"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • Situado na parte máis próxima dos Andes con respecto a Europa, é dicir, ao L da Cordilleira Andina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e funcionario público. Foi pintor de cámara de Isabel II. Destinado a Cuba, exerceu como contador de aduanas en Cárdenas e Sagua la Grande, como administrador en La Habana e como director do Banco de España. Reuniu unha importante colección de cunchas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Traballou con Xoán González no pintado e dourado do retablo da igrexa do mosteiro de Santa María de Belvís, en Santiago de Compostela (1549).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e industrial. Dedicado inicialmente á fabricación de engrenaxes de dentes angulares, en 1908 pasou a dirixir a fábrica de automóbiles Mors. Rematada a Primeira Guerra Mundial, decidiu transformar a súa fábrica con vistas á produción en serie dun automóbil popular. En 1919 fundou a Société Anonyme André Citroën e lanzou o primeiro modelo de 10 CV, tipo A. Foi o primeiro en aplicar en Europa os métodos de traballo en cadea e dotou o automóbil da posta en marcha eléctrica, da carrocería monopraza e de tracción dianteira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou condición de clandestino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se realiza ou se produce de forma oculta, sen permiso das autoridades ou á marxe da lei.

    2. Aplícase ao escrito, impreso ou publicación que non cumpre os requisitos legais, especialmente por falla de pé de imprenta, ou que se distribúe ás agachadas das autoridades gobernativas.

