trampolín

trampolín

(< ital trampolino)

  1. s m [DEP]
    1. Táboa ou prancha flexible, fixada por ambolos extremos ou só por un, empregada para aumentar o impulso de quen salta, botándoo para arriba. En natación, o trampolín está situado a 3 m sobre o nivel da auga e forma parte do programa olímpico.

    2. Plano inclinado usado no esquí que se recobre de neve de 70 a 90 m de lonxitude e cunha pendente de perfil para proporcionar o impulso aos saltadores.

    3. Plano inclinado que no esquí acuático aboia sobre a auga. A lonxitude da súa rampla é de 7,3 m e a altura do seu punto máis alto respecto do nivel da auga é de 1,8 m (en categoría masculina) e 1,5 m (en categoría feminina e xuvenil).

  2. s m

    Aplícase ao que dá impulso, que axuda a conseguir un obxectivo ou uns determinados resultados.

Palabras veciñas

trampa | trampear | trampitán | trampolín | trampón -na | tramposo -sa | trampullada