"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
GALICIA
Guionista e realizador cinematográfico, irmán de Adolfo Torrado Estrada. Dedicouse inicialmente á pintura que evolucionou da pintura tradicional cara ao cartelismo. Finalizada a Guerra Civil e instalado en Madrid, iniciou a súa relación co cine ao colaborar na adaptación cinematográfica de Manolenka, unha obra teatral do seu irmán e Leandro Navarro. En 1940 participou na versión cinematográfica doutra obra do seu irmán, El famoso Carballeira (1940), primeiro filme en que Cesáreo González actuou como produtor. A finais dese ano fundou a produtora Suevia Films-Cesáreo González, onde Ramón debutou como director na curtametraxe Tres maletas y un lío (1942), e nese mesmo ano rodou Campeones, unha longametraxe de tema futbolístico que obtivo un grande éxito xa que contou con destacados deportistas da época. Na segunda metade da década de 1940 a produtora levou a cabo unha serie de filmes cunha idea idílica de Galicia, pensada sobre todo para os galegos emigrados...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (2.519 h [2001]). Ten cultivos de cereais, vide e oliveiras, gandaría, industrias papeleiras, do metal, do calzado e da alimentación.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Fío ou conxunto de fíos que van dun lado ao outro dun tecido entrelazados e entrecruzados cos fíos do urdido. Nun tecido pode haber diversas tramas, cada unha das cales require unha lanzadeira no tear.
-
Fiados feitos para formar a trama dun tecido ou dun xénero de punto.
-
-
Estrutura semellante á dunha trama dun tecido.
-
Maquinación secreta ou intriga.
-
Disposición interna dunha obra literaria, cunha especial referencia ao asunto ou argumento.
-
Lámina transparente finamente cuadriculada ou reticulada disposta entre a placa sensible e o obxectivo no fotogravado, para que, ao descompoñer a imaxe en pequenos puntos de luz, sexa posible a obtención de tons medios nos gravados directos.
-
Conxunto de liñas exploradas polo feixe electrónico que ocupan a totalidade da área correspondente á imaxe transmitida ou que se quere transmitir.
-
-
-
Acción e efecto de tramar.
-
Fíos entrelazados e cruzados co urdido.
-
Estrutura de ferro, formigón ou madeira que se coloca para facer determinada construción.
-
Calquera estrutura ou disposición semellante á dos fíos dun tecido.
-
Ligazón entre as distintas partes de algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello de pesca que está formado por tres panos superpostos de forma rectangular, os exteriores de malla larga e o interior de malla estreita, que forman como unha parede no mar onde os peixes quedan presos.
-
-
Entretecer os fíos de trama entre os fíos de urdido para producir un tecido.
-
Descompoñer en puntos mediante unha trama, especialmente unha fotografía.
-
Urdir unha trama, intriga ou complot.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Botarse algo a perder.
-
VER O DETALLE DO TERMO
tarambollo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
martabela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos, da orde dos poriais, co sombreiro semicircular e cor escura. Non presenta pé e atópase sobre tocos de árbores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de tramitar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer os trámites necesarios para a realización de algo.
-
-
Cada un dos pasos ou dilixencias que esixe un asunto para avanzar ata a súa conclusión.
-
Regulación dun litixio entre dúas partes.
-
-
-
-
Cada unha das partes, seccións ou anacos en que está dividida ou en que pode considerarse dividida unha cousa, especialmente no referente á súa lonxitude.
-
Treito dunha escaleira entre dous descansos.
-
Parte dunha ponte comprendida entre dous piares.
-
-
Cada unha das partes en que se pode dividir unha cousa non material.
-
-
-
2 moega.
-
Medio ou conxunto de medios mecánicos empregados no teatro para facer os cambios de decoración ou os efectos especiais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ento que sopra do N e que adoita ser moi frío e forte.
-
-
Artificio para cazar, especialmente o que consiste nunha escavación cuberta con madeira e disimulada con ramas ou follas que afunde ao poñerse enriba dela o animal.
-
-
Cousa ideada para enganar a alguén, especialmente en favor de quen a idea.
-
Medio fraudulento para gañar no xogo.
-
Truco empregado para facer un xogo de mans, que ten que pasar desapercibido para o espectador.
-
-
Circuíto ou dispositivo que está destinado a absorber ou desviar unha radiación ou un sinal non desexado nun aparato electrónico, sobre todo nun receptor.
-
Peza ou montaxe que serve para reter sólidos ou líquidos a través dunha condución.
-
-
-
Facer trampas, principalmente no xogo ou nos negocios.
-
Saír adiante superando as dificultades.
-
Superar as adversidades e os contratempos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua literaria inventada por Xan da Coba Gómez no que escribiu La trampitana (1895).
-
-
-
Táboa ou prancha flexible, fixada por ambolos extremos ou só por un, empregada para aumentar o impulso de quen salta, botándoo para arriba. En natación, o trampolín está situado a 3 m sobre o nivel da auga e forma parte do programa olímpico.
-
Plano inclinado usado no esquí que se recobre de neve de 70 a 90 m de lonxitude e cunha pendente de perfil para proporcionar o impulso aos saltadores.
-
Plano inclinado que no esquí acuático aboia sobre a auga. A lonxitude da súa rampla é de 7,3 m e a altura do seu punto máis alto respecto do nivel da auga é de 1,8 m (en categoría masculina) e 1,5 m (en categoría feminina e xuvenil).
-
-
Aplícase ao que dá impulso, que axuda a conseguir un obxectivo ou uns determinados resultados.
-