"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
FILOSOFOS
Filósofo e teólogo franciscano inglés. Coñecido como Venerabilis Inceptor e Doctor Invincibilis, formouse nas universidades de Oxford e París, onde foi discípulo de John Duns Escoto. Denunciado ante o papado polos seus comentarios das Sententiarum de P. Lombardo, foi chamado a Aviñón en 1324 e tras ser excomungado refuxiouse na corte de Luís de Baviera. Último filósofo de tradición escolástica, opúxose, para salvar a trascendencia do Deus cristián, ao racionalismo greco-árabe, defendeu unha comprensión nominalista do universo e decantouse por unha separación radical entre as verdades da razón e da fe. Defendeu tamén a necesidade dunha pobreza evanxélica da Igrexa e negou o poder temporal do papa. Das súas obras destacan Summa totius logicae (1328?), Compendium errorum Johannis Papae XXII (1334), Dialogus super dignitate papali regia (1338), Tratactus de imperatorum et pontificum potestate (1347?) e Quodlibeta septem.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Paladín de Carlomagno. Antes de se retirar á vida monástica loitou contra os sarracenos no sur de Francia (793) e axudou os católicos en España cooperando co seu exército na reconquista de Barcelona (801). Foi canonizado polo Papa Alexandre II. O autor medieval Wolfram von Eschembach, no seu poema épico Parzival, converteuno en paradigma de cabaleiro cristián medieval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Toulouse (790-806), fillo de Teodorico, conde de Autun. Conde palatino na Corte de Carlomagno, substituíu a Corsó como conde de Toulouse e venceu os gascóns, pero foi derrotado en Orbieu polos sarracenos (793). Principal conselleiro do Rei Ludovico Pío e gobernante de Aquitania, participou na conquista de Barcelona (801). Ingresou no mosteiro de Aniana (804) e posteriormente fundou o mosteiro beneditino de Gelona (806), onde se retirou.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primeiro príncipe de Acaia (1205-1208) e señor de Champlitte (1208-1209), fillo de Odón de Champagne. Coñecido como Guillerme de Champlitte ou Guillerme de Champagne, participou na expedición a Constantinopla (1203) e xunto con Godofredo de Villehardouin conquistou Acaia, onde fundou o principado que cedeu, en 1208, ao seu sobriño Hugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Aquitania (915-918), marqués de Septimania (886-918) e conde de Toulouse (Guillerme II, 886-887), de Auvernia, de Bourges, de Limoges, de Perigord e de Roergue. Cedeu a vila de Cluny aos beneditinos para fundar a abadía dedicada aos santos Pedro e Paulo (910).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Escocia (1165-1214), irmán e herdeiro de Malcolm IV. Nun intento por recuperar Northumbria, enfrontouse a Enrique II de Inglaterra, quen o derrotou na Batalla de Alnwick (1174), obrigándoo a asinar o Tratado de Falaise (8.12.1174), en que o monarca escocés se declaraba vasalo do inglés. Recuperou a soberanía sobre Escocia tras pagar a Ricardo I de Inglaterra 10.000 merks para a Terceira Cruzada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Inglaterra (1066-1087) e duque de Normandie (Guillerme II, 1035-1087), fillo ilexítimo de Roberto I de Normandie. Declarado como lexítimo herdeiro á morte do seu pai, impuxo a súa autoridade nas rebelións nobiliarias normandas de 1047 coa axuda de Enrique I de Francia, de quen era vasalo. Casado en 1051 con Matilde de Flandres, á morte de Eduardo III de Wessex (1066) reclamou o trono inglés coa bendición papal e a neutralidade do emperador. En setembro de 1066 desembarcou en Pevensey e enfrontouse con éxito ás tropas anglosaxonas, lideradas por Harold II, na Batalla de Hastings. Tras ser coroado en Westminster, confirmou o seu carácter de vasalo do rei de Francia e reprimiu duramente a oposición anglosaxona. Durante o seu goberno estableceu en Inglaterra o modelo feudal europeo, disolveu os grandes condados e transferiu o dominio territorial aos seus baróns, pero centrou a xerarquía feudal sobre a efectiva autoridade real. Obrigou a recoñecer a xurisdición dos tribunais locais e...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Orange (1544-1584) e stadhouder de Holanda, Zelanda e Utrecht (1559-1584), fillo e sucesor do conde de Dillenburg, Guillerme o Vello. De nome Guillerme de Nassau-Dillenburg, herdou do seu primo Renato de Nassau o principado de Orange (1544). Ao servizo de Carlos V, foi membro do Consello de Estado de Flandres (1555) ata que en 1568, despois da revolta de varias cidades flamengas por causa da política de Filipe II, se converteu no líder das provincias sublevadas. Tras enfrontarse en varias ocasións cos exércitos do duque de Alba, refuxiouse en Alemaña, onde organizou os exércitos protestantes. Coa axuda dos hugonotes conseguiu en 1576 o alzamento xeral dos Países Baixos e a elección do arquiduque Matías, irmán do emperador, como gobernador de Flandres. En 1578, trala derrota flamenga na Batalla de Gembloux, refuxiouse en Amsterdam e logrou a creación da Unión de Utrecht (1579), base das futuras Provincias Unidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Prusia (1861-1888) e emperador de Alemaña (1871-1888), segundo fillo de Federico Guillerme III. En 1858 accedeu ao trono, tras ser declarado mentalmente incapacitado o seu irmán Federico Guillerme IV. En 1862 nomeou primeiro ministro a O. von Bismarck e coa axuda deste conseguiu que o Parlamento votase a reforma do exército. Ambos deseñaron un plan destinado á unificación de todos os estados alemáns baixo o liderado de Prusia, que os levou a iniciar a Guerra dos Ducados contra Dinamarca (1864) e a Guerra Austro-prusiana (1866). Trala derrota de Austria foi declarado presidente da Confederación de Alemaña do Norte (1867) e, tralo triunfo na Guerra Franco-prusiana (1870), foi coroado en Versailles emperador alemán. Non estivo sempre de acordo coa política do seu primeiro ministro Bismarck, sobre todo no referente á kulturkampf.