Guillerme de Ockham
Filósofo e teólogo franciscano inglés. Coñecido como Venerabilis Inceptor e Doctor Invincibilis, formouse nas universidades de Oxford e París, onde foi discípulo de John Duns Escoto. Denunciado ante o papado polos seus comentarios das Sententiarum de P. Lombardo, foi chamado a Aviñón en 1324 e tras ser excomungado refuxiouse na corte de Luís de Baviera. Último filósofo de tradición escolástica, opúxose, para salvar a trascendencia do Deus cristián, ao racionalismo greco-árabe, defendeu unha comprensión nominalista do universo e decantouse por unha separación radical entre as verdades da razón e da fe. Defendeu tamén a necesidade dunha pobreza evanxélica da Igrexa e negou o poder temporal do papa. Das súas obras destacan Summa totius logicae (1328?), Compendium errorum Johannis Papae XXII (1334), Dialogus super dignitate papali regia (1338), Tratactus de imperatorum et pontificum potestate (1347?) e Quodlibeta septem.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ockham -
Deceso
Lugar : Múnic