"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
PERSOEIRO
Erudito hispanoárabe. Foi o autor de numerosos tratados poéticos, filosóficos, xudiciais e teolóxicos, entre os que destacan Ṭawq al-ḥamāma, (Sobre o amor e os amantes) e o Naqt al-’arūs.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Dodro. A súa planta orixinal era rectangular. A fachada principal presenta nos laterais dúas torres de planta cuadrangular con cuberta a catro augas. Na cara posterior os engadidos á planta orixinal conformaron un corpo en forma de L. Conserva un escudo do s XVIII con armas dos Luaces, Mosquera, Bermúdez e outros. A súa historia está relacionada con Rosalía de Castro, que pasaba longas tempadas nel, pois o pazo pertencía aos seus tíos. En 1930 celebrouse alí a reunión que deu lugar ao Pacto de Lestrove, polo que se fundou a Federación Republicana Gallega. Declarárono Ben de Interese Cultural en 1994.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Coñecido como Hervé Bazin, nas súas novelas maniféstase unha protesta contra a sociedade burguesa. Publicou Vipère au poing (1948), La tête contre les murs (1949), Chapeau bas (1963), Le matrimoine (1967), Le cri de la chouette (1972), Ce que je crois (1977), Un feu dévore un autre feu (1978), l´Église verte (1981), Abécédaire (1984), Le Démon de minuit (1988) e L´École des Pères (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Beira (Carral). Pertenceu a Rodrigo de Basanta, que participou nunha expedición ao Río de La Plata en 1526. Conserva o patín e a capela pero non os escudos. Nel hospedouse Mariana de Neoburgo cando despois de desembarcar na Coruña se dirixía á Corte para casar con Carlos II, quen lle concedeu o privilexio de pór cadeas na porta en 1690.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido incoloro que funde a 1,4°C e que ferve a 113,5°C. Actúa como redutor enérxico. Emprégase en análise química e, sobre todo, na propulsión de foguetes e en química como iniciador da polimerización, inhibidor de oxidación e como reactivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada que se emprega en química para sinalar a presenza nunha molécula do grupo bivalente -NH-NH-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido incoloro moi explosivo e velenoso. Empréganse os seus sales de metais pesados, denominados ácidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos compostos resultantes da reacción entre un aldehido ou unha cetona e un grupo NH2 da hidrazina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio prehilbertiano completo. Os espacios euclinianos clásicos On co produto escalar habitual son espacios de Hilbert. OBS: Tamén recibe o nome de espacio hilbertiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sede do Parlamento de Galicia. Situado na rúa do mesmo nome en Santiago de Compostela, foi proxectado en 1895 por Antonio Bermejo e Arturo Calvo para acoller a escola de Veterinaria. Posteriormente foi cuartel militar e en 1987 rehabilitouse, segundo o proxecto de Manuel Andrés Reboredo Santos, para acoller o Parlamento de Galicia.
-
PERSOEIRO
Escritor. Monxe dominicano, foi provincial en Lombardia e arcebispo de Xénova (1292). Escribiu diversos libros de sermóns en latín, Chronicon Ianuense, que vai desde a fundación de Xénova ata 1295, e Legenda sanctorum ou Lenda áurea (1253-1270), que durante a Idade Media se converteu nunha especie de breviario para os laicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de China, o máis longo de Asia e un dos máis importantes do mundo pola súa lonxitude (5.800 km), polo seu caudal medio (30.000 m3/s) e pola súa conca (1.726.000 km2). As súas cabeceiras nacen no altiplano do Tibet, na vertente setentrional do Tanglha, a 5.000 m de altitude. Discorre encaixado na rede de fracturas, feito que provoca sucesivos cambios de dirección, primeiro cara ao SL, logo cara ao NL, despois cara ao L, e de novo ao NL ata chegar a Wuhan; a partir desta cidade, onde empeza a ser navegable, vira cara ao SL e despois cara ao NL, ata o delta que forma na súa desembocadura no mar de China Meridional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Casa do concello de Ribadeo construída no s XVIII por Antonio Raimundo Ibáñez, marqués de Sargadelos. De estilo neoclásico, eríxese sobre un podio cunha escalinata de acceso. No corpo inferior atópanse catro vans formando un soportal sobre o que se sitúa o corpo superior, formado por unha balconada de ferro, fundida na fábrica de Sargadelos, e ventás rematadas nun frontón triangular. No tellado destacan catro mansardas. O escudo municipal da fachada é un engadido posterior.
-
PERSOEIRO
Escritor ecuatoriano. Describiu nas súas novelas a explotación dos indios sudamericanos e os problemas agrarios que existían. É autor de Huasipungo (1934), En las calles (1935), Huairapamushcas (1948), El chulla Romero y Flores (1958) e a triloxía Atrapados (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Gipuzkoa, Euskadi (2.082 h [2001]). É berce do queixo homónimo, moi apreciado no N de España e protexido baixo denominación de orixe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Cela (Cambre). Realizado en cachotería de granito, ten planta rectangular con baixo e dúas alturas. O corpo superior foi engadido en época posterior. Na fachada destaca unha escaleira con patín e aos lados da porta dous escudos do s XVIII, un deles alude, entre outros, aos Castro, Figueroa e Salazar. Na fachada posterior atópase un balcón corrido na primeira planta.
-
PERSOEIRO
Impresor liberal. Formouse nos obradoiros tipográficos de Manuel A. Rey, en Santiago de Compostela (1810-1812). Estableceuse na Coruña a partir de 1812. Por mor da súa ideoloxía política pasou un tempo no cárcere e desterrado. En 1840 estableceu parte da súa imprenta en Vigo. Fundou e dirixiu varios periódicos, como El Diario Constitucional (1820), El Correo de Galicia (1833), El Papel Volante (1836), El Conciso Correo de Galicia (1837) e Boletín de Noticias (1838). Á súa morte, legou a súa prensa ao Hospicio da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Pontellas (Betanzos). Realizada en cachotería de granito, a súa planta achégase á forma dun L e conserva unha torre que sobresae en altura, remodelada a principios do s XX. Está rodeado por un muro e conserva construcións adxectivas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode aprazar.
-
-
Que non pode facer algo.
-
-
Que non ten aptitudes ou habilidades suficientes para algo.
-
Que non ten entendemento, talento ou intelixencia para algo.
-
-
-
Que carece de aptitude legal para unha cousa determinada.
-
Que carece de personalidade xurídica para determinados actos.
-
-