Fénelon, François de Salignac de La Mothe
Eclesiástico, escritor e educador francés. Ordenado sacerdote cara ao 1675, en 1678 foi nomeado superior da institución educativa Nouvelles Catholiques. En 1694 pasou a ser bispo de Cambrai, e ademais encargouse da educación do duque de Borgoña. Defendeu a educación das mulleres, aínda que esta debera ir en consonancia co papel que cada unha delas ía desempeñar ao longo da súa vida. Escribiu Traité de l’éducation des filles (1687), Les aventures de Télémaque (1699), obra, moi difundida como libro de lectura, que estaba enchoupada de intencións morais e que criticaba as formas de goberno autocráticas, e Dialogues des morts (1712). Postumamente, publicáronse Lettre á l’Académie. Réflexions sur la grammaire, la rhétorique, la poétique (1716) e Dialogues sur l’éloquence (1718).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Castelo de Fénelon, Périgord -
Deceso
Lugar : Cambrai