"Nan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1411.

  • PERSOEIRO

    Relixioso. Abade do mosteiro de San Salvador de Samos, recibiu importantes privilexios do Rei Fernando II. Nomeado bispo de Lugo (1182-1218), tivo que enfrontarse á resistencia dos fregueses e dos propios monxes do mosteiro de Samos a recoñecer o señorío bispal, único recoñecido na cidade de Lugo. Para reducir as tensións, asinou un pacto de concordia cos representantes da cidade, paz que sancionou o rei en 1199.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Teólogo e filólogo. En 1956 foi ordenado sacerdote da diocese de Tui. En 1961 doutorouse en Teoloxía pola Universidade Gregoriana de Roma e, en 1976, en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesor universitario de latín desde 1966, exercendo primeiro en Salamanca, despois en Santiago de Compostela e, a partir de 1973, en Vigo. Foi nomeado catedrático de Filoloxía Latina da Universidade de Vigo en 1995 e, desde 2004, é catedrático emérito. Nesta mesma universidade ocupou o cargo de decano da facultade de Humanidades (1994-1998). Especialista en haxiografía e en literatura litúrxica medieval, publicou El Antifonario Visigótico de la Catedral de León (1985), La pasión de San Pelayo (1991) e, en colaboración con J. M. Díaz de Bustamante, A propósito de la ‘In Martinum Lutherium Oratio Paraenetica’ de Luis Marliano (2003). Como sacerdote a súa vocación está centrada na mocidade. Foi profesor durante moitos anos do Seminario de Tui, fundou o movemento apostólico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Catedrático de Filoloxía Galega e Filoloxía Portuguesa, comezou como docente na Universidade de Santiago de Compostela en 1971 e en 1979 ingresou no Corpo de Profesores Adxuntos de Universidade na disciplina de Lingua e Literatura Portuguesas. Moi vinculado á cultura portuguesa, alternou a docencia nesta universidade con diversos cursos en Coimbra e Lisboa. Publicou El cancionero de Joan Airas de Santiago. Edición y estudo (1980) e reuniu e editou Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero (2000). É membro da Associaçom Galega da Língua (AGAL), do Instituto Padre Sarmiento, do Seminario de Estudos Galegos, da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG), da Associação Internacional de Lusitanistas e do Padroado Rosalía de Castro. Foi secretario da Comisión Lingüística presidida por Carvalho Calero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerrilleiro. Coñecido como Marrofer, foi mestre de profesión, un destacado militante comunista e o organizador das guerrillas en Galicia entre 1944 e 1946. Dirixiu a IV Agrupación en substitución de M. Castro Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e caricaturista. Coñecido como Oitabén, traballou como caricaturista para a revista Vagalume (1974-1975). Interesado pola conservación da natureza, creou o Centro de Recuperación de Fauna O Rodicio (Ourense) e fundou a Asociación Cultural Ecolóxica Ridimoas, para a defensa e o estudo dos bosques autóctonos. Recibiu o Premio de Debuxo da cidade de Ourense (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Coñecido como Julio Antonio, formouse con Marià Pedrol e con Fèlix Ferrer, aínda que tamén frecuentou o taller de Miquel Blay en Madrid. En Almadén comezou a serie Los bustos de la raza, en que sobresaen Minera de Puertollano (1909) e Minero de Almadén (1910). Realizou monumentos aos Herois de la Independència, Carmo ou Goya (Madrid) e tamén o mausoleo de Alberto Lemonnier. Da súa obra, de raíces clásicas e de concomitancias renacentistas, destacan Venus Mediterrània (1912) e María, la gitana (1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e farmaceútico. Foi deputado na Deputación Provincial de Lugo entre 1979 e 1991, alcalde do concello de Bóveda (1984-1985), deputado do Parlamento de Galicia (1985-1999) e senador electo por Lugo (2000-2004). Presidiu e fundou a asociación Grupo Local de Desenvolvemento Rural Río Lor (1991-1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Fernando Trueba, renovou a comedia española con Ópera prima (1980). Posteriormente dirixiu Mientras el cuerpo aguante (1981), El año de las luces (1986), Belle Époque (1992, Oscar á mellor película estranxeira), La niña de tus ojos (1998), Calle 54 (2000), El embrujo de Shangai (2003) e a película documental El milagro de Candeal (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador e clérigo galego. Activo no segundo terzo do s XIII, pertenceu á familia do abade de Valladolid Gomes Garcia, valido de Sancho IV e tamén trobador. Nomeado capelán por Afonso X, asinou o seu testamento o 16 de Nadal de 1273. Aínda que nas súas composicións femininas inseriu o tema da partida do amado cara a Sevilla para servir o rei, non se sabe con certeza da participación do autor na toma da cidade. Precisamente vai ser este o tema central das súas composicións de amigo, onde sinala de forma cronolóxica os diferentes estados de ánimo de antes e despois da separación. O amado, farto do sufrimento pola muller, decidiu partir en “Conhosco-me meu amigo”; pola súa parte, a amada pide á nai reunirse por última vez en “Madre, pois amor ei migo” e “Se vos non pesar ende” ou a nai participa da dor da filla e esta láiase da marcha do amado en “Id’ é meu amigo d’aqui”. Nas cantigas de amor, onde emprega unha coidada retórica e algunhas innovacións estilísticas e temáticas, destacan “De...