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei normando de Sicilia (1154-1166), fillo de Roxelio I. Instalou no papado a Alexandre III coa oposición do Emperador Federico I (1159) e sufocou a rebelión da nobreza de Puglia (1160).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei dos Países Baixos e gran duque de Luxemburgo (1815-1840), fillo e sucesor de Guillerme V de Orange-Nassau. Recoñecido como rei dos Países Baixos e Bélxica polo Congreso de Viena, cedeu os seus territorios patrimoniais en Alemaña e Prusia a cambio do Ducado de Luxemburgo (1815). Potenciou o desenvolvemento agrícola e industrial dos Países Baixos, aínda que gobernou de forma absoluta. Trala revolución de 1830 perdeu Bélxica e viuse obrigado a aceptar un réxime parlamentario en Holanda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Inglaterra (1087-1100) e duque de Normandie (Guillerme III, 1096-1100), fillo e sucesor de Guillerme I de Inglaterra. De nome Guillerme Rufus, obrigou o rei escocés Malcolm III a renderlle homenaxe e ocupou en 1092 a vila de Carlisle e as rexións de Cumberland e Westmorland. As intrigas do seu irmán Roberto II de Normandie e do seu tío Odón de Bayeux, levárono a invadir Normandie en varias ocasións (1089, 1091 e 1094). En 1096 comproulle o ducado ao seu irmán e recuperou o Condado de Maine.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Guillerme I de Inglaterra.
-
PERSOEIRO
Príncipe de Orange e stadhouder das Provincias Unidas (1647-1650), fillo e sucesor de Federico Enrique I de Orange-Nassau. Presionado pola burguesía dos seus territorios, asinou coa monarquía hispánica a Paz de Münster (1648), onde recoñeceu a existencia das Provincias Unidas do S baixo dominio hispano mentres que Filipe IV recoñecía a independencia das Provincias Unidas e a súa liberdade de comercio coa América hispana. Continuou os enfrontamentos bélicos coa coroa hispana e coa Inglaterra de O. Cromwell, feito que lle valeu a oposición dos Estados Xerais das Provincias Unidas (1650). Pouco antes de morrer, asinou unha alianza defensiva con Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Prusia e emperador de Alemaña (1888-1918), fillo e sucesor de Federico III. Obrigou a dimitir ao chanceler O. von Bismarck a causa das desavinzas respecto ao tratamento do movemento obreiro (1890) e tentou distanciar o proletariado do partido socialista cunha política paternalista. Practicou unha política expansionista e colonial baseada no desenvolvemento económico e na industria bélica e dominou os territorios de Kian-Chow (1897) e a parte occidental de Samoa (1889), Togo e Camerún. Proclamou, tamén, a soberanía de Alemaña sobre os territorios de África Oriental (1891) e de África do SO (1892) e ordenou o desembarco en Tánxer (1905) para impedir a penetración francesa naquel territorio. As crises internacionais e as Guerras Balcánicas fixeron difíciles as súas relacións coa Triple Alianza (1882) e a Triple Entente (1907). Despois da crise de Sarajevo (1914), seguro da superioridade alemana, declarou a guerra a Rusia e a Francia. Ao acabar o conflito bélico (1918) foi obrigado a...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei normando de Sicilia (1166-1189), fillo de Guillerme I de Sicilia. Sucedeu o seu pai baixo a rexencia da súa nai, Margarida de Navarra. Iniciou unha política expansionista que o levou a tentar casar coa filla do Emperador Manuel I Comneno de Bizancio e a realizar unha serie de campañas (1174-1175) co fin de conquistar as costas norteafricanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei dos Países Baixos e gran duque de Luxemburgo (1840-1849), fillo e sucesor de Guillerme I. Trala invasión francesa dos Países Baixos (1795), exiliouse xunto coa súa familia a Inglaterra, onde estudiou na Universidade de Oxford e ingresou no exército británico. Tras acceder ao trono despois da abdicación do seu pai (1840), o seu reinado caracterizouse pola concesión dunha Constitución parlamentaria e liberal (1848) en que se limitaban amplamente os poderes do monarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Inglaterra (1689-1702), Escocia (1689-1702) e Irlanda (1690-1702), príncipe de Orange (1650-1702) e stadhouder das Provincias Unidas dos Países Baixos (Guillerme III, 1672-1702), fillo de Guillerme II de Orange-Nassau. Elixido stadhouder trala invasión francesa dos Países Baixos (1672), enfrontouse en varias ocasións, sen éxito, aos exércitos franceses. En 1678 asinou con Francia a Paz de Nimega, onde asegurou a independencia das Provincias Unidas. Casado desde 1677 coa filla de Xaime II de Inglaterra, aceptou a proposta da nobreza inglesa de substituír o seu sogro e, tras aceptar a Declaración de Dereitos aprobada polo Parlamento inglés, foi declarado xunto coa súa muller María II, rei de Inglaterra (1689). Trala ratificación deste proceso, coñecido co nome de Revolución Gloriosa, o Parlamento escocés recoñeceu os novos monarcas, mentres que Irlanda permaneceu leal a Xaime II ata a derrota dos exércitos xacobitas na Batalla de Boyle (1690). Integrouse en 1689 na...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Guillerme II de Inglaterra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guillerme III de Inglaterra.