Guillerme III de Inglaterra

Guillerme III de Inglaterra

Rei de Inglaterra (1689-1702), Escocia (1689-1702) e Irlanda (1690-1702), príncipe de Orange (1650-1702) e stadhouder das Provincias Unidas dos Países Baixos (Guillerme III, 1672-1702), fillo de Guillerme II de Orange-Nassau. Elixido stadhouder trala invasión francesa dos Países Baixos (1672), enfrontouse en varias ocasións, sen éxito, aos exércitos franceses. En 1678 asinou con Francia a Paz de Nimega, onde asegurou a independencia das Provincias Unidas. Casado desde 1677 coa filla de Xaime II de Inglaterra, aceptou a proposta da nobreza inglesa de substituír o seu sogro e, tras aceptar a Declaración de Dereitos aprobada polo Parlamento inglés, foi declarado xunto coa súa muller María II, rei de Inglaterra (1689). Trala ratificación deste proceso, coñecido co nome de Revolución Gloriosa, o Parlamento escocés recoñeceu os novos monarcas, mentres que Irlanda permaneceu leal a Xaime II ata a derrota dos exércitos xacobitas na Batalla de Boyle (1690). Integrouse en 1689 na Liga de Augsburgo e foi derrotado en varias ocasións polos exércitos franceses. En 1697, polo Tratado de Rijswijk, os franceses recoñecérono rei de Inglaterra. Durante o seu reinado, o Parlamento inglés fundou o Bank of England, introduciu as responsabilidades ministeriais no goberno e estimulou a liberdade de prensa.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Haia

  • Deceso

    Lugar : Kensington