falacia

falacia

(

  1. s f

    Calidade de falaz.

  2. s f

    Cousa que engana ou conduce a erro.

    Ex: As explicacións que deu para defender a súa hipótese son falacias.

  3. s f [FILOS]

    Erro no razoamento, na dedución ou na conclusión extraída da información coa que se conta. Nos razoamentos cotiás distínguense, entre outras, as seguintes falacias: a petición de principio, que se comete cando no razoamento se parte da conclusión como algo incuestionable antes de ofrecer os argumentos; a falacia por ambigüidade, que se produce cando non se definen ben os termos da discusión, de xeito que calquera conclusión feble pode ser tomada por verdadeira; a falacia ad hominem, que se produce cando no curso dunha discusión se ataca a persoa e non os argumentos que se están presentando; e a falacia da evidencia, que se comete cando se afirma que algo é verdadeiro porque non hai evidencia da súa falsidade ou é imposible demostrar o contrario. Ás veces utilízase o termo como equivalente de sofisma, no sentido de argumento aparente ou argumento que non é, en realidade, un argumento. Na historia da filosofía concedéuselle moita importancia á falacia naturalista, aquela que se comete cando se extrapola algún comportamento ou algunha realidade do mundo natural como prescritiva para a realidade ou comportamento humano. Dela ocupáronse filósofos da moral como G. E. Moore, Richard Price e a galega Esperanza Guisán.