trampa

trampa

(

  1. s f

    Artificio para cazar, especialmente o que consiste nunha escavación cuberta con madeira e disimulada con ramas ou follas que afunde ao poñerse enriba dela o animal.

  2. s f
    1. Cousa ideada para enganar a alguén, especialmente en favor de quen a idea.

      Sinónimos: artimaña.
    2. Medio fraudulento para gañar no xogo.

    3. Truco empregado para facer un xogo de mans, que ten que pasar desapercibido para o espectador.

  3. s f [FÍS]

    Circuíto ou dispositivo que está destinado a absorber ou desviar unha radiación ou un sinal non desexado nun aparato electrónico, sobre todo nun receptor.

  4. s f [QUÍM]

    Peza ou montaxe que serve para reter sólidos ou líquidos a través dunha condución.

Palabras veciñas

trámite | tramo | tramontana | trampa | trampear | trampitán | trampolín