Faladoira, A
Faladoira, A
Publicación aparecida en xaneiro de 1984 na parroquia das Grañas do Sor, no concello de Mañón. Trátase do voceiro dunha das asociacións da vila e naceu co fin de informar os veciños sobre aspectos culturais, políticos, sociais e económicos. Deste xeito, incluíronse temas heteroxéneos como a emigración, o labor de Castelao a favor de Galicia, a participación da muller na sociedade actual, así como a agricultura e a gandería. Acompañan os textos numerosos debuxos de Seoane, Xosé Lois e do propio Castelao.