    3. Casamento celebrado sen a presenza de sacerdote nin de testemuñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi un destacado militante das Juventudes Comunistas dende 1933 e, posteriormente, do Partido Comunista de España (PCE). Despois da Guerra Civil (1936-1939) marchou ao exilio e accedeu ao comité executivo do PCE. En 1965 foi expulsado, xunto con Jorge Semprún, do PCE por desacordo sobre o carácter (ben socialista, ben democrático) que habería de ter a revolución comunista en España. Nese mesmo ano escribiu Las divergencias en el Partido, un ensaio no que expoñía as súas críticas á dirección de Ibárruri e Carrillo. En 1975 regresou do exilio e sete anos despois, en 1982, ingresou no PSOE e dirixiu a Fundación Pablo Iglesias. Escribiu Dos concepciones en la vía española al socialismo (1966), La crisis del movimiento comunista (1970) e Marx, Engels y la Revolución de 1848 (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Remate das patas dos mobles que reproduce unha garra que suxeita unha bóla. É característico do estilo da Raíña Ana dos mobles ingleses do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Discípulo de Panteno, dirixiu a escola catequética de Alexandría desde o ano 200. Foi mestre de Oríxenes, quen o substituíu na dirección da escola. Comprendeu a necesidade dunha teoloxía especulativa capaz de dialogar coa cultura clásica e comezou a elaborala utilizando amplamente a filosofía grega. O eixe desta síntese é a noción do logos ou palabra divina, que outorgou, ao mesmo tempo, a razón filosófica aos pagáns e a lei aos xudeus e que, todo encarnado en Cristo, se manifesta plenamente nos homes. Seguindo esta teoría, no Protéptico exhorta os pagáns a converterse e no Pedagogo, a ver a Cristo como o educador moral da humanidade, á que achega a lei do amor. A colección de ensaios dos Stromata (‘Tapices’) precisa o concepto de gnose verdadeira, que presupón a fe respecto da unidade (contra os gnósticos). Os seus escritos foron copiados durante toda a Idade Media, pois Clemente de Alexandría foi un dos grandes pais da patrística...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Puy-de-Dôme, na Auvernia, Francia (136.583 h [1999]). Situada ao pé do Puy-de-Dôme, no val do Allier, converteuse no principal núcleo do Macizo Central francés e no centro da industria do caucho (Michelin). A cidade ten unha dobre orixe: por unha banda, Clermont, fundada polos romanos, chegou a ser capital da Auvernia; anexionada á coroa francesa a mediados do s XVI, converteuse en capital do ducado da Auvernia; doutra banda, Montferrand, fundouse cara ao s XI preto de Clermont, cidade coa que se uniu en 1630 para formar a actual cidade. Durante a Idade Media celebráronse diversos concilios en Clermont, entre os que cómpre destacar o de 535, que defendeu a liberdade das eleccións episcopais e condenou a simonía e, sobre todo, o de 1095, onde se proclamou a primeira cruzada para a liberación de Xerusalén. No seu patrimonio sobresae a igrexa de Nôtre-Dame du Port (s XII), de estilo románico auvernés, e a catedral gótica de Nôtre-Dame (1248-metade do s XIV) na que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Ohio, nos EE UU, situada sobre a desembocadura do río Cuyahoga, no lago Erie (498.246 h [1996]). Coa construción da canle de Ohio (1831) e a chegada do ferrocarril (1851), experimentou un gran crecemento. O río divide a cidade en dúas partes: nunha das ribeiras hai unha área industrial (téxtil, química e refinerías de petróleo), na outra está a área comercial e cultural. Posúe un centro de estudios superiores, a John Carroll University (1886). Fundouna en 1796 o xeneral Moses Cleveland, pero ata finais de 1836 non recibiu o título de cidade. O Museum of Cleveland, inaugurado en 1916 e ampliado en 1958, contén unha importante colección de pintura francesa (Georges de La Tour, Camille Corot e Édouard Manet), italiana (il Tintoretto) e española (El Greco, Goya, Picasso, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra, na Rexión Norte, Reino Unido (583 km2; 559.200 h [estim 1995]). A capital é Middlesborough (149.770 [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta inglés. Estudiou en Cambridge, onde exerceu a docencia. Prisioneiro de Cromwell por defender o rei, foi expulsado da súa cátedra. A súa obra poética, de carácter satírico, recompilouse en Poems (Poemas, 1656).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político norteamericano. Foi elixido gobernador do estado de Nova York polo Partido Demócrata (1882). En 1885 converteuse en presidente dos EE UU e foi reelixido en 1893. Reafirmou as competencias do presidente, en detrimento dos estados federais, e realizou unha política de oposición ao proteccionismo e aos dirixentes sindicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador grego da época helenística. A súa obra Historias de Alexandre, escrita entre o 280 e o 270 a C, toma elementos da obra de Calístenes e destaca polas anécdotas e os detalles curiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Nacionalizado francés, en 1944 dirixiu a orquestra da Ópera de París. Destacou como intérprete de Wagner e foi o primeiro director francés en Bayreuth.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herba anual, glabra, de ata 50 cm de altura, algo fétida, con follas compostas, as superiores cos folíolos lineares, e flores brancas dispostas en umbelas. Os froitos secos son aromáticos e empréganse como condimento e na fabricación de licores. É semellante ao pirixel, aínda que resulta máis intenso e penetrante. As variedades máis apreciadas son a rusa e a marroquí. Emprégase na elaboración de embutidos e na condimentación de carnes, sopas, salsas, etc, así como aromatizante de determinadas bebidas alcohólicas. Moi usado nas cociñas india e chinesa, utilizábana os gregos e os romanos para a elaboración do pan e é unha das herbas amargas que consumían os xudeus durante a Pascua. Dos froitos maduros e das sementes da mesma planta obtense un aceite esencial doce e aromático, que se usa como saborizante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e tratadista arxentino. Estudiou en Rosario e París. Cultivou a paisaxe, o retrato e a natureza morta. O seu realismo recibiu a influencia dos fauves. Escribiu Diario de un pintor (1932), El grabado, historia y técnica (1943) e unha monografía sobre Daumier (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño inglés, conde de Dundonald. Despois de ser elixido deputado, iniciou unha campaña contra a corrupción na mariña, polo que foi destituído dos seus cargos. Comandou a armada de Chile, Perú e Brasil, na loita pola independencia, e estivo á fronte da flota grega contra os turcos (1827-1828).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e arqueólogo portugués. Licenciado en Teoloxía en 1965, doutorouse nas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía en 1987 na Universidade do Porto. Profesor nesta universidade, especializouse en epigrafía e a Idade do Ferro no NO peninsular. Colaborador habitual das revistas Arqueologia, Gaya, Poligrafia e Portugalia, é director da revista Lucerna. Entre as súas obras sobresaen A idade dos metais em Portugal (1983), A cultura castreja no noroeste de Portugal (1986), Idade do Ferro em Portugal (1990), As origens do Porto (1994) e Portuguese Castros: the evolution of the habitat and the proto-urbanisation process (Castros portugueses: a evolución do hábitat e o proceso de protourbanización, 1995). Realizou a catalogación do material arqueolóxico do Museu Municipal de Etnografia e História de Póvoa de Varzim. Foi vogal da comisión nacional de arqueoloxía, membro da comisión científica internacional para o val do Côa, director do Instituto de Arqueologia da Universidade do Porto...

    VER O DETALLE DO TERMO