"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • PERSOEIRO

    Actor. Formou parella cómica en numerosas películas con Fernando Esteso, das que destacan Los Bingueros (1979), Qué gozada de divorcio! (1981) e Padre no hay más que dos (1982). Tamén traballou en filmes como Moros y cristianos (1987), Ay, Carmela! (1990, Goya ao mellor actor e premio ao mellor actor do Festival de Cine de Montrèal 1991), Bwana (1996) e El oro de Moscú (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Nicasio Pajares, estableceuse en Uruguay e Arxentina, onde fundou o diario El Despertar Hispano e colaborou en revistas como Alfar, Fomento de la Instrución Gallega, España e Mundo Argentino. Xa de volta en España, dedicouse a escribir novelas de tema americano e ton humorístico, como Teatro de la emigración (1922), El conquistador de los Trópicos (1923), coa que deu comezo o subxénero de “novela de ditadores”; e El pensador en la selva (1925). Tamén foi autor de obras como Don Quijote y Tío Sam (1930) e Cómo pervirtieron a Palleiros (1931). En xullo de 2004, as fundacións Rosalía de Castro e Camilo José Cela, no marco da mostra Padrón, berce de escritores, tentaron recuperar a súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Catedrático de Física Teórica, foi o primeiro decano da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, e despois foi reitor da mesma institución (1984-1990). Investigou no campo da física teórica e das partículas elementais, propiciou a expansión da universidade e fomentou a normalización lingüística do galego. Con máis de 150 artigos publicados, das súas obras destacan La nueva física (1975), Introdución a las interacciones fuertes (1977), De lo más pequeño a lo más grande del universo (1996) e Introdución a la Física (2001). Recibiu o Premio da Divulgación Científica da Xunta de Galicia (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agapito Francisco Pajares Ojeros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Casa pequena cuberta de palla.

    2. Terra en que se fixo a seitura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Lugo que comprende nove parroquias matrices e oito anexas, dos concellos de Guntín e Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e profesora. Formada na Universidade de Santiago de Compostela, completou os seus estudos en Lisboa. Colaborou nas publicacións Grial, Dorna, Nordés, Festa da palabra silenciada e A Nosa Terra, onde estudou a obra de R. Carballo Calero, Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste e Luís Seoane, entre outros, e participou das características propias da poesía galega da década de 1980, que se concreta nunha obra profunda e intimista. Publicou os libros de poesía Entre lusco e fusco (1980), con composicións de tipo social en que canta o amor ausente; Sétima soidade (1984, Premio de Poesía Esquío), en que analiza a comunicación, os aconteceres da vida cotiá e novamente a soidade; Livro das devoracións (1996) e Poemas (2000). Tamén publicou o libro de ensaio Rosas na sombra. A poesía de Luís Pimentel (1991) e participou nos volumes colectivos Palabra de muller (1992), Daquelas que cantan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico e escritor. Doutourado en Filosofía e Teoloxía, foi lector na catedral de Lugo desde 1638 e director da arquiconfraría da patroa de Lugo, a Virxe dos Ollos Grandes. Escribiu numerosas obras, das que destaca Argos Divina Sancta María de Lugo de los Ojos grandes. Fundación, y Grandezas de su Iglesia, Sanctos naturales, Reliquias, y Venerables Varones de su Ciudad, y Obispado, Obispos y Arçobispos que en todos Imperios la governaron (1700).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiadora. Doutorouse en Historia e é catedrática de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela. Investigou sobre a presenza monástica en Galicia e sobre a mentalidade colectiva e o papel da muller na evolución histórica. Das súas obras destacan El monasterio de Sobrado: un ejemplo de protagonismo monástico en la Galicia Medieval (1979), A Vida das mulleres na Galicia medieval (1100-1500) (1993) e Ilduara, una aristócrata del siglo X (1998), e con Ermelindo Portela Silva El Bajo valle del Miño en los siglos XII y XIII: economía agraria y estrutura social (1971), Galicia na época medieval (1991) e De Galicia en la Edad Media, sociedad, espacio, y poder (1993). Recibiu o premio de Investigación da Xunta de Galicia (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido en 1816 por Fernando VII a Manuel Xosé de Pallares e Correa e Gayoso e Somoza , señor da casa-torre de Outeiro, rexedor perpetuo de Lugo e cabaleiro da orde de Carlos III. O primeiro conde de Pallares morreu sen descendencia e o título pasou a Manuel de Taboada e Pallares , II conde de Pallares. Este deixoulle o condado a Manuel Vázquez de Parga e Somoza e Pallares (Vilalba 1828-Madrid 1908), político e xurista, que foi deputado e senador vitalicio a partir de 1877. O IV conde de Pallares foi Manuel Ramón Vázquez de Parga e de la Riva e Somoza (Lugo 1862-?), quen recibiu o título en 1902. Luis Vázquez de Parga y Iglesias , de orixe madrileña, foi o V conde de Pallares. Catedrático e escritor, foi doutor en Filosofía e Letras, membro da Real Academia de la Historia e director en funcións do Museo Arqueológico Nacional (1966). O VI conde de Pallares foi Luis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya (2.701 h [2001]). A súa economía baséase nos cultivos da vide, oliveira e ervellas de ceratonia, así como na industria química.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Listaxe dos premiados nun concurso ou dos vencedores dunha competición deportiva.

    2. Historial dunha persoa ou equipo que contén os seus galardóns e a súa carreira profesional, principalmente se se refire ao ámbito deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SO da capital provincial (3.742 h [2001]). É un termo agrícola e gandeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parálise incompleta das extremidades inferiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e compositor. Coñecido como Juan Pardo, iniciouse na música como membro de Los Vándalos e dos primeiros Pekenikes. Fundou Los Brincos, unha das bandas españolas de música lixeira de máis éxito e calidade. Posteriormente separouse e creou, xunto con Antonio Morales, o dúo Juan y Junior, para despois continuar a súa carreira en solitario. Da súa produción destacan Año nuevo (1995), Alma gallega (1997) e Gallo de pelea (1998), e en galego Galicia miña nai dos dous mares (1989), composto case todo por poemas de Cabanillas, e Lúa chea (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrofa de dous versos que teñen rima consonante entre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ter unha determinada aparencia ou dar unha determinada impresión.

      2. Ter unha cousa o mesmo aspecto doutra que se expresa.

    1. Haber indicios de algo.

    2. Ter semellanza con algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Opinión ou maneira de pensar sobre algo ou alguén.

    2. Aspecto físico dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de parecer ou parecerse.

    2. Que se asemella ou comparte características con algo ou alguén.

    3. Relación de semellanza entre dúas persoas ou cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira do territorio de Guaporé, situada ao NO do estado de Mato Grosso, Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO