"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reaparición das augas subterráneas desaparecidas de forma difusa nun terreo calcario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non é oficial.
-
-
Calidade de extravagante.
-
Cousa ou feito que chama a atención pola súa rareza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se fai ou se tramita fóra da vía xudicial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de exuberante. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe clásica, histórica e literaria, derivado a finais da Idade Media do antigo xentilicio latino Fabricius ‘relativo ao artesán’, procedente, á súa vez, da voz común faber ‘artesán’. A forma feminina correspondente é Fabricia.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao rostro ou á cara.
-
arteria facial
Rama da carótide externa que nace enriba da arteria lingual e se dirixe cara a adiante ata acadar o bordo anterior do músculo maseter, para logo discorrer oblicuamente ao suco da arteria angular. Distínguese unha porción cervical e unha porción facial.
-
nervio facial
Nervio que ten orixe na protuberancia anular. Diríxese á cara a través do conduto auditivo interno e do acueduto de Falopio, e penetra dentro da parótide. Ten unha función motora, sensitiva e secretora.
-
-
Prezo de emisión dun selo de correos ou doutro efecto postal. Normalmente correspóndese co valor de franqueo, aínda que pode levar unha sobretaxa destinada a financiar algunha actividade benéfica ou de calquera outra índole. OBS: Tamén se denomina valor facial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cara dunha persoa.
-
-
Que non é de creación natural.
-
Tipo de idea, segundo a distinción feita por R. Descartes, que provén da suma de ideas adventicias ou da imaxinación.
-
-
-
Calidade de falaz.
-
Cousa que engana ou conduce a erro.
-
Erro no razoamento, na dedución ou na conclusión extraída da información coa que se conta. Nos razoamentos cotiás distínguense, entre outras, as seguintes falacias: a petición de principio, que se comete cando no razoamento se parte da conclusión como algo incuestionable antes de ofrecer os argumentos; a falacia por ambigüidade, que se produce cando non se definen ben os termos da discusión, de xeito que calquera conclusión feble pode ser tomada por verdadeira; a falacia ad hominem, que se produce cando no curso dunha discusión se ataca a persoa e non os argumentos que se están presentando; e a falacia da evidencia, que se comete cando se afirma que algo é verdadeiro porque non hai evidencia da súa falsidade ou é imposible demostrar o contrario. Ás veces utilízase o termo como equivalente de sofisma, no sentido de argumento aparente ou argumento que non é, en realidade, un argumento. Na historia da filosofía concedéuselle moita importancia á falacia...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade caracterizada polo dominio masculino en todos os aspectos da vida social.
-
GALICIA
Político, pai de Antolín Faraldo. De tendencia absolutista, foi deportado a Canarias durante o Trienio Constitucional e, ao regreso de Fernando VII, foi proposto como capitán do Batallón de Voluntarios Realistas. En 1832 foi nomeado, por designación real, secretario contador do Hospital Real de Santiago de Compostela, cargo do que foi destituído tras ser acusado de conspiración (1839).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e profesor. Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidad de Valladolid, e en Políticas e Económicas, pola de Madrid. Doutorouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela co estudo “La legislación de los sínodos diocesanos de Orense en los siglos XV y XVI, sobre los sacramentos del Bautismo, Penitencia, Eucaristía y Matrimonio”. Foi funcionario do Corpo Técnico da Administración do Estado e do Corpo Técnico do Instituto Nacional de Previsión de Pontevedra, ademais de profesor de ensino medio en Ferrol, Pontevedra e Ourense, e maxistrado de traballo en Pontevedra. En 1934 ingresou no Seminario de Estudos Galegos. É autor de numerosos traballos de investigación, como “Notas sobre motivos ornamentales visigóticos: El ladrillo con relieves”, “Los normandos en Galicia” ou “El Monasterio de Montederramo: estudo histótico-artístico”. Escribiu O libro da heráldica galega (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ciencia e arte de coñecer as substancias con acción medicamentosa e a maneira de combinalas para obter os medicamentos. Orixinariamente, a farmacia non foi unha ciencia independente, senón que formaba parte dos coñecementos médicos porque era o médico quen preparaba os medicamentos. Os descubrimentos no campo da química e da botánica influíron na evolución da farmacia. Os primeiros textos que se coñeceron foron os exipcios, que se limitaban a dar a forma de obter certos preparados con poder curativo; posteriormente, foron os gregos os que escribiron obras sobre o tema. Na época medieval o mundo islámico deu un novo pulo á ciencia farmacéutica, que se separou gradualmente do campo dos médicos, e así xurdiu a profesión de boticario. No s XVI apareceron as primeiras farmacopeas; a necesidade das mesmas aumentou dende o momento que o médico deixou de preparar el mesmo os medicamentos para encargárllelos a outra persoa, que co tempo se converteu en farmacéutico. Así apareceron tratados escritos...
-
Profesión do farmacéutico.
-
Establecemento onde se preparan ou venden medicamentos.
-
-
-
Membrana fibrosa e resistente, de cor abrancazada, que serve de envoltura aos órganos subxacentes e os mantén na súa posición respectiva.
-
Medio de inserción dos músculos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplanamento ou concrescencia teratolóxicos de talos, pólas ou raíces.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos talos, pólas ou raíces aplanados ou concrescentes nun plano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á fascia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista xurídica aparecida na Coruña en 1880. Reapareceu nunha segunda época o 30 de outubro de 1892 co subtítulo de “Revista jurídico-administrativa. Órgano de todas las colectividades judiciales y administrativas de Galicia”. Dirixiuna Manuel Rodríguez Bermúdez e imprimiuse cada dez días nos obradoiros tipográficos de Vicente Abad. Incluíu traballos xurídicos, unha sección de consultas e información sobre oposicións a notarías e outros postos da Xustiza.
-
-
Relativo ou pertencente aos feacios.
-
Individuo deste pobo.
-
Pobo mitolóxico de mariñeiros descendentes de Féax. Orixinarios do país de Hiperia, de onde foran expulsados polos cíclopes, chegaron ata a illa de Esqueria, xa desde a Antigüidade identificada con Corcira (Corfú). O seu rei, Alcínoo, acolleu a Ulises cando volvía de Troia e se dirixía a Ítaca, e deulle un navío no que efectuaría a última etapa da súa viaxe. Non obstante , Posidón, co permiso de Zeus, castiga os feacios transformando en rocha a nave e rodeando a capital dos feacios cunha montaña. Tamén chegaron a terras feacias os argonautas, e alí celebrouse a voda entre Xasón e Medea.
-