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De orixe conversa, foi bacharel en leis pola Universidad de Salamanca e desde 1517 viviu en Talavera de la Reina, onde foi alcalde maior. Escribiu, partindo xa dun orixinal realizado por outro autor, quince actos de La Celestina (1499), aos que posteriormente se engadiron outros cinco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joan Roma Cararach.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador de baloncesto. Xogou como pivote no Real Madrid e gañou sete campionatos de Liga, cinco Copas do Rei, dúas Copas de Europa, unha copa Korac e dúas Recopas. Integrante da Selección Nacional Absoluta en 174 ocasións (1979-1982), acadou as medallas de prata no Eurobasket (1983) de Francia e nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984). Retirouse en 1995. Recibiu a Medalla de Oro al Mérito Deportivo (1998), concedida polo Consejo Superior de Deportes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mineraloxista alemán. Coñecido como Harry Rosenbusch, estudou e clasificou as rochas. Realizou importantes estudos micrográficos, que expuxo na obra Mikroskopische Physiographie (1873-1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Afiliado á Unión Cívica Radical (UCR), foi gobernador de Bos Aires (1996-1999) e presidente do comité nacional da UCR (1997-1999). Presidente de Arxentina (1999-2001), o seu goberno destacou pola lentitude e a falta de decisións que levaron a decretar o estado de excepción monetario coñecido popularmente como corralito, e o estado de sitio coa conseguinte suspensión de garantías constitucionais. Ao fracasar o seu intento de formar un goberno de unidade nacional coa oposición, presentou a súa dimisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Fundou os xornais herculinos El Telégrafo (1843), El Coruñés (1843) e El Vigilante (1843), que mantiveron unha tendencia progresista moderada. En 1849 promoveu a aparición de El Fomento de Galicia, de curta duración como os anteriores. Como redactor participou en El Vigilante, El Diario de La Coruña, La Ilustración ou El Avisador, entre outros. Dedicouse aos negocios industriais e ao comercio e no apartado político foi deputado provincial e alcalde da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Ingresou en Alianza Popular en 1982, foi deputada no Congreso dos Deputados (1986-1996; 2000-2004) e nas Cortes de Aragón (1983-1986) e alcaldesa de Zaragoza (1995-2000). Foi a primeira muller que presidiu o Congreso de los Diputados (2000-2004). En 2004 foi elixida deputada europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, VI conde de Lemos, III marqués de Sarria e grande de España, fillo de Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, V conde de Lemos. Foi embaixador de Filipe II en Portugal (1577), comandante xeral das tropas de Galicia con motivo do cerco inglés á Coruña (1589) e capitán xeneral e vicerrei de Nápoles (1598). Defendeu a restitución do voto en Cortes do Reino de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, XI conde de Lemos, VIII marqués de Sarria e grande de España. Foi capitán xeneral das galeras de Nápoles (1692), vicerrei de Sardeña e xentilhome de cámara de Carlos II e Filipe IV. Recibiu o Toisón de Ouro (1692). Foi o derradeiro home da liñaxe dos Castro na casa de Lemos e sucedeuno a súa sobriña Rosa María de Castro e Centurión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, IV conde de Lemos, I marqués de Sarria e grande de España. En 1543 Carlos I concedeulle como primoxénito da casa de Lemos o marquesado de Sarria e en 1553 nomeouno embaixador cerca da Santa Sé, cargo que lle renovou Felipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, fillo de Pedro Fernández de Castro, señor de Monforte de Lemos, e irmán de Inés de Castro e de Xoana de Castro, muller de Pedro I de Castela. Foi mordomo e alférez maior do rei, e adiantado e alférez maior de Galicia e Asturias. En 1354 capitaneou un alzamento nobiliario contra Pedro I, para logo sumarse á causa do rei castelán, que o fixo conde de Trastámara, Lemos, Sarria e Castrojeriz. Tras a Batalla de Montiel (1369) trasladouse a Portugal desde onde continou a loita contra Enrique de Trastámara

    VER O DETALLE DO TERMO