido esencial, imprescindible na alimentación humana, que se presenta na composición de numerosas proteínas. É o precursor bioquímico de hormonas como a tiroxina e a adrenalina. A alteración ou a ausencia xenética de determinados enzimas do seu metabolismo ten como resultado estados patolóxicos como a oligofrenia fenilpirúvica ou a fenilalaninuria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión fisiográfica do N de Europa que comprende o Escudo Báltico, estendida por Suecia, Finlandia, Carelia, a península de Kola e a maior parte de Noruega, afectadas polo ciclo oroxénico do Caledoniano. O nome de Fennoscandia deullo o xeólogo finlandés W. Ramsay en 1898.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Membro dunha familia de artesáns e artistas, formouse na Acadèmia de Belles Arts de València, onde rematou os estudios no curso 1871-1872. Co lenzo El Cardenal Adriano, obispo de Utrech, recibiendo a los jefes de las germanías en el palacio de los Vilaragut (1872) recibiu unha bolsa da deputación provincial para ir estudar a Roma, onde permaneceu ata abril de 1875. Durante os dez anos seguintes, a súa vida transcorreu en París, onde aprendeu a técnica do fotogravado, e Madrid, onde abriu un obradoiro. En 1887 visitou Santiago de Compostela, onde coñeceu a súa futura muller, Consuelo Velón González-Pardo. Instalouse definitivamente na cidade e dedicouse á docencia, foi profesor na Escola Elemental de Artes e Industrias, e retratou a sociedade compostelá do cambio de século. Relacionouse con Alfredo Brañas e Xoaquín Díaz de Rábago. As súas primeiras obras están enmarcadas no programa artístico educativo da Ilustración. Durante a súa estancia en Roma, a súa visión artística experimentou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de arquitectura. Traballou, entre outras obras, na igrexa neoclásica de Santa María dos Baños en Cuntis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Monterroso. De estilo románico (s XII), trátase dunha construción dunha nave e ábsida rectangular. Nunha reforma posterior elevouse a nave e a ábsida e engadíuselle unha sancristía. O arco triunfal é de dúas voltas apoiadas sobre columnas de bases tóricas e capiteis decorados con aves, cabezas humanas e follas. Ten cuberta de madeira a dúas augas, igual que a tribuna que está enriba da entrada principal. No interior destacan o retablo maior, de estilo neoclásico (s XIX) con imaxes, entre outras as de san Martiño de Tours e santo Antonio de Padua, e o outro do s XVIII dividido en tres rúas e cun frontón partido, acolle as imaxes de santa María e san Pedro Nolasco. Na fachada destaca a espadana dun só van e o tímpano, que está apoiado sobre machetas xeométricas con lóbulos e que conserva o relevo dunha cruz de brazos iguais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Autor de música escénica (Orestes e Il Polinice, 1738), óperas (L’amor tirannico, 1713; Arsace, 1741) e oratorios (San Giovanni, 1715).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor húngaro. Formouse en Viena na Akademie der Bildende Künste. Traballou con B. Thorvaldsen en Roma (1818-1824). Das súas obras destaca Eurídice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima de Uzbekistán (191.000 h[1995]). O cultivo de algodón e a súa transformación foi a principal actividade económica durante séculos. Destacou tamén como centro de produción e refinado de petróleo. Fundada polos rusos como gornición militar trala conquista do kanato de Kokand, nas súas orixes denominouse Novyy Margelan. En 1907 foi rebautizada co nome do seu conquistador ruso, Skobelev, e desde 1924 coñécese co nome de Fergana. Do seu patrimonio cultural destaca a casa de Skobolev, utilizada como teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Uzbekistán (7.100 km2; 2.338.000 h [1993]). A capital é Fergana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oasis de Asia Central, situado entre Uzbekistán e Taxikistán, cunha superficie de 11.900 km2. Ao seu redor concéntrase unha importante área agrícola, dedicada fundamentalmente ao cultivo do algodón. Tamén se extrae xofre e petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mostra de arte contemporánea fundada en 1982 en Madrid. Cunha periodicidade anual, está organizada pola Institución Ferial de Madrid (IFEMA) e o Ministerio de Cultura. A súa primeira directora foi a galerista Juana de Aizpuru e, dende 1985, diríxea Rosina Gómez Baeza. Referencia para a arte contemporánea en España, nela expoñen as galerías nacionais e internacionais de máis prestixio. Cada ano invítase a un país diferente que acode con galerías que representan os seus artistas. De xeito paralelo, organízase o Foro Internacional de Expertos en Arte Contemporáneo. En 1989 creouse a Fundación Arco, posuídora dunha colección de arte contemporánea depositada no CGAC de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que establece que a ecuación xn+yn=zn, onde n é un número enteiro maior que 2, non ten solución enteira distinta da x=y=z=0. P. S. de Fermat afirmou que localizara unha demostración lendo un libro de Diofanto, pero esta demostración nunca se atopou. Por iso, tamén se denomina conxectura de Fermat.

    VER O DETALLE DO TERMO